Orde de cabalaría

Unha orde de cabalaría, orde de irmandade de cabaleiros, orde cabaleiresca ou orde ecuestre é unha orde de cabaleiros,[1] normalmente fundada durante ou inspirada nas ordes militares católicas orixinais das Cruzadas (c. 10991291) e combinada con conceptos medievais dos ideais de cabalaría.

Desde o século XV, as ordes de cabalería, moitas veces como ordes dinásticas, comezaron a establecerse dun xeito máis cortesán, por unha cuestión de diferenciación nobiliaria. Estas ordes conservarían a miúdo a noción de ser unha confraría, sociedade ou outra asociación de membros, pero algunhas delas eran, en definitiva, puramente honoríficas e consistían nunha condecoración de medalla. De feito, estas decoracións en si mesmas pasaron a coñecerse informalmente como ordes. Estas institucións, á súa vez, orixinaron as ordes de mérito modernos dos estados soberanos,[2] coma a orde de mérito civil española.

Notas

🔥 Top keywords: