Ostra

Ostra

Ostra
Clasificación científica
Reino:Animalia
Filo:Mollusca
Clase:Bivalvia
Orde:Ostreoida
Suborde:Ostreina
Superfamilia:Ostreoidea
Familia:Ostreidae
Xénero:Ostrea
Especies
  • Ostrea angasi
  • Ostrea conchaphila
  • Ostrea cristata
  • Ostrea edulis
  • Ostrea equestris
  • Ostrea lurida
  • Ostrea megadon
  • Ostrea sandvicensis

O nome de ostra é usado para grupos diferente de moluscos que medran maiormente en augas mariñas. As ostras verdadeiras pertencen á orde Ostreoida, familia Ostreidae.

Algunhas subespecies son capaces de producir perlas no transcurso do tempo, que se forman a partir de partículas que se sedimentan na ostra. Existen diferentes tipos de perla dependendo do sedimento acumulado.

A ostra é un prato común na cociña litoral galega e doutros sitios da Europa Atlántica, onde se serven crúas cun pouco limón. Salientan Vigo e Arcade (do concello de Soutomaior) como vilas tradicionalmente ostreiras [1].

Etimoloxía

O termo galego ostra provén do latín: ostrĕa. Do galego-portugués pasou ao castelán co mesmo nome[2].

Características

As ostras teñen un corpo brando, protexido dentro dunha cuncha altamente calcificada, pechada por fortes músculos adutores.

As ostras son moluscos filtradores, que succionan a auga co bater de cilios. O plancto e as partículas suspendidas do alimento quedan atrapadas no moco e son inxeridas. A actividade de alimentación é maior nas ostras cando as temperaturas da auga están sobre 10 °C. Estímase que cada ostra filtra ata cinco litros de auga por hora.

Un corazón pequeno con tres cámaras, debaixo do músculo adutor, bombea o sangue, coa súa fonte de osíxeno, a todas as partes do corpo. Ao mesmo tempo dous riles situados na superficie inferior do músculo purifican o sangue de calquera residuo.

As ostras teñen sexos separados, pero poden cambiar o sexo unha ou máis veces durante a súa vida. As gónadas, órganos responsábeis de produciren os ovos e o esperma, rodean os órganos dixestivos. Non hai xeito de diferenciar as ostras masculinas das femininas examinando as súas cascas.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

🔥 Top keywords: