Paris Hilton

modelo, cantante, actriz e deseñadora de moda

Paris Whitney Hilton, nada en Nova York o 17 de febreiro de 1981,[1] é unha personalidade dos medios estadounidense, muller de negocios, membro da alta sociedade, modelo, cantante, actriz, deseñadora de moda e DJ.

Infotaula de personaParis Hilton

(2021) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Paris Whitney Hilton Editar o valor em Wikidata
17 de febreiro de 1981 Editar o valor em Wikidata (43 anos)
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónMarywood-Palm Valley school (en) Traducir
Cascade School (en) Traducir
The Buckley School (en) Traducir
CEDU (en) Traducir
Dwight School (en) Traducir
Provo Canyon School (en) Traducir
Professional Children's School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altura172 cm Editar o valor em Wikidata
Peso55 kg Editar o valor em Wikidata
Cor dos ollosAzul Editar o valor em Wikidata
Cor do peloLouro Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoActor Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónactriz , actriz de televisión , actriz de cinema , disc-jóckey , socialité , modelo , empresaria , cantante , deseñador de moda Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1997 Editar o valor em Wikidata -
Xénero artísticoMúsica pop Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
RepresentanteModels 1 (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoWarner Bros. Records
Warner Records Editar o valor em Wikidata
Participou en
Middle East and Africa Summit 2020 (en) Traducir
Middle East and Africa Summit 2022 (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Outro
FamiliaHilton family (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
CónxuxeCarter Reum (2021–)
ParellaCarter Reum (pt) Traducir (2019–2021)
Chris Zylka (pt) Traducir (2017–2018)
Thomas Gross (en) Traducir (2015–2016)
River Viiperi (en) Traducir (2012–2014)
Doug Reinhardt (pt) Traducir (2009–2010)
Benji Madden (pt) Traducir (2008–2008)
Stavros Niarchos (en) Traducir (2005–2007)
Paris Kassidokostas-Latsis (pt) Traducir (2005–2005)
Rick Salomon (pt) Traducir (2003–2004)
Nick Carter (pt) Traducir (2003–2004)
Jason Shaw (pt) Traducir (2002–2003)
Edward Furlong (1999–2000) Editar o valor em Wikidata
PaisRichard Hilton (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Kathy Hilton (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsNicky Hilton (pt) Traducir e Conrad Hughes Hilton (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParentesPrinz von Anhalt (en) Traducir (great-granduncle (en) Traducir)
Marcus Eberhardt (en) Traducir (great-granduncle (en) Traducir) Editar o valor em Wikidata
Condenado pordirigir sob o efeito do álcool (pt) Traducir (2006)
possession of a controlled substance (en) Traducir (2010) Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Páxina webparishilton.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0385296 Allocine: 96496 Rottentomatoes: celebrity/paris_hilton Allmovie: p358949 TCM: 366592 Metacritic: person/paris-hilton TV.com: people/paris-hilton
Facebook: ParisHilton Twitter: ParisHilton Instagram: parishilton MySpace: parishilton LinkedIn: paris-hilton Snapchat: realparishilton Youtube: UCwl5c3q0uBK3mVv9OXQUeeQ TikTok: parishilton Spotify: 1vkJFCwstOoJO7yQ4lTtLK iTunes: 159264092 Last fm: Paris+Hilton Musicbrainz: 0d9ff9c7-394e-4228-93aa-c4afd4765324 Songkick: 502783 Discogs: 539235 Allmusic: mn0000721416 WikiTree: Hilton-712 Deezer: 5754 Genius: Paris-hilton Editar o valor em Wikidata

Hilton é bisneta de Conrad Hilton, fundador dos Hoteis Hilton, e criouse entre Nova York e Beverly Hills. Comezou unha carreira como modelo na adolescencia, cando asinou coa axencia de modelos neoiorquina Trump Model Management. A súa imaxe pública nocturna convertérona nunha habitual do xornalismo sensacionalista, e Hilton foi declarada a "It Girl líder de Nova York" en 2001.[2] En 2003, o roubo dunha cinta sexual de 2001 co seu mozo Rick Salomon, logo estreada como 1 Night in Paris, catapultouna a unha fama global, e a serie de telerrealidade The Simple Life, en que aparecía coa tamén socialite Nicole Richie, comezou unha emisión de cinco anos con trece millóns de espectadores en FOX.

En 2004, Hilton publicou o libro Confessions of an Heiress, que se converteu nun best seller de The New York Times en 2005, apareceu no filme de terror A casa de cera, e en 2006, publicou o álbum Paris en todo o mundo; alcanzou o posto número seis do Billboard 200,[3] con sinxelo de debut "Stars Are Blind", que rapidamente se fixo un éxito global. Hilton volveu á telerrealidade en 2008 coa franquía de Paris Hilton's My New BFF, en 2011 con The World According to Paris, e en 2018 con Hollywood Love Story. Outras aparicións na pantalla foron os filmes Raising Helen (2004), Repo! The Genetic Opera (2008), e The Bling Ring, de Sofia Coppola (2013), ademais dos documentais Paris, Not France (2008), Teenage Paparazzo (2010) e The American Meme (2018).

En 2012, Hilton debutou como DJ no Festival de Música Pop do Brasil, con mala recepción. Entre 2013 e 2017, tivo a residencia "Paris Hilton: Foam & Diamonds" na discoteca Amnesia de Ibiza, e segundo Time, converteuse na DJ feminina mellor pagada de 2014.[4]

Considerada a influencia clave do renacemento do fenómeno "famoso por ser famoso" durante os primeiros anos do século XXI,[5] Hilton é o exemplo de "celebutante": famoso non polo seu talento ou traballo, senón por unha riqueza e estilo de vida herdado. Aproveitou a súa fama nos medios para a promoción de perfumes e outras liñas; só a súa marca de perfumes proporciónalle máis de tres mil millóns en ingresos.[6][7] Ademais dun Paris Hilton Beach Club Resort en Manila, hai cincuenta tendas Paris Hilton en todo o mundo e dezanove liñas de produto, como carteiras, reloxos, calzado e coidado do cabelo e a pel. Hilton gaña máis de dez millóns de dólares ao ano cos seus negocios,[8] e en 2017 cobraba uns 300 000 dólares polas súas aparicións en clubs e eventos.[9]

Impacto

En 2011, dous anos despois do aparente final do dominio de Hilton nos medios, a CNN declarou que ela transformara a fama "máis que calquera outra estrela moderna",[10] en referencia á súa influencia no renacemento do fenómeno "famoso por ser famoso", e o seu liderado no xurdimento dun novo tipo de celebridade, cunha vida privada que se converteu nun foco sen precedente para o interese público.[5] Considérase que creou a marca para esta caste de famosos, que se intensificou co posterior crecemento das redes sociais,[11][12] e moldeou o que o estudoso Daniel J. Boorstin chamou "unha imaxe", que "non é simplemente unha marca rexistrada, un deseño, un slogan ou unha foto fácil de lembrar", senón "un perfil de personalidade creado deliberadamente dun individuo, unha institución, unha empresa, un produto ou un servizo". Paper Magazine chamou a Hilton "a nai da era dixital" nun artigo de 2018, explicando que ao longo da súa vida, "atraeu o mundo para que monitorizase todos os seus movementos... o seus cabelos loiros platino, os seus chándales rosas de veludo, a súa famosa colección de chihuahuas... e aínda así, Hilton non fixo nada que merecese a atención fóra de ser ela mesa. Agora, o invento de Hilton multiplicouse por millóns por toda internet. Todo o mundo tira selfies e presume da súa vida ante un público que obsesivamente segue, dá likes e comparte".[13] Bert Marcus, director do documental The American Meme (2018), fíxose eco deste sentimento, remarcando que ela "puxo o camiño para crear unha marca e unha celebridade por ser ela mesma e converteuno nun fenómeno", mentres que o empresario e celebridade de Instagram The Fat Jew, un dos protagonistas centrais do documental, acredítaa como "inventora da forma en que o mundo pensa sobre influencia".[14] A revista Galore nomeouna "a Raíña dos Negocios da Telerrealidade Orixinal" e mostrouna na súa Art Issue de 2017.[15]

Filmografía

AnoTítuloPersonaxeNotas
1992WishmanRapaza na praia
2000Sweetie PieDescoñecido
2001ZoolanderEla mesmaCameo
2002Nine LivesJo
QIK2JDGStrung-out supermodel
2003WonderlandBarbieCameo
Cat in the Hat, TheThe Cat in the HatClubgoer
2004Win a Date with Tad Hamilton!Heather
Hillz, TheThe HillzHeather Smith
Raising HelenAmber
1 Night in ParisEla mesmaCinta sexual
2005A casa de ceraPaige Edwards
2006Bottoms UpLisa Mancini
National Lampoon's Pledge This!Victoria English
2007Stories USASadie
2008America the BeautifulEla mesmaDocumental
Paris, Not France
Hottie and the Nottie, TheThe Hottie and the NottieCristabel Abbott
Repo! The Genetic OperaAmber Sweet
American Carol, AnAn American CarolEla mesma
2010Teenage PaparazzoDocumental
2013The Bling RingCameo
2015Jeremy Scott: The People's DesignerDocumental
2017And the Winner Isn't
2018The American Meme

Bibliografía

Discografía

  • Paris (2006)

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: