Parque Nacional de Triglav
O Parque Nacional de Triglav atópase en Eslovenia.
Datos de interese
O Parque Nacional creouse no 1981 e corresponde a un parque de alta montaña, xa que a cota superior, o monte Triglav acada os 2.864 metros. Predominan as forestas caducifolias con hábitats da alta montaña propios dos Alpes. A zona protexida abrangue 84.800 hectáreas.
Flora e Fauna
Importante presenza de flores alpinas, faiais e grandes extensións de piñeiros. Pódense atopar íbices. rebezos e marmotas nas partes máis altas. Máis abaixo atópase o muflón. Entre as aves salientar a aguia real, a Lagopus muta e a perdiz grega.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Web do parque (en inglés).
🔥 Top keywords: