Patrimonio natural

O patrimonio natural, segundo a Convención sobre a Protección do Patrimonio Mundial, Cultural e Natural de 1972,[1] está conformado, de xeito similar ao patrimonio cultural, por:

  • Monumentos naturais de excepcionalidade estética ou científica constituídos por formacións físicas e biolóxicas.
  • Formacións xeolóxicas e fisiográficas así como áreas delimitadas que constitúen o hábitat de especies animais e vexetais ameazadas.
  • Lugares naturais ou espazos de excepcional valor dende o punto de vista científico, conservacionista ou estético.

Marco legal para a protección do patrimonio natural

O patrimonio natural goza dun conxunto de leis e categorías específicas de protección que garanten a súa conservación. Malia ser considerado patrimonio inmoble, as leis que o regulan son significativamente diferentes das que regulan o patrimonio cultural. A normativa que regula o patrimonio natural procede de ámbitos como as políticas forestais, as de augas, a prevención de incendios, etc, normativas que están principalmente baixo os auspicios dos departamentos de Medio Ambiente. Así, por exemplo, a Norma de Granada ocúpase da valoración de árbores e arbustos ornamentais para poder declaralos patrimonio natural e poder ser protexidos pola lei polos órganos de goberno competentes.[2]

Notas

🔥 Top keywords: