Pedras de Jelling
A designación pedras de Jelling refírese a dúas pedras rúnicas que se atoparon na localidade de Jelling, en Dinamarca.
Túmulos, Pedras Rúnicas e Igrexa de Jelling | |
---|---|
As pedras de Jelling | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | Dinamarca |
Localización | 55°45′21″N 9°25′10″L / 55.75583, -9.41944 |
Tipo | Cultural |
Criterios | III |
Inscrición | 1994 (18ª sesión) |
Rexión da UNESCO | Europa e América do Norte |
Identificador | 697 |
En 1994, pasaron a formar parte da lista do patrimonio da humanidade, da Unesco, xunto coa igrexa e os montes veciños, onde se atopan os túmulos do rei Gorm o vello de Dinamarca e da súa dona, Thyra. Este patrimonio constitúe un exemplo notable da transición da era pagá cara a era cristiá en Dinamarca.
Ademais de inscricións rúnicas, unha das pedras posúe unha mestura de motivos pagáns e cristiáns debido á presenza dun Cristo.
A pedra grande de Jelling
A pedra grande de Jelling é unha pedra rúnica erixida por Harald I de Dinamarca no ano 965, en Jelling, Dinamarca.
- Tradución das inscricións da pedra en Antigo nórdico, Dinamarqués e Galego:
HARALTR KUNUKR BATH KAURUA HARALD KONGE BØD GØRE HARALD REI MANDOU FACER
KUBL THAUSI AFT KURM FATHUR SINKUMLER DISSE EFTER GORM FADER SINERGUER ESTAS NA HONRA DE GORM PAI SEU
AUK AFT THAURUI MUTHUR SINA, SA OG EFTER THYRA MODER SIN, DEN E NA HONRA DE THYRA NAI SÚA, O
HARALTR IAS SAR UAN TANMAURK HARALD SOM SIG VANDT DANMARK HAROLD QUE PARA SI CONQUISTOU A DINAMARCA
ALA AUK NURUIAKAL OG NORGETODA E A NORUEGA
AUK TANI KARTHI KRISTNAOG DANERNE GJORDE KRISTNEE OS DINAMARQUESES FIXO CRISTIÁNS
Esta pedra é considerada a certificación do nacemento de Dinamarca.
A pedra pequena de Jelling
Ao lado da pedra grande, atópase a pedra pequena de Jelling, erixida por Gorm o Vello, no ano 955.
Na inscrición pódese ler o seguinte:
kurmr kunukr karthi kubl thusi aft thurui kunu sina tanmakar butGorm konge gjorde kumler disse efter Thyra kone sin danmarks bodGorm rei fixo erguer esta na honra de Thyra dona súa da Dinamarca homenaxe
Esta pedra constitúe a referencia máis antiga ao nome de Dinamarca dentro das súas fronteiras. O nome aparece 75 anos antes, en referencias doutros países.
O significado das últimas palabras "danmarks bod" é incerto, sen saberse exactamente se fan referencia a Gorm ou a Thyra.
A pedra foi colocada orixinalmente entre os montes onde se atopaban as sepulturas de Gorm e Thyra, existindo referencias do século XVII que indican que se colocou xunto á porta da igrexa, onde se atopa na actualidade.