Peter Weir

director de cinema australiano

Peter Lindsay Weir (wɪər), nado en Sidney o 21 de agosto de 1944 é un director de cinema australiano.

Infotaula de personaPeter Weir

(2011) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Peter Lindsay Weir Editar o valor em Wikidata
21 de agosto de 1944 Editar o valor em Wikidata (79 anos)
Sydney, Australia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAustralia Editar o valor em Wikidata
EducaciónSydney Law School (en) Traducir
Universidade de Sydney
Vaucluse High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Hollywood Editar o valor em Wikidata
Ocupacióndirector de cinema , realizador , guionista , produtor Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1968 Editar o valor em Wikidata - 2020 Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeWendy Stites (1966–)
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0001837 Allocine: 1127 Rottentomatoes: celebrity/peter_weir Allmovie: p116294 TCM: 203648 Metacritic: person/peter-weir TV.com: people/peter-weir
Musicbrainz: 3461e82d-f960-40c1-ad59-fe5564f86645 Discogs: 376017 Genius: Peter-weir Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Estudou artes e leis na Universidade de Sydney e comezou a interesarse polo cinema a través de compañeiros coma Phillip Noyce. Trala universidade entrou na televisión local ATN-7, onde traballou como axudante de produción e realizou as súas primeiras curtas experimentais.

Tras realizar varios documentais, o seu primeiro filme independente foi a comedia negra Homesdale (1971). Destacou en Australia e tamén internacionalmente en 1975 con Picnic at Hanging Rock, primeiro filme australiano da época en ter unha estrea internacional.

En 1981 obtivo outro grande éxito con Gallipoli, que axudou a converter a Mel Gibson (Mad Max, salvaxes de autoestrada) nunha estrela. Catro anos despois rodou o seu primeiro filme nos Estados Unidos, o suspense de éxito Testemuña única, o seu primeiro traballo con Harrison Ford, que tamén apareceu en The Mosquito Coast (1986), adaptación de Paul Schrader da novela de Paul Theroux.

Tamén conseguiu grandes éxitos con Dead Poets Society, Green Card, The Truman Show e Master and Commander: The Far Side of the World.

Filmografía

Longametraxes

AnoFilmeNotas
1969Man on a Green Bike (Telefilme)Director, guionista
1971HomesdaleDirector, guionista
1974The Cars That Ate ParisDirector, guionista
1975Picnic at Hanging RockDirector
1977The Last WaveDirector, guionista
1979The Plumber (Telefilme)Director, guionista
1981GallipoliDirector, guionista
1982O ano que vivimos perigosamenteDirector, guionista
1985Testemuña únicaDirector
1986A costa dos mosquitosDirector
1989Dead Poets SocietyDirector
1990Green CardDirector, produtor, guionista
1993FearlessDirector
1998The Truman ShowDirector
2003Master and Commander: The Far Side of the WorldDirector, guionista
2010The Way BackDirector, produtor, guionista

Curtametraxes

  • Count Vim's Last Exercise (1967) – 16mm b/w, 15 min – guionista, director
  • The Life and Flight of the Reverend Buckshotte (1968) 16mm b/w, 33 min – guionista, director
  • Three to Go (1969) (segment "Michael") – 16 mm, b/w, 30 min – guionista, director
  • Stirring the Pool (1970) – 16mm, cor, 10 min – director
  • Tempo (1970) – guionista
  • Homesdale (1971) – 16 mm, b/w, 50 min – guionista, director
  • Three Directions In Pop Music (1971) – 16mm, cor, 10 min – director
  • Incredible Floridas (1972) – 35mm, cor, 12 min – director
  • What Ever Happened to Green Valley? (1973) – 16mm, 50 min – director

Véxase tamén

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: