Phil Collins
Philip David Charles Collins, nado o 30 de xaneiro de 1951[1] en Chiswick (Londres, Inglaterra), máis coñecido como Phil Collins, é un cantante, compositor, batería, pianista e actor británico, e un dos artistas de maior éxito da música rock.[2] Collins foi nomeado tenente da Real Orde Vitoriana (LVO). O seu estilo abrangue pop,[3][4] soft rock,[5][6]progressive rock,[7]art rock[3] e jazz fusion.[8]
Traxectoria
Entre 1984 e 1989, Phil Collins liderou a lista de éxitos estadounidense Billboard Top 100 como cantante en oito ocasións, sete como solista e unha con Genesis, banda da que foi membro entre 1970 e 1996.
Tras a saída de Peter Gabriel en 1975 converteuse no cantante solista do grupo, co que tivo algunha colaboración esporádica dende 2007.
As súas cancións a miúdo tratan de amores perdidos, temas persoais e sobre o problema mundial da pobreza e o consumo de drogas. Segundo datos de Atlantic Records (de 2002) as vendas correspondentes á súa carreira en solitario acadaron os 150 millóns de discos en todo o mundo.[9] Collins gañou numerosos premios musicais ó longo de toda a súa carreira, incluíndo sete Premios Grammy, cinco Premios Brit, entre eles mellor artista británico en tres ocasións, un Premio da Academia e dous Globos de Ouro polo seu traballo en bandas sonoras.[10][11]Foi incluído no Salón da Fama do Rock como membro de Genesis en 2010.
Collins é un dos tres artistas pop, xunto con Paul McCartney e Michael Jackson, que venderon máis de 100 millóns de álbums en todo o mundo tanto na súa carreira en solitario como formando parte dunha banda. Contando o seu traballo con Genesis, as súas contribucións con outros artistas, e a súa exitosa carreira en solitario, Collins obtivo máis de corenta éxitos que encabezaron a lista do «Billboard Hot 100» durante a década de 1980.[12]
No 2008, Collins ocupou o posto número 22 na lista de «Os 100 mellores artistas de todos os tempos segundo o Billboard Hot 100».[13]
O 7 de marzo de 2011, fíxose pública a súa retirada do mundo musical por problemas de saúde e por non sentirse cómodo coa industria musical en xeral. No 2015, anuncia o seu regreso ao mundo da música, incluíndo novo álbum e a súa correspondente xira de soporte.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Páxina oficial (en inglés)
Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |