Premios Óscar

premio concedido pola Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas

Os Premios da Academia, informalmente coñecidos como Premios Óscar,[1] son os galardóns anuais á excelencia das producións cinematográficas. Organizado e supervisado pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (AMPAS),[2] os premios son concedidos cada ano nunha cerimonia formal. O AMPAS foi orixinalmente concibido pola Metro-Goldwyn-Mayer como unha organización profesional honorífica para axudar a mellorar a imaxe da industria cinematográfica e mediar nas disputas laborais. Os premios propiamente ditos foron iniciados despois pola Academia como un "premio de mérito para a realización" na industria.[3]

Premios Óscar
Tipogrupo de premios
Data de fundación1929
SedeHollywood
PaísEstados Unidos de América
Na rede
https://www.oscars.org/ e https://www.oscars.org/oscars
IMDB: ev0000003 Facebook: TheAcademy Instagram: theacademy Youtube: UCb-vZWBeWA5Q2818JmmJiqQ Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Alfombra vermella en Hollywood and Highland, en febreiro de 2009 (81ª cerimonia).

Os primeiros Premios da Academia celebráronse en 1929 nunha cerimonia no Hotel Roosevelt en Hollywood. Ó longo dos anos, as categorías presentadas foron cambiando, e no presente, os Óscars contan con máis dunha ducia de categorías. Como unha das cerimonias de premios máis importantes do mundo, a cerimonia dos Óscars é transmitida en directo en máis de 100 países anualmente. Así mesmo, é a máis antiga cerimonia de premios nos medios de comunicación; os seus equivalentes, os Premios Grammy (para música), os Premios Emmy (para televisión) e os Premios Tony (para teatro), foron adaptados tralos Premios da Academia.

Cerimonia

Primeira cerimonia

Primeira cerimonia dos oscars en 1929

Os premios foron unha iniciativa da Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas. Esta fora fundada dous anos antes por profesionais preocupados por mellorar a situación da profesión. Unha das súas primeiras iniciativas foi crear un comité de premios ao mérito composto por sete membros, que tras deliberar propuxo á institución a creación duns galardóns anuais en 12 categorías.[4]

A primeira cerimonia celebrouse o 16 de maio de 1929 no Hotel Hollywood Roosevelt dos Anxos e entregáronse quince estatuíllas, cuxos gañadores xa se anunciaron con tres meses de anterioridade.[5] Asistiron 270 convidados, os que tiveron que pagar cinco dólares por gozar da entrega dos premios que recoñecían o mellor de 1927 e 1928 na industria cinematográfica, así como dun gran banquete.[6]

Foi un banquete extenso e cheo de discursos, pero a entrega das figuras foi levada a cabo rapidamente polo Presidente da Academia, Douglas Fairbanks.[7]

Cerimonias

A continuación, unha lista de tódalas cerimonias dos Óscar.[8][9][10]

CerimoniaDataMellor filmeDuraciónPresentador(es)Lugar
1ª edición dos Óscar16 de maio de 1929Wings2 horas, 19 minutosDouglas Fairbanks, William C. deMilleHollywood Roosevelt Hotel
2ª edición dos Óscar3 de abril de 1930The Broadway Melody1 hora, 50 minutosWilliam C. deMilleAmbassador Hotel
3ª edición dos Óscar5 de novembro de 1930All Quiet on the Western Front2 horas, 13 minutosConrad Nagel
4ª edición dos Óscar10 de novembro de 1931Cimarron2 horas, 3 minutosLawrence GrantBiltmore Hotel
5ª edición dos Óscar18 de novembro de 1932Grand Hotel1 hora, 52 minutosLionel Barrymore, Conrad NagelAmbassador Hotel
6ª edición dos Óscar16 de marzo de 1934Cavalcade1 hora, 50 minutosWill Rogers
7ª edición dos Óscar27 de febreiro de 1935It Happened One Night1 hora, 45 minutosIrvin S. CobbBiltmore Hotel
8ª edición dos Óscar5 de marzo de 1936Mutiny on the Bounty2 horas, 12 minutosFrank Capra
9ª edición dos Óscar4 de marzo de 1937The Great Ziegfeld2 horas, 56 minutosGeorge Jessel
10ª edición dos Óscar10 de marzo de 1938The Life of Emile Zola1 hora, 56 minutosBob Burns
11ª edición dos Óscar23 de febreiro de 1939You Can't Take It with You2 horas, 6 minutosNinguén
12ª edición dos Óscar19 de febreiro de 1940Foise co vento3 horas, 52 minutosBob HopeAmbassador Hotel (Cocoanut Grove)
13ª edición dos Óscar27 de febreiro de 1941Rebecca2 horas, 10 minutosBob HopeBiltmore Hotel (Biltmore Bowl)
14ª edición dos Óscar26 de febreiro de 1942Que verde era o meu val1 hora, 48 minutosNinguén
15ª edición dos Óscar4 de marzo de 1943Mrs. Miniver2 horas, 14 minutosBob HopeAmbassador Hotel (Cocoanut Grove)
16ª edición dos Óscar2 de marzo de 1944Casablanca1 hora, 42 minutosJack BennyGrauman's Chinese Theater
17ª edición dos Óscar15 de marzo de 1945Going My Way2 horas, 10 minutosBob Hope, John Cromwell
18ª edición dos Óscar7 de marzo de 1946A fin de semana perdida1 hora, 41 minutosBob Hope, James Stewart
19ª edición dos Óscar13 de marzo de 1947Os mellores anos da nosa vida2 horas, 52 minutosJack BennyShrine Auditorium
20ª edición dos Óscar20 de marzo de 1948Gentleman's Agreement1 hora, 58 minutosAgnes Moorehead, Dick Powell
21ª edición dos Óscar24 de marzo de 1949Hamlet1 hora, 35 minutosRobert MontgomeryThe Academy Theater
22ª edición dos Óscar23 de marzo de 1950All the King's Men1 hora, 50 minutosPaul DouglasPantages Theatre
23ª edición dos Óscar29 de marzo de 1951Todo sobre Eva2 horas, 18 minutosFred Astaire
24ª edición dos Óscar20 de marzo de 1952Un americano en París1 hora, 53 minutosDanny Kaye
25ª edición dos Óscar19 de marzo de 1953O maior espectáculo do mundo1 hora, 32 minutosBob Hope, Conrad NagelPantages Theatre /
NBC International Theatre
26ª edición dos Óscar25 de marzo de 1954De aquí á eternidade1 hora, 58 minutosDonald O'Connor, Fredric MarchPantages Theatre /
NBC Century Theatre
27ª edición dos Óscar30 de marzo de 1955A lei do silencio1 hora, 48 minutosBob Hope, Thelma Ritter
28ª edición dos Óscar21 de marzo de 1956Marty1 hora, 30 minutosJerry Lewis, Claudette Colbert, Joseph L. Mankiewicz
29ª edición dos Óscar27 de marzo de 1957A volta ao mundo en oitenta días3 horas, 8 minutosJerry Lewis, Celeste Holm
30ª edición dos Óscar26 de marzo de 1958A ponte sobre o río Kwai2 horas, 41 minutosBob Hope, David Niven, James Stewart, Jack Lemmon, Rosalind RussellPantages Theatre
31ª edición dos Óscar6 de abril de 1959Gigi1 hora, 55 minutosBob Hope, David Niven, Tony Randall, Mort Sahl, Sir Laurence Olivier, Jerry Lewis
32ª edición dos Óscar4 de abril de 1960Ben-Hur1 hora, 40 minutosBob Hope
33ª edición dos Óscar17 de abril de 1961O apartamento2 horas, 5 minutosBob HopeSanta Monica Civic Auditorium
34ª edición dos Óscar9 de abril de 1962West Side Story2 horas, 10 minutosBob Hope
35ª edición dos Óscar8 de abril de 1963Lawrence de Arabia2 horas, 30 minutosFrank Sinatra
36ª edición dos Óscar13 de abril de 1964Tom Jones2 horas, 8 minutosJack Lemmon
37ª edición dos Óscar5 de abril de 1965My Fair Lady2 horas, 50 minutosBob Hope
38ª edición dos Óscar18 de abril de 1966Sorrisos e lágrimas2 horas, 54 minutosBob Hope
39ª edición dos Óscar10 de abril de 1967Un home para a eternidade2 horas, 31 minutosBob Hope
40ª edición dos Óscar10 de abril de 1968Na calor da noite1 hora, 50 minutosBob Hope
41ª edición dos Óscar14 de abril de 1969Oliver!2 horas, 33 minutosNinguénDorothy Chandler Pavilion
42ª edición dos Óscar7 de abril de 1970Cowboy de medianoite2 horas, 25 minutosNinguén
43ª edición dos Óscar15 de abril de 1971Patton2 horas, 52 minutosNinguén
44ª edición dos Óscar10 de abril de 1972The French Connection1 hora, 44 minutosHelen Hayes, Alan King, Sammy Davis, Jr., Jack Lemmon
45ª edición dos Óscar17 de marzo de 1973O padriño2 horas, 38 minutosCarol Burnett, Michael Caine, Charlton Heston, Rock Hudson
46ª edición dos Óscar2 de abril de 1974O golpe3 horas, 23 minutosJohn Huston, Burt Reynolds, David Niven, Diana Ross
47ª edición dos Óscar8 de abril de 1975O padriño (II parte)3 horas, 20 minutosSammy Davis, Jr., Bob Hope, Shirley MacLaine, Frank Sinatra
48ª edición dos Óscar29 de marzo de 1976Alguén voou sobre o niño do cuco3 horas, 12 minutosGoldie Hawn, Gene Kelly, Walter Matthau, George Segal, Robert Shaw
49ª edición dos Óscar28 de marzo de 1977Rocky3 horas, 38 minutosWarren Beatty, Ellen Burstyn, Jane Fonda, Richard Pryor
50ª edición dos Óscar3 de abril de 1978Annie Hall3 horas, 30 minutosBob Hope
51ª edición dos Óscar9 de abril de 1979O cazador3 horas, 25 minutosJohnny Carson
52ª edición dos Óscar14 de abril de 1980Kramer contra Kramer3 horas, 12 minutosJohnny Carson
53ª edición dos Óscar31 de marzo de 1981Xente corrente3 horas, 13 minutosJohnny Carson
54ª edición dos Óscar29 de marzo de 1982Chariots of Fire3 horas, 24 minutosJohnny Carson
55ª edición dos Óscar11 de abril de 1983Gandhi3 horas, 15 minutosLiza Minnelli, Dudley Moore, Richard Pryor, Walter Matthau
56ª edición dos Óscar9 de abril de 1984A forza do cariño3 horas, 42 minutosJohnny Carson
57ª edición dos Óscar25 de marzo de 1985Amadeus3 horas, 10 minutosJack Lemmon
58ª edición dos Óscar24 de marzo de 1986Memorias de África3 horas, 2 minutosAlan Alda, Jane Fonda, Robin Williams
59ª edición dos Óscar30 de marzo de 1987Platoon3 horas, 19 minutosChevy Chase, Goldie Hawn, Paul Hogan
60ª edición dos Óscar11 de abril de 1988O derradeiro emperador3 horas, 33 minutosChevy ChaseShrine Auditorium
61ª edición dos Óscar29 de marzo de 1989Rain Man3 horas, 19 minutosNinguén
62ª edición dos Óscar26 de marzo de 1990Paseando a Miss Daisy3 horas, 37 minutosBilly CrystalDorothy Chandler Pavilion
63ª edición dos Óscar25 de marzo de 1991Dances with Wolves3 horas, 35 minutosBilly CrystalShrine Auditorium
64ª edición dos Óscar30 de marzo de 1992O silencio dos cordeiros3 horas, 33 minutosBilly CrystalDorothy Chandler Pavilion
65ª edición dos Óscar29 de marzo de 1993Sen perdón3 horas, 30 minutosBilly Crystal
66ª edición dos Óscar21 de marzo de 1994A lista de Schindler3 horas, 18 minutosWhoopi Goldberg
67ª edición dos Óscar27 de marzo de 1995Forrest Gump3 horas, 35 minutosDavid LettermanShrine Auditorium
68ª edición dos Óscar25 de marzo de 1996Braveheart3 horas, 38 minutosWhoopi GoldbergDorothy Chandler Pavilion
69ª edición dos Óscar24 de marzo de 1997O paciente inglés3 horas, 34 minutosBilly CrystalShrine Auditorium
70ª edición dos Óscar23 de marzo de 1998Titanic3 horas, 47 minutosBilly Crystal
71ª edición dos Óscar21 de marzo de 1999Shakespeare in Love4 horas, 2 minutosWhoopi GoldbergDorothy Chandler Pavilion
72ª edición dos Óscar26 de marzo de 2000American Beauty4 horas, 4 minutosBilly CrystalShrine Auditorium
73ª edición dos Óscar25 de marzo de 2001Gladiator3 horas, 23 minutosSteve Martin
74ª edición dos Óscar24 de marzo de 2002A Beautiful Mind4 horas, 23 minutosWhoopi GoldbergDolby Theatre
75ª edición dos Óscar23 de marzo de 2003Chicago3 horas, 30 minutosSteve Martin
76ª edición dos Óscar29 de febreiro de 2004The Lord of the Rings: The Return of the King3 horas, 44 minutosBilly Crystal
77ª edición dos Óscar27 de febreiro de 2005Million Dollar Baby3 horas, 14 minutosChris Rock
78ª edición dos Óscar5 de marzo de 2006Crash3 horas, 33 minutosJon Stewart
79ª edición dos Óscar25 de febreiro de 2007Infiltrados3 horas, 51 minutosEllen DeGeneres
80ª edición dos Óscar24 de febreiro de 2008Non é un país para vellos3 horas, 21 minutosJon Stewart
81ª edición dos Óscar22 de febreiro de 2009Slumdog Millionaire3 horas, 30 minutosHugh Jackman
82ª edición dos Óscar7 de marzo de 2010En terra hostil3 horas, 37 minutosSteve Martin, Alec Baldwin
83ª edición dos Óscar27 de febreiro de 2011The King's Speech3 horas, 15 minutosJames Franco, Anne Hathaway
84ª edición dos Óscar26 de febreiro de 2012The Artist3 horas, 14 minutosBilly Crystal
85ª edición dos Óscar24 de febreiro de 2013[11]Argo3 horas, 35 minutosSeth MacFarlane[12]
86ª edición dos Óscar2 de marzo de 201412 anos de escravitude3 horas, 35 minutosEllen DeGeneres
87ª edición dos Óscar22 de febreiro de 2015Birdman3 horas, 40 minutosNeil Patrick Harris
88ª edición dos Óscar28 de febreiro de 2016Spotlight3 horas, 37 minutosChris Rock
89ª edición dos Óscar26 de febreiro de 2017Moonlight3 horas, 49 minutosJimmy Kimmel
90ª edición dos Óscar4 de marzo de 2018The Shape of Water3 horas, 53 minutosJimmy Kimmel
91ª edición dos Óscar24 de febreiro de 2019O libro verde3 horas, 23 minutos(non tivo)[13]
92ª edición dos Óscar9 de febreiro de 2020Gisaengchung3 horas, 35 minutos(non tivo)
93ª edición dos Óscar25 de abril de 2021Nomadland3 horas, 19 minutos(non tivo)
94ª edición dos Óscar27 de maio de 2022CODA3 horas, 42 minutosRegina Hall, Amy Schumer, Wanda Sykes
95ª edición dos Óscar12 de marzo de 2023Everything Everywhere All at Once3 horas, 40 minutosJimmy Kimmel
96ª edición dos Óscar10 de marzo de 2023Oppenheimer3 horas, 23 minutosJimmy Kimmel

Principais premiados

Os filmes máis galardoados foron Ben-Hur, Titanic e The Lord of the Rings: The Return of the King con cadanseus 11 premios. Outras con máis de oito premios foron:

FilmeAnoCandidaturasPremios
Ben-Hur19591211
Titanic19971411
The Lord of the Rings: The Return of the King20031111
West Side Story19611110
Gigi195899
O derradeiro emperador198799
O paciente inglés1996129
Foise co vento1939138
De aquí á eternidade1953138
A lei do silencio1954128
My Fair Lady1964128
Cabaret1972108
Gandhi1982118
Amadeus1984118
Slumdog Millionaire2009108

Categorías ó mérito

Categorías actuais

No primeiro ano dos premios, o Mellor director foi dividido en dúas categorías diferentes (drama e comedia). Do mesmo xeito, Mellor banda sonora tamén estaba dividido en dúas categorías (drama e comedia/musical). Dende 1930s ata a década de 1960, as categorías Mellor dirección de arte, Mellor fotografía e Mellor deseño de vestiario estaban separadas en filmes en branco e negro e filmes en cor. Ata o ano 2012, o Mellor deseño de produción era chamado Mellor dirección de arte, mentres que Mellor maquillaxe e peiteado era chamado Mellor maquillaxe.

Outro premio, chamado Óscar ó mellor musical orixinal, aínda está nos libros de regras da Academia a pesar de que foi interrompido. Debido á insuficiente capacidade de elixir en cada ano, non foi asignada dende 1984 (cando gañou Purple Rain).[14]

Categorías desaparecidas

Categorías propostas

O Consello de Gobernadores reúnese cada ano e considera novas categorías de premios. Ata o momento, as seguintes categorías propostas foron rexeitadas:

  • Mellor casting: rexeitado en 1999
  • Mellor coordinador de especialistas: rexeitado en 1999; rexeitado en 2005;[15] rexeitado en 2011[16]
  • Mellor deseño de título: rexeitado en 1999.

Categorías especiais

Os Premios Especiais da Academia son votados por comités especiais e non polos membros da Academia como un todo. Non son sempre presentados nunha base consistente anual.

Categorías especiais anuais

  • Óscar honorífico: dende 1929
  • Óscar científico e técnico: dende 1931
  • Óscar Gordon E. Sawyer: dende 1981
  • Premio Humanitario Jean Hersholt: dende 1956
  • Premio en memoria de Irving G. Thalberg: dende 1938

Categorías especiais desaparecidas

  • Óscar xuvenil: 1934 ata 1960
  • Óscar á contribución especial: 1972 ata 1995

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: