Placa eurasiática

Placca tectónica

A placa eurasiática[1] é unha placa tectónica continental que abarca Eurasia, exceptuando o subcontinente indio, Arabia e parte de Siberia ao leste da cordilleira Verjoyansk.[2] Tamén inclúe a parte oriental do océano Atlántico Norte até a dorsal mesoatlántica, abarcando un territorio duns 67 800 000 km².[3] As placas coas que limita son:[2]

  • Ao norte a placa norteamericana.
  • Ao sur a placa africana, a placa arábiga e a placa indoaustraliana.
  • Ao leste a placa pacífica, a placa filipina, a placa de Ojotsk e a placa Amuria.
  • Ao oeste ten un bordo diverxente coa placa norteamericana, que dá orixe á mencionada dorsal atlántica.
Placa tectónica Euroasiática

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

🔥 Top keywords: