Plants vs. Zombies

videoxogo de 2009

Plants vs. Zombies é un videoxogo desenvolvido e publicado orixinalmente por PopCap Games para Microsoft Windows e OS X. O xogo trata do dono dunha casa que emprega unha gran variedade de plantas para previr que un exército de zombis entre na súa casa e lle coman o cerebro. Foi estreado por vez primeira o 5 de maio de 2009, e estivo dispoñible en Steam o mesmo día.[1][7] A versión para iOS foi estreada en febreiro de 2010, e tamén unha versión HD para o iPad.[8] Unha versión estendida para Xbox Live Arcade que introduce novos modos de xogo foi estreada o 8 de setembro de 2010.[4] PopCap estreou unha versión para Nintendo DS o 18 de xaneiro de 2011 con contido único para a plataforma.[9] A versión para PlayStation 3 foi estreada en febreiro de 2011 ademais dun modo cooperativo para a versión Xbox 360. Unha versión de Android foi estreado o 31 de maio de 2011 en Amazon Appstore, mentres que se estreou ó mercado Android (hoxe Google Play) o 14 de decembro de 2011.[10] O 16 de febreiro de 2012 foi estreada unha versión para BlackBerry PlayBook.[5] Posteriormente, unha versión para o teléfono intelixente BlackBerry foi estreada en xaneiro de 2013 co lanzamento de BlackBerry 10.[6] Por outra banda, ámbalas dúas versións orixinais do xogo, para Windows e Mac foron relanzadas con contido engadido para a versión Game of the Year. En xaneiro de 2015, foi estreada unha versión con publicidade para iOS.[11]

Plants vs. Zombies
Desenvolvedor(es)PopCap Games
Distribuidora(s)Electronic Arts
Deseñador(es)George Fan
Compositor(es)Laura Shigihara
MotorPopCap Games Framework
Lanzamento2009
XéneroDefensa de torres
Modos de xogoUn xogador, Multixogador
Clasificación PEGI
CERO
USK
Plataforma(s)Google Chrome
Microsoft Windows[1][2]
OS X[1][2]
iOS[3]
Xbox Live Arcade[4]
PlayStation Network
Nintendo DS
DSiWare
Bada
Android
Windows Phone
PlayStation Vita
BlackBerry Tablet OS[5]
BlackBerry 10[6]
SeriePlants vs. Zombies
Na rede
Páxina oficial
IMDB: tt1991154 Youtube: UCFDw8H6GO3bQNoZWaFiNvkQ Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Recibiu unha resposta positiva por parte da crítica e estivo nomeado a varios premios, e a súa banda sonora foi moi aclamada. A súa secuelal, Plants vs. Zombies 2: It's About Time',' foi estreada o 15 de agosto de 2013 para iOS.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: