Pobo maxiar

Os maxiares[11] ou húngaros, (en húngaro: magyarok) é grupo étnico de Europa do leste, son os actuais poboadores de Hungría.

Pobo maxiar
Álmos de Hungría, Estevo I de Hungría, Matías Corvino, Gabriel Bethlen, Francisco II Rákóczi, János Bolyai, István Széchenyi, János Arany, Róza Laborfalvi, József Eötvös, Loránd Eötvös, Vilma Hugonnai, Tivadar Kosztka, Béla Bartók, Miklós Horthy, Zoltán Kodály, Emma Orczy, János Kádár, Zsa Zsa Gabor, Péter Esterházy
Poboación
Poboación total:
13,1–14,7 millóns
Rexións principais:
Hungría Hungría8 504 492[1] - 9 827 875[2]
Estados Unidos de América Estados Unidos1 437 694 (2013)[3]
Romanía Romanía1 227 623 (2011)[4]
Eslovaquia Eslovaquia458 467 (2011)[5]
Canadá315 510 (2006)[6]
Serbia Serbia253 899 (2011)[7]
Ucraína Ucraína156 566 (2001)[8]
Alemaña Alemaña156 812[9]
Aspectos culturais
LinguaLingua húngara
RelixiónCatolicismo[10]
Protestantismo (calvinismo, unitarianismo e luteranismo); catolicismo grego; Xudaísmo.
Grupos
relacionados
Pobo sículo (Transilvania)

Historia e características

Orixinariamente tribos eslavas e finesas que baixaron da península de Kola e arredores cara a Hungría aproximadamente desde o s.IX que ocuparon o baleiro que os ávaros deixaron en Eslovaquia e Hungría. Iniciaron as súas incursións a primeiros do s.VII e fóronas intensificando ata acadar Saxonia, a Lotarinxia e mesmo Francia. Os actuais maxiares proveñen de tribos separadas dos grupos fino-ugros asentados ata o s.V nas estepas que se estenden entre os ríos Volga e Kama que se desprazaron cara aos territorios ao norte do Cáucaso e de Crimea. Aínda que etnicamente relacionados co grupo fino-ugro, as diversas migracións e a influencia doutros grupos asiático (ávaros, hunos, mongois) así como a influencia dos pobos otománs e iranianos, evidenciada nos modismos lingüísticos do idioma, obtida durante a migración maxiar cara ao oeste das estepas rusas, determinaron a diferenciación final do gurpo étnico mesmo antes do seu asentamento final nas rexións históricas de Pannonia e Dacia.

Durante a máxima extensión do pobo maxiar (ss.XI e XII) a influencia destes chegou desde os Cárpatos e Transilvania, e ao sur, ata a rexión localizada entre os ríos Sava e Drava.

A batalla do río Lechja supuxo a fin da época de incursións e o principio dos asentamentos nas chairas de Hungría. O reino maxiar foi o predecesor do reino de Hungría e as súas primeiras fronteiras estendíanse desde a Bohemia imperial ata os lindes dos montes Dálmatas, os límites da Bosnia bizantina e a fronteira norte de Eslovaquia. As súas primeiras incursións de expansión foron cara ao norte e o nordeste, lindando por fin co reino de Polonia. Tiveron unha rápida conversión ao catolicismo debido á herdanza maxiar da época das invasións (Polonia, Baviera, Saxonia, Lombardía e Austria, todas elas provincias cristiás) preto do novo milenio.

Na actualidade os maxiares representan o 92% da poboación de Hungría.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Korai Magyar Történeti Lexicon (9–14. század) (Encyclopedia of the Early Hungarian History (9th–14th Centuries)) Budapest, Akadémiai Kiadó; 753. ISBN 963-05-6722-9.
  • Károly Kocsis (DSc, Universidade de Miskolc) – Zsolt Bottlik (PhD, Universidade de Budapest) – Patrik Tátrai: Etnikai térfolyamatok a Kárpát-medence határon túli régióiban + CD (for detailed data), Magyar Tudományos Akadémia (Hungarian Academy of Sciences) – Földrajtudományi Kutatóintézet (Academy of Geographical Studies); Budapest; 2006.; ISBN 963-9545-10-4

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: