Pobo portugués

Os portugueses[12] son unha nación e grupo étnico indíxena de Portugal que comparten unha mesma cultura e falan o portugués como lingua principal. A súa relixión predominante é o Cristianismo, principalmente o catolicismo.

Pobo portugués
Damião de Góis
Manuel Maria Barbosa du Bocage
María Pia de Braganza
Poboación
Poboación total:
c  42 millóns a 270 millóns[1]
Rexións principais:
Portugal Portugal10 374 822 (poboación de 2011, sen ter en conta etnia)[2]
Brasil45 000 000-85 000 000 (devanceiros portugueses)[3][4]
Estados Unidos de América Estados Unidos1 471 549 (devanceiros portugueses)
Venezuela1 300 000 (devanceiros portugueses)[5]
Francia1 243 419 (devanceiros portugueses)[6]
Canadá429 850 (devanceiros portugueses)[7]
Sudáfrica Suráfrica300 000
Angola Angola300 000[8]
Suíza Suíza265 000[9][10]
Alemaña Alemaña170 000
Aspectos culturais
LinguaLingua portuguesa e mirandés
RelixiónCatolicismo
Grupos
relacionados
Galegos, españois, italianos, sefardís e outros pobos europeos.[11]

Historicamente, a herdanza dos portugueses inclúe os celtas, preceltas, celtiberos e iberos, os lusitanos, galaicos e célticos, os romanos, os visigodos e os suevos. A República Romana conquistou Iberia durante os séculos -II e -I. Como resultado da colonización romana, a lingua local provén do latín vulgar. Por mor da longa historia do Imperio portugués e a colonización de territorio de Asia, África e América, así como pola emigración histórica e recente, pódense atopar comunidades portuguesas en diversas rexións do planeta, e tamén existe unha importante diáspora. Os portugueses foron un axente salientable da era dos descubrimentos, descubrindo numerosas terras descoñecidas polos europeos en América, África, Asia e Oceanía, axudando tamén no proceso de globalización.

Hoxe en día, Portugal amosa unha sociedade multicultural de todo o mundo, pero con especial presenza das antigas colonias da Lusofonía, como os brasileiros, os caboverdianos, angolanos, mozambicanos, goanos e macaneses.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: