Ponte de Brooklyn

73°59′47″O / 40.705666666667, -73.996333333333

A Ponte de Brooklyn (oficialmente, en inglés, New York and Brooklyn Bridge, "Ponte de Nova York e do Brooklyn") é unha ponte na cidade de Nova York, unha das máis antigas pontes pénsiles nos Estados Unidos, cunha lonxitude de 1.834 metros, e sitúase sobre o río East, ligando os distritos (boroughs) de Manhattan e Brooklyn.

Ponte de Brooklyn
Localización
RíoEast River
CidadeNova York (ManhattanBrooklyn)
Características
Construción1883 (aberta ao público)
Lonxitude1825 m. (486 m. de van)
Ancho26 metros
TipoPénsil ou colgante
MaterialPedra (piares) e aceiro (taboleiro)

Cando foi finalizada era a maior ponte colgante ou de suspensión do mundo, e a primeira na que se empregaron cabos. Foi a primeira ponte de aceiro suspensa do mundo e as súas inmensas torres de soporte convertéronse nas estruturas máis altas de toda a cidade de Nova York.

Historia

A construción comezou en 1869. A ponte de Brooklyn ficou completa catorce anos despois, e foi aberta para os cidadáns o 24 de maio de 1883. O primeiro día, un total de 1.800 vehículos e 150.300 persoas a atravesaron. A construción da ponte custou 188 millóns de dólares e aproximadamente 27 persoas morreron durante os traballos.

Impresión da Currier and Ives (1083).

Cando foi concluída, era a maior ponte por suspensión do mundo - 50% maior que a construción anterior - e converteuse nunha gran ponte de referencia turística. Adicionalmente, durante varios anos as torres foron as maiores esculturas dos Estados Unidos.

A ponte foi deseñada polo arquitecto John Augustus Roebling en Trenton, Nova Jersey. Roebling e a súa empresa construíran pequenas pontes suspensas, como a John A. Roebling Suspension Bridge en Cincinnati, Ohio e a Waco Suspension Bridge en Waca, Texas, estas serviran coma prototipos de enxeñaría para o deseño final.

Cando a construción comezou, o pé de Roebling sufriu unha seria lesión nun accidente, e nunhas poucas semanas morreu de tétano. Cando a ponte foi aberta, a esposa de seu fillo Washington, Emily Warren Roebling, foi a primeira persoa en atravesar; Washington non conseguiu saír da súa casa, por mor á depresión que sufría naquel momento, e asistiu a construción a través dun telescopio.

Na época na que a ponte foi construída, o sistema aerodinámico da ponte non estaba ben estudado e desenvolvido. Roebling deseñou unha ponte que foi seis veces máis forte e resistente.

Atentados terroristas

O primeiro de marzo de 1994 o libanés Rasid Bazil abriu fogo nun coche cargado de xudeus ortodoxos, membros da Lubavitch. Baz foi acusado de asasinato e sentenciado a 141 anos na cadea. Nun principio a acción non foi clasificada como un atentado terrorista, pero máis tarde, o FBI clasificouna como tal. A pista de acceso á ponte no lado de Manhattan foi chamada de Ari Halberstam Memorial Ramp, en honra á vítima.

En 2003, un home chamado Iyman Faris foi condenado a vinte anos no cárcere por fornecer información a Al-Qaida, despois de se descubrir unha trama para facer caer a ponte de Brooklyn cortando os seus cabos metálicos con sopretes.


A ponte de Brooklyn e o centro financeiro de Manhattan, Nova York, EUA.


Véxase tamén

🔥 Top keywords: