PortAventura World
1°09′05″L / 41.08472, -1.15139
Información | |
---|---|
Cidade | Salou e Vilaseca |
Localización | Salou, Tarragona España |
Apertura | 13 de xuño de 2002 (21 anos)(resort)[1] 1 de maio de 1995 (29 anos) (PortAventura Park) |
Antigos nomes | * Universal Mediterranea (2002-2004), * PortAventura (2005-2012), * PortAventura European Destination Resort (2013-2015) |
Empresa | Investindustrial, KKR |
Sitio web | portaventura.es |
PortAventura World é un resort turístico, que tens dous parques temáticos (PortAventura Park e Ferrari Land), un parque acuático (PortAventura Caribe Aquatic Park), un campo de golf (PorAventura Golf) e cinco hoteis temáticos. Está situado nos concellos de Salou e Vila-seca, Cataluña, a unha hora de distancia de Barcelona e a 30 minutos do Aeroporto de Reus. A construción de PortAventura Park foi un esforzo compartido polo grupo Tussauds, pola empresa Anheuser-Busch e pola La Caixa.[2][3][4]
A mascota principal do parque é Woody Woodpecker (o Paxaro Tolo), sendo tamén populares Betty Boop e os monicreques de Sesame Street (Coco, o Monstro das galletas, Epi e Blas...)
PortAventura Park
PortAventura Park é dividido en seis áreas temáticas diferentes, afirman representar seis diferentes lugares no mundo. Logo, as principais atraccións de cada área están listadas.
Mediterrània
- Furius Baco
- Transporte
- Port de la Drassana
- Estació del Nord
Polynesia
- Tutuki Splash
- Canoes
- Kontiki
Far West
- Buffalo Rodeo
- Silver River Flume
- Tomahawk
- Labirinto BlackSmith
- Grand Canyon Rapids
- Carousel
- Wild Buffalos
- Stampida
- VolPaiute
- Crazy Barrels
- Transporte
- Penitence Station
México
- Yucatán
- Los Potrillos
- Armadillos
- Serpiente Emplumada
- Hurakan Condor
- El Secreto de los Mayas
China
- Shambhala
- Dragon Khan
- Angkor
- Cobra Imperial
- Tea Cups
- Área Infantil
- Transporte
- Waitan Port
SésamoAventura
- Tami Tami
- La Granja de Elmo
- Coco Piloto
- Mariposas Saltarinas
- Magic Fish
- El Huerto Encantado
- Waikiki
- LocoLoco Tiki
- El Salto de Blas
- El Árbol Mágico
- Transporte
- SésamoAventura Station
Ferrari Land
En 2016 comezaron os traballos para a construción dun novo resort dedicado á marca italiana Ferrari, ao igual ca o Ferrari World en Abu Dabi, que levaría por nome Ferrari Land. Ferrari land está situado dentro do resort de PortAventura World, ocupando unha superficie de 60.000 m². O parque finalmente inaugurouse o 8 de abril de 2017.
Conta con catro atraccións especiais:
- Red Force, o acelerador vertical máis rápido e alto de Europa, con 112 m de altura e 180 Km/h. 880 m de percorrido[5].
- Dúas torres de rebote de 55 m de altura que están baseadas no pistón dun motor.
- Un circuíto de carreiras familiar de 570 m.
- Ferrari experience: simuladores 4D.
- Ademais contará con oito simuladores, dos cales 6 son para adultos e 2 para nenos.
O orzamento total do proxecto foi duns 100 millóns de €.[6]