Río Bravo, América do Norte

O Río Bravo ou Bravo del Norte, nomeado dese modo en México, ou río Grande nos Estados Unidos, é un longo río do sur dos Estados Unidos e norte de México que flúe en dirección sur e sueste a través de Colorado e Novo México ata chegar á cidade de El Paso (Texas) a partir de onde forma a fronteira sur de Texas (Estados Unidos) e a fronteira norte dos estados mexicanos de Chihuahua, Coahuila, Nuevo León e Tamaulipas, ata desembocar no golfo de México (océano Atlántico). Con 3034 km de lonxitude, é o cuarto río máis longo de América do Norte.

Río Bravo
Río Grande
O río Bravo no parque nacional Big Bend
PaísEstados Unidos de América Estados Unidos
México
NacementoSan Juan Mountains
Lonxitude3034 km
Conca607 965 km2
Caudal medio160 /s
DesembocaduraGolfo de México
Conca do río Grande

Xeografía

O río Bravo no parque nacional Big Bend.

Nace en San Juan Mountains, no suroeste de Colorado. Flúe un curto tramo cara ao leste e entra en San Luis Valley onde vira cara ao sur entrando en Novo México. Pasa preto da capital do estado, Santa Fe, e pola cidade máis poboada Albuquerque. Atravesa todo o estado e comeza a formar a fronteira entre Texas e Chihuahua, pasando polas cidades xemelgas de El Paso (Texas) e Ciudad Juárez (Chihuahua) e seguindo en dirección sueste recibe o río Conchos pola dereita en Ojinaga. A partir de aí vira bruscamente cara ao nordés empezando a formar a fronteira entre Coahuila e Texas, recibe o río Pecos e xira novamente cara ao sueste. Pasa polas localidades de Ciudad Acuña e Piedras Negras, forma un pequeno tramo da fronteira entre Texas e Nuevo León, e por último con Tamaulipas, onde pasa polas cidades de Laredo-Nuevo Laredo, McAllen -Reynosa e Brownsville-Matamoros, desembocando pouco despois no golfo de México.

Historia

Durante o final da década de 1830 e principio da de 1840, este río foi causa do conflito entre a República de Texas e México, xa que a primeira establecía a súa fronteira sur neste río, e México a súa fronteira norte no río Nueces, máis cara ao norte. A finais de 1845 a República de Texas pasou a formar parte dos Estados Unidos, polo que agora era todo o país o que estaba en guerra cos seus veciños do sur (intervención estadounidense en México). Como a guerra a gañaron os do norte en 1848, a fronteira entre ambos os países pasou a formala o río Grande, dende as cidades de El Paso e Ciudad Juárez ata o golfo de México.

O 2 de outubro de 1968 o goberno estadounidense declarou como río salvaxe e paisaxístico nacional un tramo de 89,6 km que discorre por Novo México. O 10 de novembro de 1978 engadiuse á declaración un segundo tramo de 307,6 km e o 4 de maio de 1994 un terceiro tramo de 20,1 km (paisaxístico), tamén situados no estado de Novo México.[1]

O 11 de setembro de 1997 o presidente Bill Clinton designou este río como un dos catorce que integran o sistema de ríos do patrimonio estadounidense.

Navegación

O río Grande non é navegable, xa que tanto a profundidade como a largura e os obstáculos na canle dificultan o seu uso para a navegación fluvial.

Economía

No extremo sur de Texas, na beira norte do río Grande atópase o Val do Río Grande onde se cultiva moi produtivamente algodón, uvas, sorgo, millo e azucre. Tamén é un lugar turístico.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Coker, Caleb (1992). The News from Brownsville: Helen Chapman's Letters from the Texas Military Frontier, 1848-1852. Austin, Tex: Texas State Historical Association. ISBN 0-87611-115-0. 

Ligazóns exrernas

🔥 Top keywords: