Raúl García Carnero

futbolista español

Raúl García Carnero, nado na Coruña o 30 de abril de 1989, é un futbolista galego, que xoga de defensa.

Raúl Carnero
Información persoal
NomeRaúl García Carnero
Nacemento30 de abril de 1989 (34 anos)
Lugar de nacementoA Coruña
Altura1,75 m.
PosiciónDefensa
Carreira xuvenil
1997–2002Victoria
2002–2008Deportivo da Coruña
Carreira sénior
AnosEquiposAprs(Gls)
2008–2012Deportivo B57(0)
2008–2009Montañeros (cedido)27(1)
2010–2012Deportivo da Coruña5(0)
2011–2012Melilla (cedido)28(0)
2012–2013Almería B20(1)
2012–2014Almería13(1)
2014Alavés (cedido)16(0)
2014–2017Alavés96(7)
2017–2019Leganés24(0)
2019Girona10(0)
2019–2020Getafe4(0)
2020 Valladolid12(0)
2020–2023Valladolid14(1)
2022–2023 Deportivo da Coruña23(1)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 15 de agosto de 2023.
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria

Inicios

Comezou a xogar ao fútbol na canteira do Victoria coruñés, club do que fora un dos fundadores e directivo durante anos o seu avó materno, Acacio Carnero, ao que se encontraba moi unido.[1][2] Con 12 anos incorporouse ás categorías inferiores do Deportivo da Coruña. Na tempada 2008/09 chegou ao Fabril e foi cedido ao Montañeros CF, equipo co que logrou o ascenso á Segunda División B.

Deportivo da Coruña

Tras volver ao club branquiazul a súa boa tempada no Fabril levouno a debutar co primeiro equipo en Primeira División o 4 de abril de 2010 fronte ao Atlético de Madrid na tempada 2009/10, na que disputou un total de 5 partidos, baixo o mando de Miguel Ángel Lotina. Continuou no Fabril na tempada seguinte, e tras o descenso deste a Terceira, marchou cedido á UD Melilla.[3]

Almería

Ao remate da tempada non renovou co Deportivo e fichou pola UD Almería B.[4] Alí alternou partidos do filial e do primeiro equipo e conseguiu o ascenso a Primeira con este último, despois de disputar 10 partidos e marcar un gol fronte ao Recreativo de Huelva.[5]

Na tempada 2013/14, o xogador subiu definitivamente ao primeiro equipo do Almería, coincidindo co ascenso á bancada do primeiro equipo do adestrador do filial Francisco, co que xogou nove partidos na primeira rolda antes de ser cedido o 31 de xaneiro de 2014 ao Deportivo Alavés, en Segunda División.[6]

Alavés

O papel do lateral galego no tramo final da liga foi unha das claves da salvación por un punto do Alavés.[7] O 30 de xuño, tras completar a súa cesión, regresou a Almería. Á súa chegada o adestrador Francisco comunicoulle que non contaba con el, polo que despois de rescindir o contrato asinou ata 2016 polo Alavés. Na súa primeira tempada completa co equipo vitoriano converteuse nun xogador clave e na segunda tempada logrou o ascenso a Primeira División, renovando ao final da tempada por un ano máis.[8]

Xa na máxima categoría e con Pellegrino no banco, foi titular na maioría de partidos da primeira volta, pero as súas participacións reducíronse na segunda metade da competición. A pesar de contar coa competencia polo seu posto de Theo Hernandez, rematou a tempada con 22 partidos, 17 deles como titular.[9] Pechou o seu paso polo Alavés cun total de 119 partidos e 7 goles.

Leganés

No verán de 2017, despois de tres tempadas e media en Vitoria, fichou polo Club Deportivo Leganés ata xullo de 2019.[10] Con Asier Garitano como técnico, disputou 24 encontros na súa primeira tempada, contribuíndo a conseguir a permanencia en Primeira. Na tempada 2018/19 volveu ter como adestrador a Pellegrino, pero apenas dispuxo de minutos, xogando só seis partidos durante a primeira volta, polo que acabou por rescindir o contrato en xaneiro.[11]

Girona

A continuación chegou ao Girona FC, tamén de Primeira, co que asinou un contrato ata o final da tempada.[12] No equipo de Eusebio Sacristán fíxose axiña coa titularidade e disputou un total de 12 partidos.

Getafe

O 1 de xullo de 2019 fíxose oficial a súa fichaxe polo Getafe CF, onde dispuxo de escasos minutos, sendo cedido en xaneiro de 2020 ata final de tempada ao Real Valladolid.[13]

Cesión ao Valladolid

No equipo adestrado por Sergio González fíxose co posto de titular trala lesión de Nacho, e acabou dando un rendemento por riba do esperado, motivo polo que o Valladolid decidiu facerse cos seus dereitos en propiedade.[14]

Valladolid

Así, o 28 de xullo de 2020 foi transferido definitivamente ao Valladolid, onde asinou un contrato ata 2023.[15] Despois de disputar nove partidos, sufriu unha lesión nun xeonllo que o obrigou a pasar ata tres veces polo quirófano.[16][17] Despois de case un ano de calvario, regresou aos terreos de xogo en novembro de 2021, cando reapareceu nun partido da Copa do Rei. Regresou á titularidade en varios encontros da tempada e contribuíu ao ascenso do equipo á Primeira División, só un ano despois do descenso.

Cesión ao Deportivo da Coruña

En xullo de 2022 anunciouse o seu regreso ao Deportivo da Coruña, máis dunha década despois, cedido polo Valladolid.[18] Comezou a tempada con protagonismo no lateral esquerdo do equipo coruñés e marcou o gol da vitoria ante o Mérida na terceira xornada, pero unha baixada de rendemento e a chegada do ucraíno Orest Lebedenko deixárono sen apenas minutos na segunda parte da competición.[19] Disputou un total de 23 partidos co Deportivo antes de finalizar a súa cesión e a continuación o seu contrato co Valladolid foi rescindido.[20]

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: