Ramanuja

Ramanuja, Ramanujacharya ou Rāmānujā (|ɽaːmaːnʊdʑɐ|), nado en Sriperumbudur supostamente en 1017 e finado en Sri Rangam en 1137 foi un teólogo e filósofo indio, un dos máis importantes da tradción do Sri Vaishnavism no hinduísmo.[1][2] Os seus fundamentos filosóficos para o devocionalismo influíron no movemento Bhakti.[1][3][4]

Infotaula de personaRamanuja

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1017 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Sriperumbudur Editar o valor em Wikidata
Morte1137 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata (119/120 anos)
Srirangam (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
RelixiónHinduísmo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónteólogo , filósofo , poeta Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua támil Editar o valor em Wikidata

O gurú de Ramanuja foi Yādava Prakāśa, estudoso que formaba parte da tradición monástica do Advaita Vedānta.[5] A tradición Sri Vaishnava afirma que Ramanuja estaba en desacordo co seu gurú e coa non dualista Advaita Vedānta, e pola contra seguiu os pasos dastradicións Tamil Alvārs e os estudosos Nāthamuni e Yamunāchārya.[1] Ramanuja é coñecido por propoñer a subescola de Vishishtadvaita de Vedānta,[6][7] e os seus discípulos foron autores de textos como Shatyayaniya Upanishad.[5] O propio Ramanuja escribiu textos influentes, como o bhāsya dos Brahma Sutras e o Bhagavad Gita, todos eles en sánscrito.[8]

A súa filosofía Vishishtadvaita (cualificada como non dualista) competiu coa filosofía do Dvaita (dualismo teísta) de Madhvāchārya, e coa filosofía Advaita (non dualista) de Ādi Shankara, como a tres filosofías Vedanta máis influentes do segundo milenio.[9][10] Ramanuja presentou a importancia epistémica e soteriolóxica do bhakti, ou a devoción a un deus persoal (no seu caso Vishnu) como medio de liberación espiritual. As súas teorías afirman que existe unha pluralidade e distinción entre Ātman (alma) e Brahman (metafísica, realidade última), mentres que tamén afirmou que hai unidade de todas as almas e que a alma individual ten o potencial de darse conta da identidade co Brahman.[11][10][12]

Traxectoria

Ramanuja naceu na aldea de Sriperumbudur, Tamil Nadu, preto de Chennai.[13] Os seus seguidores no Vaishnava escribiron haxiografías, algunhas delas realizadas séculos despois da súa morte, que a tradición considera verdadeiras.[2][14]

As haxiografías tradicionais afirman que Ramanuja tivo como nai a Kānthimathi e como pai a Asuri Kesava Somayāji.[15] Crese que naceu no mes de Chaitra baixo a estrela Tiruvadhirai.[16] Sitúan a súa vida entre 1017 e 1137, o que supón unha lonxevidade de 120 anos.[17] Estas datas son cuestionadas por estudosos modernos en base a rexistros nos templos e a literatura rexional dos séculos XI e XII fóra da tradición Sri Vaishnava, e suxiren que puido vivir entre 1077 e 1157.[18][15][13]

Ramanuja casou, mudouse a Kānchipuram e estudou nun mosteiro Advaita Vedānta con Yādava Prakāśa como gurú.[3][5][19] Ramanuja e o seu gurú estaban en desacordo con frecuencia na interpretación dos textos védicos, particularmente o Upanishad.[15][20] Ramanuja e Yādava Prakāśa separáronse e posteriormente Ramanuja continuou os seus estudos pola súa contra.[2][19]

Intentou coñecer outro coñecido estudoso do século XI, Yamunāchārya, mais a tradición afirma que este faleceu antes do encontro.[2] Ramanuja era bisneto de Yamunāchārya.[21] Porén, algúns haxiógrafos afirman que o cadáver de Yamunāchārya se ergueu de xeito milagroso e nomeou a Ramanuja como o novo líder da seita de Sri Vaishnava antes liderada por Yamunāchārya.[2] Unha haxiografía indica que tras deixar a Yādava Prakāśa, Ramanuja foi iniciado no Sri Vaishnavismo por Periya Nambi, tamén chamado Mahapurna, outro estudoso Vedānta. Ramanuja renunciou á vida de casado e converteuse en monxe.[22] Non obstante, Katherine Young indica que a evidencia histórica de se Ramanuja mantivo unha vida matrimonial ou se renunciou a esta para ser monxe é incerta.[23]

Ramanuja converteuse en sacerdote do templo de Varadharāja Perumal (Vishnu) en Kānchipuram, onde ensinou que o moksha (liberación do samsara) se consegue non coa metafísica, nirguna Brahman, senón coa axuda dun deus persoal, saguna Vishnu.[19][24]

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: