Tamil Nadu
Tamil Nadu (en támil: தமிழ்நாடு), "Terra dos Támiles", IPA: [t̪ɐmɨɻ n̪aːɽɯ]) é un dos 28 estados da India. A súa capital e maior cidade é Chennai (antigamente chamada Madrás). Tamil Nadu fica no sueste da península india e fai fronteira cos estados de Puducherry, Kerala, Karnataka e Andhra Pradesh. Está cercado polos Gaths Orientais polo norte, pola serra de Nilgiri, as montañas de Anamalai e Palakkad polo oeste, pola baía de Bengala polo leste, polo golfo de Mannar e o estreito de Palk polo sueste e polo océano Índico polo sur.
தமிழ்நாடு (ta) తమిళనాడు (te) തമിഴ്നാട് (ml) ತಮಿಳುನಾಡು (kn) | |||||
Nomeado en referencia a | Tâmeis (pt) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
País | India | ||||
Capital | Chennai | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 72.147.030 (2011) (554,73 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | Lingua támil | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 130.058 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 26 de xaneiro de 1950 | ||||
Organización política | |||||
• Governor of Tamil Nadu (en) | R. N. Ravi (pt) (2021–) | ||||
Órgano executivo | Tamil Nadu Legislative Assembly (en) (Escano: 234) | ||||
• Chief Minister of Tamil Nadu (en) | M. K. Stalin (pt) (2021–) | ||||
Órgano lexislativo | Tamil Nadu Legislative Assembly (en) Circunscrición: 234, (Escano: 234) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | IN-TN | ||||
Páxina web | tn.gov.in |
Durante máis de 2.500 anos, a rexión foi lar da civilización támil. É a terra natal dos támiles e da súa lingua milenaria clásica, o támil. Tamil Nadu é o undécimo maior estado da India en área (con cerca do mesmo tamaño que Grecia) e o sétimo máis populoso. É o quinto maior contribuínte do PIB da India. Tamil Nadu tornouse recentemente no estado indio coa máis elevada taxa de alfabetización, segundo o Ministerio do Desenvolvemento dos Recursos Humanos.
É fonte de variados recursos naturais, grandes templos hindús de arquitectura dravidiana, zonas montañosas, praias e lugares de peregrinación multi-relixiosa. En Tamil Nadu atópanse tres Patrimonios da Humanidade: o Conxunto Monumental de Mahabalipuram, inscrito en 1984, os Grandes Templos Vivos de Chola, en 1987, e o Ferrocarril de Nilgiri, incluído dentro do conxunto dos Camiños de ferro de montaña da India, inscrito na lista da UNESCO en 2005.
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |