Reserva da biosfera

As reservas da biosfera son lugares para proba de proxectos de desenvolvemento sustentable da iniciativa Programa sobre o Home e a Biosfera da Unesco.[1] As reservas abranguen territorios con ecosistemas terrestres, mariños e costeiros nos que se fomentan proxectos que permitan avanzar no desenvolvemento social preservando o valor ecolóxico do territorio. Búscase conservar a biodiversidade e a diversidade cultura, o desenvolvemento económico sostible, e a investigación, a educación e a formación da sociedade.[1]

As reservas da biosfera deben incluír unha ou varias área protexidas, onde se conservará súa biodiversidade, e zonas na que se promoven iniciativas de desenvolvemento sostible e conservación.[2] As entidades locais e os gobernos deben ser quen propoñan novas reservas. Un comité internacional avaliaraos para ser declarados como reserva natural, o cal obrigará aos solicitantes ao cumprimento da súa finalidade.[2]

A lexislación española a través da lei 42/2007 e a lei 5/2019 galega recoñécenas como áreas protexidas por instrumentos internacionais e asentan o marco legal para o recoñecemento da figura de reserva da biosfera no estado e a súa forma de xestión.[3][4]

Dentro da Rede Mundial de Reservas da Biosfera do programa MaB creáronse ata o 2020 714 reservas da biosfera. Están en 129 estados da UNESCO e 21 deles son reservas transfronteirizas.[5][2]

Obxectivos

As reservas da biosfera decláranse dentro dunha Rede Mundial de Reservas da Biosfera no Programa sobre o Home e a Biosfera (en inglés Man and Biosphere programme). A rede de biosferas decláranse nos plenos do programa e, por incumprimento dos obxectivos, pódense anular. Buscan acadar un aproveitamento racional e sustentable dos recursos e dos ecosistemas do territorio. Foméntase o diálogo entre as comunidades locais e a súa a participación en decisións do uso dos recursos da reserva, foméntase a involucración de científicos coa política de conservación da biodiversidade e foméntase as políticas de redución da pobreza e da mellora da calidade de vida das persoas.

O programa MAB promove as colaboracións entre os países dos hemisferios norte cos do sur, e os do sur entre eles. Fomenta o intercambio de experiencias na implantación dos programas das reservas da biosfera e as prácticas aplicadas.

A rede de reservas da biosfera

En 2020 había un total de 701 reservas declaradas en 124 países, das cales 21 son transfronteirizas. Algúns países como Myanmar aínda tiveron a súa primeira reserva en 2015. En xuño de 2017 no consello internacional da reserva da biosfera e no programa biosfera de París decidiuse a retirada de 17 lugares dos Estados Unidos e 3 de Bulgaria. Porén, engadíronse outros 23 de todo o mundo.[6]

Rexións da UNESCONúmero def
Reservas da biosfera
Número de
Estados
África7028
Estados Árabes30111
Asia e o Pacífico14224
Europa e América do Norte30236
América do Sur, América Central e o Caribe12521

Espazos nas reservas da biosfera

Nunha reserva da biosfera débese incluír:[2]

  • unha zona núcleo, área centrais protexida e con especial interese de conservación da súa biodiversidade,
  • unha zona tampón, área de transición arredor das área núcleo na que se limitan as actividades non relacionadas coa súa conservación,
  • e unha zona de transición, na que se promoven as actividades de conservación de biodiversidade e unha economía sustentable.

Isto faise co obxectivo de manter un desenvolvemento sustentábel dos recursos naturais e as comunidades humanas que habitan nelas. Este esforzo require investigación, seguimento, educación e preparación.

Reservas da biosfera en Galiza

Galiza conta con sete reservas da biosfera declaradas. Dúas delas transcenden os límites galegos e teñen parte súa en Asturias (Río Eo, Oscos e Terras de Burón) e Portugal (o Gerês-Xurés).[7]

NomeInterterritorialDeclaraciónÁreaHabitantes
Área de Allariz[8]Non29/06/200521.482 ha.9.867
Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo[9]Non28/05/2013116.724,3 ha.189.902
Gerês-Xurés[10]Si (Galego-Portuguesa)27/05/2009330.874 ha.76.301
Os Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá[11]Non27/10/200653.664 ha.3.252
Río Eo, Ozcos e Terras de Burón[12]Si (galego-asturiana)19/06/2007159.379 ha.30.413
Terras do Miño[13]Non8/11/2002363.668,9 ha.172.966
Ribeira Sacra, Serras do Oribio e Courel[14][15]Non15/09/2021306.534,77 ha.75.000

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: