Robert Grosseteste

Robert Grosseteste (ca. 1175 - 1253) foi un home de estado, filósofo, teólogo e bispo de Lincoln. Nado en Stradbroke, (Suffolk, Inglaterra), de pais de orixe humilde e membro da orde franciscana, foi un erudito en case todos os ámbitos do saber da súa época.

Infotaula de personaRobert Grosseteste

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1168 Editar o valor em Wikidata
Stradbroke (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte9 de outubro de 1253 Editar o valor em Wikidata (84/85 anos)
Buckden (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCatedral de Lincoln (pt) Traducir, transept Sud-Est 53°14′03″N 0°32′09″O / 53.23418, -0.535739
Lincolnshire Editar o valor em Wikidata
Bispo diocesano Lincoln (pt) Traducir
1235 – 1253
← Hugh de Wells (en) TraducirHenry of Lexington (en) Traducir →
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Inglaterra Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Oxford Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónbispo católico (1235–), sacerdote católico (1235–), diácono (1210–), naturalista , astrónomo , matemático , físico , filósofo , teólogo Editar o valor em Wikidata
EmpregadorOrde Franciscana, profesor universitario (1229–1235)
Universidade de Oxford (1214–1229)
Universidade de París (1209–1214)
Universidade de Oxford (1198–1209) Editar o valor em Wikidata
AlumnosRoger Bacon Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua latina Editar o valor em Wikidata
Orde relixiosaOrde Franciscana Editar o valor em Wikidata
ConsagraciónSan Edmundo Rich Editar o valor em Wikidata
Día de festividade relixiosa9 de outubro (Igrexa Anglicana)
17 de novembro (Igrexa episcopal nos Estados Unidos) Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables

WikiTree: Grosseteste-1 Find a Grave: 16356546 Editar o valor em Wikidata
Robert Grosseteste, bispo.

Trátase dun importante representante da historia do pensamento medieval e dun gran precursor da filosofía e a ciencia modernas, en particular pola súa influencia sobre Bacon, Ockham e Duns Scoto, e pola súa intención de introducir o pensamento aristotélico na universidade de Oxford. Probabelmente foi o primeiro chanceler desta universidade.

Recuperou para o método científico a idea grega de explicación. A súa concepción da ciencia implicaba observacións e experimentos. A posibilidade de aplicar a matemática á ciencia física sería desenvolvida, no século XIV, por un grupo de discípulos seus, vinculados ao Merton College, coñecidos como os Calculatores, que desenvolveron unha matemática do movemento.

O seu sobrenome provén do latín indicando Grossum caput (Cabeza grande), seguramente para referirse á súa gran capacidade de estudo e gran memoria.

A súa liña de pensamento propoñía retomar o pensamento de Santo Agostiño, procurando volver sobre a tradición escolástica tal como se formulou na súa orixe.

Obra

Traballou en innumerábeis obras desde os anos 1220 até 1235, e escribiu varios tratados científicos, entre os que están:

  • De sphera. Considérase unha achega importante á astronomía.
  • De accessione et recessione maris. Sobre os movementos das ondas e as mareas.
  • De lineis, angulis et figuris. Razoamento xeométrico en ciencias naturais.
  • De iride. Tratado sobre o arco da vella.

Menciónase habitualmente como un dos maiores comentadores da obra de Aristóteles.

O renacemento da cultura anglosaxoa en Oxford

A cultura cristián e clásica conservárase en Inglaterra mentres se perdera practicamente no continente. Renace co Imperio carolinxio, grazas precisamente ao labor de Alcuino de York, (século VIII), que desde Inglaterra fundou bibliotecas a partir dos libros procedentes da illa e estableceu diversas escolas de ensinanza do trivium e o quadrivium. Continúa o seu labor, no século IX, Xoán Escoto Eríxena.

O movemento cisterciense e a recuperación dos escritos clásicos, sobre todo os de Aristóteles, xunto coas achegas científicas dos árabes, a partir do século XI, renovan en Inglaterra o espírito da Escola de Chartres,[1] especialmente con Xoán de Salisbury.

Pouco a pouco diferénciase Inglaterra da cultura francesa simbolizada na universidade de París, onde permanece máis o espírito dialéctico introducido por Pedro Abelardo e a preocupación por unha filosofía entendida como "ancilla Theologiae".[2]

Deste modo, concretamente en Oxford, rexorde o espírito platónico-agostiñano; estúdanse linguas, sobre todo o árabe, e cultívase o coñecemento da ciencia natural, da man do aristotelismo e os árabes, sendo de especial interese o estudo da matemática, menosprezada polos teólogos de París. Foi de especial relevancia o espírito da orde franciscana fronte ao espírito da orde dominica, que prevalece no continente.[3]

Cosmoloxía da luz

Grosseteste coñeceu os tratados de óptica árabes, e baixo a influencia do neoplatonismo, considerou a luz como a materia orixinal creada por Deus do nada e a partir da cal se substancia o universo enteiro.

Seguindo Grosseteste, a luz é unha substancia corpórea, pero enormemente próxima ao incorpóreo, sendo a súa principal propiedade xérase a si mesma perpetuamente; xerada nun punto, expándese en forma esférica en todas as direccións, de modo instantáneo. Na súa expansión vai enrarecéndose até chegar a un límite (pois a materia non pode ser infinita).

Por estenderse nas tres dimensións do espazo, a luz xera a corporeidade. Na súa difusión estende consigo a materia da que é inseparábel. Deste xeito a luz é a primeira forma creada por Deus na materia prima á que vai unida e constitúe así o principio do universo que contemplamos.

O límite máximo de propagación da luz constitúe o firmamento, que reflicte á súa vez a luz cara ao centro do mundo. Ao reflectirse a luz xera as nove esferas celestes, sendo a máis inferior a da Lúa. Por encima desta esfera non hai movemento, mentres que por debaixo gradúanse e mestúranse os catro compoñentes: lume, aire, auga e terra.

Coñecemento da ciencia da natureza

Máis que por descubrimentos especiais, a importancia de Grosseteste provén de introducir e destacar a importancia das matemáticas no coñecemento científico da natureza física.

utilitas considerationis linearum, angulorum et figurarum est maxima, quoniam impossibile est sciri naturalem philosophiam sine illis: valent in toto universo et partibus eius absolute
Robert Grosseteste [4]

(É moi importante a utilidade de considerar o estudo das liñas, dos ángulos e das figuras, porque é imposíbel coñecer a filosofía natural [5] sen elas: valen absolutamente para todo o universo e as súas partes)

Pois as accións naturais propáganse segundo as leis da reflexión e da refracción. Por iso hai que coñecer a fondo as figuras fundamentais: a esfera, porque é o modo de propagación da luz; e a pirámide, porque é o modo máis poderoso no que un axente pode exercer nunha superficie partindo dun punto. Todo pode explicarse mediante os principios da óptica e da xeometría.

Tales principios son a base de inspiración para o seu discípulo Roger Bacon.

O coñecemento

O home ocupa o centro do mundo, o mesmo que Deus é o centro da creación. A alma, por tanto, obra tamén en función da luz mediante o corpo e os sentidos. A alma obra sobre o corpo, pero non viceversa, tal como pensa San Agostiño. Por iso o entendemento é unha facultade da alma, non do corpo, e non necesita elemento corporal ningún para obrar e coñecer. Contemplando as cousas materiais pode ir abstraendo as formas da natureza, segundo o modo platónico, liberándose pouco a pouco do peso material do corpo; pero só as almas elixidas, liberadas polo amor de Deus poden, nesta vida, chegar á contemplación das ideas.

Como non podía ser doutro modo, a teoría da iluminación de Santo Agostiño constitúe a base da súa teoría do coñecemento.

O seu espírito científico é un claro antecedente da idea galileana acerca de que o universo está escrito en linguaxe matemática.[6]

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Bibliografía

  • Crombie, A. C. (1953): Robert Grosseteste and the Origins of Experimental Science, 1100-1700. Oxford: Clarendon Press. ISBN 0-19-824189-5
  • Ferrater Mora, J. (1984): Diccionario de Filosofía. Madrid: Alianza Editorial. (4 vols.) ISBN 84-206-5204–0
  • Gilson, E. (1965): La filosofía en la Edad Media. Madrid: Gredos.
  • Grosseteste, R. (1972): Suma de los ocho libros de la física de Aristóteles (Summa Physicorum). Buenos Aires: Eudeba. Esta edición inclúe o texto latino, un estudo crítico, algúns datos biográficos sobre o autor e varias notas de J. E. Bolzán e C. Lértora Mendoza.
  • Hirschberger, J. S.J. (1968): Historia de la Filosofía. Barcelona: Herder. (2 vols.)
  • Honderich, T. (ed.) (2001): Enciclopedia Oxford de Filosofía. Madrid: Tecnos. ISBN 84-309-3699-8
  • Lértora Mendoza, Celina Ana (2003): Roberto Grosseteste: metafísica: siglo XIII. Editorial Del Rey. ISBN 950-9614-08-4
  • Lopéz Cuétara, José Miguel (2005): El aristotelismo en el pensamiento de Robert Grosseteste. Verdad y vida.

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: