Secretaría de Estado

A secretaría de Estado é unha denominación de distintos departamentos de alto nivel da administración pública dun goberno, que varían en forma, competencias e capacidades dependendo do país e da época de que esteamos a falar.

  • Nalgúns casos, como o da España actual, unha secretaría de estado é cada un dos departamentos en que se divide a Administración pública do Goberno e que dependen dun ministerio.
  • Noutros países pode corresponderse cun ministerio.
  • En España, durante os séculos XV-XVII, o cargo de secretario de estado correspondía ao actual presidente do Goberno.
  • Nos Estados Unidos, a secretaría de estado corresponde co ministerio de asuntos exteriores.
  • Na Igrexa Católica, o secretario de Estado preside, baixo o Papa, a Curia Romana, con funcións similares ás dun primeiro ministro e xefe da diplomacia.
🔥 Top keywords: