Selección de fútbol de Armenia

A Selección de fútbol de Armenia (en armenio: Հայաստանի ֆուտբոլի ազգային հավաքական, Hayastani futboli azgayin havak'akan) é o equipo que representa a Armenia nas competicións internacionais oficiais de fútbol. Depende da Federación Armenia de Fútbol (Հայաստանի Ֆուտբոլի Ֆեդերացիա, Hayastani Futboli Federats'ia), afiliada á UEFA e á FIFA. A selección naceu despois da independencia do país da Unión Soviética e a sucesiva división da Comunidade de Estados Independentes.

Armenia
Actual campión da Copa do Mundo
Actual campión da Eurocopa
Actual campión da Copa de África
Actual campión da Copa América
Actual campión da Copa Ouro
Actual campión da Copa Asiática
Actual campión da Copa das Nacións da OFC
Na casa
Fóra
AsociaciónHayastani Futboli Federats'ia
ConfederaciónUEFA (Europa)
Código FIFAARM
AlcumeHavaqakan (Equipo colectivo)
Clasificación FIFA102 (11 de xuño de 2020)
Clasificación ConIFA{{{Ranking ConIFA}}}
SeleccionadorEspaña Joaquín Caparrós
Máis encontrosSargis Hovsepyan (132)
Máximo goleadorHenrikh Mkhitaryan (29)
Estrea internacional
Armenia 0 − 0 Moldavia
Iereván, Armenia; 14 de outubro de 1992
Maior vitoria
Armenia 7 − 1 Guatemala Guatemala
Os Ánxeles, Estados _Unidos; 28 de maio de 2016)
Maior derrota
Italia Italia 9 − 1 Armenia
Palermo, Italia; 18 de novembro de 2019)

Historia

O primeiro encontro oficial de Armenia foi xogado o día 12 de outubro de 1992 contra Moldavia, outra república recentemente saída do bloque soviético. En 1992 Armenia convértese en membro da FIFA e da UEFA. Desde entón o equipo nacional armenio sumou case un cento de partidos, sen resultados de relevancia, salvo algunha vitoria sobre equipos de pouca importancia (o máis destacado son dúas vitorias sobre Irlanda do Norte e Paraguai). Participou, sen moita fortuna, en cualificacións para os mundiais de fútbol e as eurocopas.

Adestradores

AdestradorPeríodoXog.Vit.Emp.Der.GFGC% Vit.
Eduard Markarov1992–199461231516,7%
Samvel Darbinyan1995–1996911752111,1%
Khoren Hovhannisyan1996–199716259104112,5%
Souren Barseghyan1998–199914428111928,6%
Varuzhan Sukiasyan2000–200117377172717,6%
Andranik Adamyan (interino)2002110020100%
Oscar López20022011240%
Andranik Adamyan (interino)20031001020%
Mihai Stoichiță2003–200410415111740%
Bernard Casoni2004–2005811651812,5%
Henk Wisman2005–2006811651412,5%
Ian Porterfield2006–2007102445920%
Vardan Minasyan (interino)
Tom Jones (interino)
200761142816,7%
Jan Poulsen2008–20091234591925%
Vardan Minasyan2009–20143914421565835,9%
Bernard Challandes2014–2015911792311,1%
Sargis Hovsepyan (interino)20154013290%
Varuzhan Sukiasyan2015–20167214121228,6%
Artur Petrosyan2016–201810514212150%
Vardan Minasyan201841213425%
Armen Gyulbudaghyants2018–201910525252041,67%
Abraham Khashmanyan2019−202020021100%
Joaquín Caparrós2020-0000000%

Xogadores máis destacados

  • Hamlet Mkhitaryan.
  • Edgar Manucharyan.
  • Roman Berezovsky.
  • Eric Assadouryan.
  • Andrei Movsessyan.
🔥 Top keywords: