Tabú

O tabú[1] era, orixinalmente, unha institución de fundamento relixioso que atribuía carácter sagrado a determinados seres, obxectos ou lugares, prohibindo calquera contacto con eles. Posteriormente, o termo pasou a designar calquera tipo de prohibición.[2]

Etimoloxía

A palabra é de orixe polinesia. Deriva do tabu tongano e do tapi maorí, termos que se refiren á prohibición dun determinado acto, baseado na crenza de que tal acto invadiría o campo do sagrado, o que implica perigo ou maldición para os individuos comúns.

O termo foi rexistrado por primeira vez polo capitán James Cook durante a súa visita a Tonga en 1771. Despois introduciuse no idioma inglés e posteriormente estendeuse a outros idiomas. Aínda que os tabús foron asociados inicialmente con culturas polinesias no Pacífico Sur, os tabús están ou estiveron presentes en practicamente todas as sociedades.

Gravado representando mulleres de Tonga ao redor de 1800. Tonga foi o primeiro lugar onde foi rexistrado o uso do termo "tabú".

Interpretación do concepto

Segundo Sigmund Freud, o tabú é a base da "Idolatrí­a" e a violación dese interdito provocaría un castigo divino, unha "Maldición", unha "Herdanza Maldita", que incidiría sobre o individuo culpado ou sobre todo o grupo social. Para Freud e Levi-Strauss, expresaría un sentimento colectivo sobre un determinado comportamento ou asunto, dividindo un ambiente entre "amigos" dun lado e "inimigos" do outro lado. Segundo Sigmund Freud, o incesto e o parricidio serían os únicos tabús universais a nivel individual, constituíndo a base da civilización.[3] Porén, aínda que o canibalismo, o asasinato dentro do mesmo grupo de parentesco e o incesto sexan tabú na maiorí­a das sociedades, procuras posteriores encontraron excepcións para todos eles: por tanto, non se coñece ningún tabú que sexa universal.[4][5][6][7][8][9][10]

Tabú lingüístico

En lingüística, é a imposición dunha prohibición de dicir nomes de certas cousas ou persoas. Normalmente, para escapar aos tabús, utilízanse eufemismos ou disfemismos.[11]

Os tabús da linguaxe divídense en tres grupos, de acordo co uso ou a motivación psicolóxica: uns son debido ao medo, outros a un sentimento de delicadeza e outros, aínda, a un sentido de decencia e decoro. Os tabú de medo teñen que ver co pavor en relación aos seres sobrenaturais, que impuxeron tabú sobre os seus nomes, como, por exemplo, o demo. As criaturas e as cousas vulgares dotadas de calidades sobrenaturais poden tornarse albo de terror e tabú. Os nomes dos obxectos inanimados poden tamén ser afectados por unha prohibición. Os de delicadeza derivan da tendencia a evitar referencias directas a asuntos desagradabades, tales como a doenza, a morte ou defectos físicos e mentais. Os de decencia son xeralmente asociados a sexo e/ou moral. Chámanse tabuismos as palabras, locucións ou acepcións tabú, consideradas groseiras ou ofensivas demais na maiorí­a dos contextos.[12]

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

  • Tapu
🔥 Top keywords: