Tergo

Co termo tergo (en latín científico tergum, plural terga) desígnase, nos artrópodos, a parte dorsal do exoesqueleto de cada unha das rexións do seu corpo que seguen á cabeza. Nelas, a cutícula está endurecida (esclerito).[1][2]

Terxitos (cos paranota laterais) dun miriápodo.

O tergo adoita dividirse en varios segmentos, correspondentes a cada un dos seus metámeros, denominadas terxitos.[1][2] Así, por exemplo, nun segmento torácico, o tergo dos insectos pode dividirse nun noto anterior e un escutelo posterior. As expansións laterais dun terxito coñécense como paranota ou carinae.

O seu extremo anterior chámase 'base' e o seu bordo posterior, 'ápice' ou 'marxe'.[1]

A porción ventral dun segmento denomínase esterno.

Etimoloxía

O termo zoolóxico deriva do latín tergum, -i, "costas" (do home); "costas", "dorso" (dun animal).

Exemplos

Tergo abdominal (dividido en varios terxitos) dunha abella.
Sinalado co número 19, un terxito abdominal dunha avespa.
Terxitos torácicos de varios trilobites.
Sete escleritos claramente visíbeis na parte posterior dunha femia preñada de escorpión.

Notas

🔥 Top keywords: