The Cat in the Hat

libro de Dr. Seuss

The Cat in the Hat é un libro infantil escrito por Dr. Seuss. O personaxe principal é un gato antropomórfico, alto, traveso, vestido cun chapeu de copa a raias vermellas e brancas e unha gravata de lazo vermello.

The Cat in the Hat
Pai lendo á súa filla The Cat in the Hat.
Título orixinalThe Cat in the Hat
Autor/aDr. Seuss
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
LinguaInglés
ColecciónTheodor Seuss Geisel
Xénero(s)Literatura infantil
EditorialRandom House
Data de pub.12 de marzo de 1957
Páxinas61
ISBNISBN 978-0-394-80001-1
Precedido porHow the Grinch Stole Christmas!
Seguido porThe Cat in the Hat Comes Back
editar datos en Wikidata ]

Recensión

Coa serie Introducing... book series (libros para principiantes) que inaugurou The Cat, Seuss promoveu tanto ao seu nome, como á alfabetización elemental nos Estados Unidos.[1]

The Cat aparece en seis dos libros para nenos escritos por Seuss:

  1. The Cat in the Hat
  2. The Cat in the Hat Comes Back
  3. The Cat in the Hat Song Book
  4. The Cat's Quizzer
  5. I Can Read with My Eyes Shut
  6. Daisy-Head Mayzie

Contexto

Theodor Geisel, baixo o pseudónimo Dr. Seuss, escribiu o libro The Cat in the Hat en resposta ao artigo do 24 de maio de 1954 da revista Life, escrito por John Hersey, titulado "Why Do Students Bog Down on First R? A Local Committee Sheds Light on a National Problem: Reading" "(Por que os estudantes se atascan en primeiro grao? Un comité local dá luz a un problema nacional: a lectura)". No artigo, Hersey foi crítico dos libros que usaban os mestres:

Na aula, os nenos e as nenas enfróntanse con seis libros que teñen ilustracións insípidas que representan a vida especialmente ordenada doutros nenos. (Os libros para primaria existentes) teñen como característica nenos e nenas anormalmente corteses e anormalmente limpos (...) Nas librarías, calquera persoa pode comprar libros máis brillantes e animados con animais estraños e marabillosos e nenos que se comportan de forma natural, é dicir, ás veces pórtanse mal.
In the classroom boys and girls are confronted with books that have insipid illustrations depicting the slicked-up lives of other children... All feature abnormally courteous, unnaturally clean boys and girls.... In bookstores anyone can buy brighter, livelier books featuring strange and wonderful animals and children who behave naturally, i.e., sometimes misbehave...

Os argumentos de Hersey enumeráronse en máis de dez páxinas da revista, que era líder nos Estados Unidos nese momento. Tras detallar moitos temas que contribúen ao problema relacionado cos niveis de lectura dos estudantes, Hersey preguntou sobre o final do artigo:

Por que non teñen (os libros para primaria) imaxes que amplíen, non que reduzan, a riqueza asociativa dos nenos que lle dan ás palabras que ilustran (debuxan) como os xenios marabillosamente imaxinativos entre os ilustradores infantís, Tenniel, Howard Pyle, Seuss, Walt Disney.
Why should [school primers] not have pictures that widen rather than narrow the associative richness the children give to the words they illustrate—drawings like those of the wonderfully imaginative geniuses among children's illustrators, Tenniel, Howard Pyle, "Dr. Seuss", Walt Disney?

William Ellsworth Spaulding, amigo de Geisel, que era entón o director da división de educación Houghton Mifflin, convídalle a cear en Boston e proponlle a Ted "escribir e ilustrar un libro para nenos de entre seis e sete anos de idade que xa dominaran a mecánica básica da lectura. Escríbeme unha historia que alumnos de primeiro grao non poidan deixar de lela!"[2]

Spaulding fornécelle a Geisel unha lista de 348 palabras que cada neno de seis anos debería saber, e insistiu en que o vocabulario do libro debería limitarse a 225 palabras. Nove meses máis tarde, o Dr. Seuss terminara The Cat in the Hat, utilizando 223 palabras que aparecían na lista. A historia é de 1629 palabras de extensión e utiliza un vocabulario de só 236 palabras distintas, das cales 54 atópanse unha vez e 33 repítense dúas veces. Só unha palabra ''outro'' (another) ten tres sílabas, mentres que 14 palabras ten dúas e o resto (221) son monosilábicas. As palabras máis longas son ''algo'' (something) e ''xoguetes'' (playthings). Debido a que Geisel estaba baixo contrato con Random House, Houghton Mifflin conservou os dereitos para as escolas e Random House conservou os dereitos para as vendas.

Argumentos

The Cat in the Hat

The Cat in the Hat (1957) é o primeiro libro co personaxe do título. Nela, the Cat trae, dunha forma alegre, exótica e exuberante, caos a unha familia de dous fillos, un irmán (nunca se menciona o seu nome, é o narrador da historia) e unha irmá (Sally), un día chuvioso, mentres que a súa nai déixaos sen atención. O gato realiza todo tipo de trucos extravagantes (nun momento equilibra un vaso de auga, un pouco de leite, un pastel, tres libros, o peixe, un anciño, un barco de xoguete, un home de xoguete, un ventilador vermello, e o seu paraugas mentres se atopa nunha bóla) para divertir aos nenos. Logo, o Gato, obtén unha caixa desde o exterior, dentro da caixa hai dúas criaturas que comezan a voar cometas dentro da casa. As pallasadas do Gato son en balde. A mascota da familia é un peixe intelixente e parlante. No final, os nenos probaron ser exemplares, atrapando ás Criaturas e pondo ao Gato baixo control. Para compensar o caos que causou, o Gato limpa a casa ao saír, desaparecendo un segundo antes de que a nai chegase. A nai pregúntalle aos seus fillos que fixeron mentres ela estaba fóra, pero non lle responden. A historia termina coa pregunta: "What would you do if your mother asked you?" (Que farías se a túa nai che preguntase?)

O libro foi moi popular desde a súa publicación, e un logotipo co gato adorna todas as publicacións do Dr. Seuss e películas de animación producidas despois de The Cat in the Hat. Seuss escribiu o libro porque sentía que debería haber material máis entretido e divertido para os lectores principiantes. Desde un punto de vista literario, o libro é unha proeza de habilidade, xa que mantén un vocabulario simple e conta unha historia entretida. Os críticos literarios de cando en vez escriben ensaios sobre a obra de recreación, dado que se entreteñen con temas tales como a ausencia da nai e a caracterización psicolóxica ou simbólica do gato, as Criaturas e os peixes.

Máis de 11 millóns de copias de The Cat in the Hat imprimíronse. Traduciuse a máis de 12 idiomas diferentes[3], incluíndo ao Latín, baixo o título Cattus Petasatus[4], e ao Yidis, co título Di Kats der Payats. Baseado nunha enquisa en Internet realizada no 2007 nomeouse ao libro como un dos libros no Top 100 de libros para mestres.[5] Foi un dos Top 100 de libros de imaxes de todos os tempos nunha enquisa realizada no 2012.[6]

The Cat in the Hat vén de novo

The Cat reaparece novamente en 1958. Unha vez máis, a nai deixou a Sally e o seu irmán sós durante o día, pero desta vez, dilles que deben eliminar unha enorme cantidade de neve, mentres ela está fóra. Mentres traballan, o Gato aparece comendo unha torta na bañeira coa auga correndo, mollando o piso, e deixa un residuo de cor rosa. Os intentos para limpalo fallan, xa que só conseguen transferir o problema a outros lugares, incluíndo un vestido, a parede, un par de zapatos de dez dólares, unha alfombra, a cama, e logo ao exterior da casa, xerado unha desorde. O Gato revela que o Little Cat A está a descansar dentro do seu chapeu. Á súa vez, Little Cat A quítase o chapeu para revelar a B Little Cat, que revela ao C Little Cat, e así sucesivamente. A continuación, ten lugar a guerra entre a desorde e o Little Cat A a través de Little Cat V, que utilizan un arsenal de armas primitivas, incluíndo pistolas de pop, morcegos, e unha cortadora de céspede. Desafortunadamente, a primeira batalla para eliminar ao desastre só o fai cubrir todo o terreo. Little Cat V, W, X, e Y, quítanse o chapeu para descubrir ó microscópico Little Cat Z, quen ao quitarse o seu chapeu aparece unha Voom, que limpa o patio de atrás e pon a todos os outros gatos pequenos de novo no chapeu do Gato grande. O Gato vaise, coa promesa de que regresará algún día, e traerá a todos os seus gatos pequenos .O libro termina nun estalido de versificación extravagante, coa lista completa dos gatos pequenos ordenados alfabeticamente realizando rimas métricamente perfectas organizadas en cuartetas, deseñadas para ensinar aos lectores o alfabeto.

Adaptacións

Atracción en Seuss Landing baseada no libro.

Animacións

  • The Cat in the Hat, un especial de televisión, baseado no libro do Dr. Seuss, estreado na canle CBS o 10 de marzo de 1971. Allan Sherman foi o responsable de darlle vida ao Gato.
  • The Cat in the Hat versión en Ruso, 1984.
  • The Grinch Grinches the Cat in the Hat, un especial musical de televisión de Estados Unidos emitido en 1982; un cruzamento no que The Cat in the Hat coñece a outro dos personaxes de Dr. Seuss, o Grinch.
  • The Cat in the Hat Knows a Lot About That!, unha serie animada de televisión creada en 2010 emitida por PBS Kids nos Estados Unidos, por Treehouse TV no Canadá e por Discovery Kids en Latinoamérica protagonizada por Martin Short actuando como o Gato.

Películas

A adaptación cinematográfica do libro foi lanzada no ano 2003. Foi producida por Brian Grazer e dirixida por Bo Welch, e ten como actor principal a Mike Myers caracterizando ao Gato, e a Dakota Fanning como Sally. O irmán de Sally, quen non é nomeado no libro, é coñecido nesta versión como Conrad e interpretado por Spencer Breslin.

Jacob Myers protagonizando ao Gato no musical Seussical

Seussical

O musical de Broadway, Seussical combina diferentes historias do Dr. Seuss, xuntando aos seus personaxes. O Gato é o narrador, así como tamén personaxes menores.

Libro en CD

Living Books creou un libro en CD da historia. Software MacKiev trouxo esta versión electrónica do libro para o Mac OS X. Oceanhouse Media publicou a aplicación para iPhone, iPad e Android[7] que recibiu eloxios da crítica.[8]

Seuss Landing

A illa forma parte do parque temático Islands of Adventure, dos Estudos Universal en Orlando . Foi inaugurada en 1999, o paseo leva aos visitantes nunha viaxe colorida cara a historia de The Cat in the Hat.

Nomeado no Senado dos Estados Unidos

No 110º Congreso, Harry Reid comparou o impás sobre un proxecto de lei de reforma de inmigración co caos creado polo Gato en The Cat in the Hat. Leu liñas do libro desde a sala do Senado e resolveu: "If you go back and read Dr. Seuss, the cat manages to clean up the mess.".[9][10]

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

🔥 Top keywords: