The Simpsons (tempada 8)

A oitava tempada da serie de animación The Simpsons emitiuse orixinalmente dende o 27 de outubro de 1996 até o 18 de maio de 1997, comezando con « Treehouse of Horror VII». Os produtores executivos da oitava tempada foron Bill Oakley e Josh Weinstein.[1]​ A tempada contivo dous episodios que orixinalmente foron producidos para a sétima, a cal tamén foi producida por Oakley e Weinstein. Tamén incluíu dous episodios nos cales os show runners foron Al Jean e Mike Reiss.

A oitava tempada gañou varios premios, incluíndo dous premios Emmy: «Homer's Phobia» gañou o premio Mellor Programa Animado (de duración menor a unha hora) en 1997,[2]​ e Alf Clausen e Ken Keeler gañaron na categoría «Mellor Logro Individual en Música e Letras» coa canción «We Put The Spring In Springfield» do episodio «Bart After Dark».[3] Clausen tamén recibiu un nomeamento para os Emmy por «Mellor Dirección Musical» por «Simpsoncalifragilisticexpiala(Annoyed Grunt)cious».[4] «Brother from Another Series» foi nomeado para os Emmy por «Son dunha Serie de Comedia ou un Especial».[5]​ Por «Homer's Phobia», Mike Anderson gañou o Premio Annie ao «Mellor Logro Individual: Dirección dunha Produción Televisiva», e o premio WAC por «Mellor Director dunha Serie de Horario Central» na Celebración de Animación Mundial de 1998.[6]​ A Gay & Lesbian Alliance Against Defamation premiou ao episodio co premio GLAAD Media por «Mellor Episodio de Televisión».[7]

A versión en DVD foi lanzada á venda na Rexión 1 o 15 de agosto de 2006, na Rexión 2 o 2 de outubro de 2006, e na Rexión 4 o 27 de setembro de 2006. Os DVD foron lanzados en dúas formas distintas: unha cabeza da forma da de Maggie para unir as formas das cabezas de Marge e Homer das tempadas anteriores, e tamén unha caixa rectangular estándar. Como o compilado da sétima tempada, ambas as versións están á venda por separado.

Lista de episodios

#Data da emisión orixinalCódigo de produciónTítulo
154 - 8.0127 de outubro de 19964F02"Treehouse of Horror VII"
155 - 8.023 de novembro de 19963F23"You Only Move Twice"
156 - 8.0310 de novembro de 19964F03"The Homer They Fall"
157 - 8.0417 de novembro de 19964F05"Burns, Baby Burns"
158 - 8.0524 de novembro de 19964F06"Bart After Dark"
159 - 8.061 de decembro de 19964F04"A Milhouse Divided"
160 - 8.0715 de decembro de 19964F01"Lisa's Date with Density"
161 - 8.0829 de decembro de 19964F07"Hurricane Neddy"
162 - 8.095 de xaneiro de 19973F24"El Viaje Misterioso de Nuestro Jomer (The Mysterious Voyage of Homer)"
163 - 8.1012 de xaneiro de 19973G01"The Springfield Files"
164 - 8.1119 de xaneiro de 19974F08"The Twisted World of Marge Simpson"
165 - 8.122 de febreiro de 19974F10"Mountain of Madness"
166 - 8.137 de febreiro de 19973G03"Simpsoncalifragilisticexpiala(Annoyed Grunt)cious"
167 - 8.149 de febreiro de 19974F12"The Itchy & Scratchy & Poochie Show"
168 - 8.1516 de febreiro de 19974F11"Homer's Phobia"
169 - 8.1623 de febreiro de 19974F14"Brother from Another Series"
170 - 8.172 de marzo de 19974F13"My Sister, My Sitter"
171 - 8.1816 de marzo de 19974F15"Homer vs. The Eighteenth Amendment"
172 - 8.196 de abril de 19974F09"Grade School Confidential"
173 - 8.2013 de abril de 19974F16"The Canine Mutiny"
174 - 8.2120 de abril de 19974F17"The Old Man and the Lisa"
175 - 8.2227 de abril de 19974F18"In Marge We Trust"
176 - 8.234 de maio de 19974F19"Homer's Enemy"
177 - 8.2411 de maio de 19974F20"The Simpsons Spin-Off Showcase"
178 - 8.2518 de maio de 19974F21"The Secret War of Lisa Simpson"

Notas

Bibliografía

  • Richmond, Ray; Coffman, Antonia, eds. (1997). The Simpsons: A Complete Guide to Our Favorite Family (en inglés). Harper Collins Publishers. ISBN 0-00-638898-1.
🔥 Top keywords: