2 de febreiro

data
<<Febreiro>>
LuMaXoVeDo
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
26272829
2024
Todos os días
1 de febreiro
 
2 de febreiro
 
3 de febreiro

O 2 de febreiro é o 33º día do ano do calendario gregoriano. Quedan 332 días para finalizar o ano, 333 nos anos bisestos.

Acontecementos

Nacementos

James Joyce.

Mortes

Bertrand Russell.

Festas e celebracións

  • Día Mundial das Zonas Húmidas, en conmemoración da data na que se aprobou a Convención de Ramsar sobre Zonas Húmidas de Importancia Internacional.
  • Neste día celébrase o Día das Candeas ou Día da Candeloria (forma galega que foi substituída no uso pola castelá Candelaria). Existe o costume de bendicir as candeas na misa que se celebra neste día, candeas que logo se gardan na casa como protección contra o trono e para axudar a ben morrer ós moribundos, a quen se lles pon unha na man xunto a outras cousas santas.

Tamén é tradicional ver neste día unha festa do amor entre os paxaros (Pola Candeloria casan os paxariños e vaise a galiñola). En San Domingos de Bonaval celebrábase unha misa na que casaban dúas pombas, que se ceibaban ó rematar.

O tempo que faga o día da Candeloria prognostica o que vai facer: Se treboa de entre a Candeloria e a Anunciación, corenta días máis de inverno son.

Outros

  • Santoral: A Presentación do Señor; Nosa Señora da Candelaria; Nosa Señora da Purificación; San Cornelio, centurión; San Lourenzo, bispo; San Cándido, mártir.

Os 366 días do ano

🔥 Top keywords: