Theda Bara

Theodosia Burr Goodman, nada en Cincinnati (Ohio) o 29 de xullo de 1885 e finada nos Ánxeles (California) o 7 de abril de 1955 foi unha actriz estadounidense coñecida como Theda Bara.

Infotaula de personaTheda Bara

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Theodosia Burr Goodman Editar o valor em Wikidata
29 de xullo de 1885 Editar o valor em Wikidata
Cincinnati, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte7 de abril de 1955 Editar o valor em Wikidata (69 anos)
Os Ánxeles (Estados Unidos de América) Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Cancro de estómago Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaForest Lawn Memorial Park Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversity of Cincinnati (en) Traducir
Walnut Hills High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Cor do peloPelo negro Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz de cinema , actriz de teatro , actriz Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1914 Editar o valor em Wikidata - 1926 Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeCharles Brabin (1921–1955)
IrmánsLori Bara (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0000847 Allocine: 69376 Rottentomatoes: celebrity/theda_bara Allmovie: p3781 TCM: 710366 IBDB: 30828
WikiTree: Goodman-5563 Find a Grave: 1993 Editar o valor em Wikidata

Bara foi unha das actrices máis populares do cinema mudo e unha das primeiras sex symbols[1] do cinema anterior ao código de produción. Os seus papeis de femme fatale valéronlle o alcume de The Vamp, abreviatura de vampire ("vampiresa"). Bara traballou en máis de corenta filmes entre 1914 e 1926, pero a maioría desapareceron nun incendio en 1937. Tralo seu matrimonio con Charles Brabin en 1921, actuou en dous filmes e retirouse en 1926, sen aparecer nunca nun filme sonoro.

Traxectoria

Nada no barrio de Avondale, Cincinnati, o seu pai era Bernard Goodman (1853–1936),[2] un próspero xastre xudeu nado en Polonia. A súa nai, Pauline Louise Françoise de Coppett (1861–1957), naceu en Suíza.[3] Bernard e Pauline casaron en 1882 e tiveron outros dous fillos, Marque Marque (1888–1954)[4] e Esther (1897–1965),[2] que tamén foi actriz co nome artístico de Lori Bara e casou co londiniense Francis W. Getty en 1920.

Bara graduouse no instituto en 1903 e asistiu á Universidade de Cincinnati durante dous anos, tras os que comezou a actuar en producións teatrais. Tras mudarse a Nova York en 1908, debutou en Broadway en The Devil (1908).

A maioría dos primeiros filmes de Bara filmáronse na costa leste, especialmente en Fort Lee, Nova Jersey.[5] O ascenso de Hollywood como centro da industria cinematográfica estadounidense levouna a marchar aos Ánxeles para rodar Cleopatra (1917), que foi o seu maior éxito. Aínda que non se conserva o filme si existen moitas fotografías de Bara vestida como Cleopatra.

Bara en Cleopatra (1917)

Entre 1915 e 1919, Bara foi a maior estrela do estudio Fox, pero cansa de interpretar sempre o papel de vampiresas deixou expirar o seu contrato de cinco anos. A súa carreira esmoreceu sen o apoio da Fox e tras The Lure of Ambition (1919) non interveu en ningún filme ata The Unchastened Woman (1925) para Chadwick Pictures Corporation. Bara retirouse tras rodar un último filme, a curtametraxe cómica Madame Mystery (1926), producida Hal Roach e dirixida por Stan Laurel, na que parodiaba a súa imaxe de vampiresa.

No cumio da súa fama Bara gañaba 4000 dólares á semana. Para ampliar a súa imaxe exótica, durante a promoción de Cleopatra os publicistas de Fox Studio notaron que o seu nome artístico era un anagrama de Arab death (“morte árabe”) e os seus axentes de prensa afirmaron que era "a filla dun xeque árabe e unha muller francesa, nada no Sahara."[6] Ese mesmo ano a familia Goodman cambiou legalmente o seu apelido por Bara.[7] En 1921 casou codirector Charles Brabin en 1921.

Faleceu o 7 de abril de 1955 vítima dun cancro de estómago e foi enterrada co nome de Theda Bara Brabin en Glendale (condado dos Ánxeles).

Filmografía

AnoFilmePapelNotas
1914The StainGang mollComo Theodosia Goodman
1915Siren of HellFilme perdido
1915A Fool There WasThe Vamp
1915The Kreutzer SonataCelia FriedlanderFilme perdido
1915The Clemenceau CaseIzaFilme perdido
1915The Devil's DaughterLa GiocondaFilme perdido
1915Lady Audley's SecretHelen TalboysFilme perdido
1915The Two OrphansHenrietteFilme perdido
1915SinRosaFilme perdido
1915CarmenCarmenFilme perdido
1915The Galley SlaveFrancesca BrabautFilme perdido
1915DestructionFernadeFilme perdido
1916The SerpentVania LazarFilme perdido
1916Gold and the WomanTheresa DecordovaFilme perdido
1916The Eternal SaphoLaura BruffinsFilme perdido
1916East LynneLady Isabel Carlisle
1916Under Two FlagsCigaretteFilme perdido
1916Her Double LifeMary DooneFilme perdido
1916Romeo and JulietXulietaFilme perdido
1916The VixenElsie DrummondFilme perdido
1917The Darling of ParisEsmeraldaFilme perdido
1917The Tiger WomanPrincess PetrovitchFilme perdido
1917Her Greatest LoveHazelFilme perdido
1917Heart and SoulJessFilme perdido
1917CamilleMarguerite GauthierFilme perdido
1917CleopatraCleopatraConsérvanse uns vinte segundos
1917The Rose of BloodLisza TapenkaFilme perdido
1917Madame Du BarryMadame du BarryFilme perdido
1918The Forbidden PathMary LyndeFilme perdido
1918The Soul of BuddhaPriestessFilme perdido
1918Under the YokeMaria ValverdaFilme perdido
1918SaloméSaloméFilme perdido
1918When a Woman SinsLilian Marchard / PoppeaFilme perdido
1918The She DevilLoretteFilme perdido
1919The LightBlanchette Dumond (Madame Lefresne)Filme perdido
1919When Men DesireMarie LohrConsérvanse 17 segundos
1919The Siren's SongMarie BernaisFilme perdido
1919A Woman There WasPrincess ZaraFilme perdido
1919Kathleen MavourneenKathleen CavanaghFilme perdido
1919La Belle RusseFleurett Sackton/La Belle RusseFilme perdido
1919The Lure of AmbitionOlga DolanFilme perdido
1925The Unchastened WomanCaroline Knollys
1926Madame MysteryMadame Mysterieux
192645 Minutes from HollywoodEla mesmaCurtametraxe

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: