Turandot

ópera de Giacomo Puccini

Turandot é unha ópera en tres actos con música de Giacomo Puccini e libreto en italiano de Giuseppe Adami e Renato Simoni. A ópera, inconclusa pola morte de Puccini, foi completada por Franco Alfano. Foi estreada o 25 de abril de 1926 no Teatro alla Scala de Milán baixo a batuta de Arturo Toscanini e sen as adicións de Alfano. As posteriores representacións realizáronse coa partitura completa.

Turandot
Cartel da estrea no Teatro alla Scala de Milán.
FormaÓpera
Actos e escenas3 actos
Idioma orixinal do libretoItaliano
LibretistaG. Adami e R. Simoni
Fontes literariasTurandotte (1762), obra teatral de Carlo Gozzi
Estrea25 de abril de 1926
Teatro da estreaTeatro alla Scala
Lugar da estreaMilán
Duración1 horas 45 minutos
Música
CompositorGiacomo Puccinicompletada por Franco Alfano
Personaxes

Turandot (soprano dramática)
Calaf (tenor lírico-spinto)
Liù (soprano lírica)
Timur (baixo)
Altoum (tenor)
Ping (barítono)
Pong (tenor ligero)
Pang (tenor ligero)
Un mandarín (barítono)
O príncipe de Persia (tenor)
Nobles, nenos, sombras, populacho[1]

Unha das partes máis difíciles da ópera encóntrase no segundo acto e se inicia coa frase In questa reggia, cando Turandot explica a razón do seu comportamento. Musicalmente, esta parte exixe sobreagudos a cargo da soprano que, combinados coa capacidade wagneriana que require o personaxe, fana particularmente difícil. No terceiro acto se encontra unha das arias máis coñecidas para tenor, Nessun dorma, que representa a vitoria do amor sobre o odio, onde Calaf canta que ninguén durma para descubrir o nome do xove heroe. Outro aspecto musicalmente notable é o enfrontamento entre tenor e soprano, no segundo acto, que moitos comparan co que fixo antes Puccini en Tosca, tamén no segundo acto, cando enfronta as voces do barítono e a soprano, Scarpia e Tosca.

Turandot é un alcume persa que significa "a filla de Turan", sendo Turan unha rexión de Asia Central que formou parte do Imperio Persa. Segundo o experto na música de Puccini, Patrick Vincent Casali, o "t" final non debe soar na pronunciación desta palabra, e Puccini non a vai pronunciar (de acordo con Rosa Raisa, a primeira cantante en interpretar o papel protagonista) e, segundo as notas de Casali, a estrutura musical da meirande parte das entonacións do nome por parte de Calaf fan do son do t final case un imposible.[2]

Personaxes

PersonaxeTesituraElenco na estrea, 25 de abril de 1926
(Director: Arturo Toscanini)
Princesa TurandotsopranoRosa Raisa
O emperador Altoum, seu paitenorFrancesco Dominici
Timur, o deposto rei de TartariabaixoCarlo Walter
O príncipe descoñecido (Calàf), seu fillotenorMiguel Fleta
Liù, unha escravasopranoMaria Zamboni
Ping, Lord CancillerbarítonoGiacomo Rimini
Pang, MordomotenorEmilio Venturini
Pong, Xefe da cociña imperialtenorGiuseppe Nessi
Un mandarínbarítonoAristide Baracchi
O príncipe de PersiatenorNon mencionado no programa orixinal
O verdugo (Pu-Tin-Pao)papel mudoNon mencionado no programa orixinal
Gardas imperiais, os homes do verdugo, nenos, sacerdotes, mandaríns, dignatarios, oito homes sabios, doncellas de Turandot, soldados, portaestandartes, músicos, pantasmas dos pretendientes, público

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas



 Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

🔥 Top keywords: