Victoriano Urgorri

zoólogo mariño galego
(Redirección desde «Victoriano Urgorri Carrasco»)


Victoriano "Vituco" Urgorri Carrasco, nado na Cabana (Ferrol) o 23 de xaneiro de 1951,[1] é un científico galego, licenciado e doutor en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela e catedrático de zooloxía mariña nesta mesma Universidade.

Infotaula de personaVictoriano Urgorri
Biografía
Nacemento23 de xaneiro de 1951 Editar o valor em Wikidata (73 anos)
A Cabana, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónbiólogo mariño Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 633606

Participou en 19 expedicións científicas en Irlanda, Ceuta, Antártida, Portugal, Concas Abisais de O Cabo, Angola e Guinea e fondos profundos de Galicia. É autor de diversas publicacións entre as que pode destacar 6 libros e 119 artigos en revistas científicas nacionais e internacionais.

Traxectoria

Licenciado en Ciencias (Sección de Biolóxicas) en xullo de 1974 pola Universidade de Santiago de Compostela, graduándose en outubro do mesmo ano e doutorándose en xuño de 1981 tamén na USC. É catedrático[2] de zooloxía mariña no departamento de Zooloxía e Antropoloxía Física da Facultade de Bioloxía da Universidade de Santiago de Compostela.

Pertence a varias sociedades científicas, como a Real Sociedad Española de Historia Natural, Sociedad Española de Malacología, Area de Ciencias Biolóxicas do Seminario de Estudos Galegos, Malacological Society of London, Societá Malacologica Italiana, California Malacozoological Society e Unitas Malacologica.

Estación de Bioloxía Mariña da Graña (Ferrol).

Tivo diversos cargos relacionados coa universidade de Santiago de Compostela como: subdirector/vicedirector do Museo de Historia Natural "Luis Iglesias" da Universidade de Santiago de Compostela, desde 1982; director da Estación de Bioloxía Mariña da Graña (Ferrol) da Universidade de Santiago de Compostela,[3] desde 2001 ata 2021; desde 2005 foi coordinador do Grupo de Investigación GI-2107 Oceanografía e Limnoloxía da Universidade de Santiago de Compostela; dende 2011 foi membro do Equipo de Goberno do Campus do Mar, en representación da Universidade de Santiago de Compostela e Director da Unidade de Biodiversidade e Recursos Mariños do Instituto de Acuicultura da Universidade de Santiago de Compostela.

Tamén tivo varios cargos dependentes da Xunta de Galicia como a presidencia da Comisión Técnica do buque oceanográfico Sarmiento de Gamboa. Dirección Xeral de I+D+i da Xunta de Galicia, desde 2007 e tamén foi membro en representación da Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia, na Comisión de Coordinación e Seguimento das Actividades dos Buques Oceanográficos (COCSABO), desde 2007 ata 2010.

Dende 2021, é profesor Emérito pola Universidade de Santiago de Compostela.[4]

Actividade docente

  • Profesor de Zooloxía Mariña na Licenciatura de Bioloxía na Facultade de Bioloxía
  • Profesor de Biodiversidade de Animais Mariños no máster Biodiversidade e Conservación do Medio Natural
  • Profesor de Biodiversidade de Fondos Mariños: O bentos profundo no máster Biodiversidade e Conservación do Medio Natural
  • Profesor de Biodiversidade Animal no máster Medio Ambiente e Recursos Naturais

Publicacións

  • Urgorri, V. & Besteiro, C. (1988). Inventario Dos Equinodermos De Galicia (echinodermata). Seminario De Estudos Galegos. ISBN 978-84-7492-367-4. 
  • Urgorri, V. [et alii] (1994). Seminario bioloxía molecular e biomedicina. Ediciós do Castro. ISBN 978-84-7492-708-5. 
  • Urgorri, V. [et alii] (2008). Metodología para la recolección, conservación y estudio de los Moluscos Solenogastros. Sociedad Española de Malacología. ISBN 84-398-3926-X. 
  • Urgorri, V. & Señarís, M.P. [Coordinadores] (2012). Recursos en I+D+i dedicados ao estudo dos efectos da vertedura do Prestige (2003-08). Avaliación e xuízo crítico. Consello da Cultura Galega. ISBN 978-84-92923-39-7. 
  • Trigo, J.E.; Díaz Agras, G.J.; García Álvarez, O.L.; Guerra, A.; Moreira, J.; Pérez, J.; Rolán, E.; Troncoso, J.S. & Urgorri, V. (2018). Troncoso, J.S., Trigo, J.E. & Rolán, E., ed. Guía de los Moluscos Marinos de Galicia. Vigo: Servicio de Publicacións da Universidade de Vigo. 836 pp. ISBN 978-84-8158-787-6.
  • 20 capítulos ou fascículos en obras colectivas:
  • 30 máis entre limiares, presentacións, publicacións audiovisuais e artigos de divulgación.
  • 119 artigos en revistas científicas nacionais e internacionais.

Especies descritas

Honras e distincións

  • En 2001 recibiu a distinción de Ferrolán do Ano do Concello de Ferrol.[7]
  • En 2008 recibiu o premio á Investigación durante o IV Certame de Premios Galicia Submarina.
  • En 2009 recibiu a distinción de Veciño de Honra da Vila da Graña, Ferrol.[8]
  • En 2019 recibiu o premio do I Caballito de Plomo do Club do Mar, Ferrol.[9]

Especies nomeadas na súa honra

Ata o de agora un total de once especies e un xénero foron denominados na súa honra:

  • En 1980, González & Malicky denominaron unha especie de Tricópteros como Hydropsyche urgorrii.[10]
  • En 1994, Vázquez denominou unha especie de Ascidia como Aplidium urgorrii.[11]
  • En 2001, García-Álvarez & Salvini-Plawen denominaron un xénero de Solenogastro como Urgorria.[12]
    • En 2001, García-Álvarez & Salvini-Plawen denominaron unha especie deste xénero como Urgorria compostelana.[13]
    • En 2003, Salvini-Plawen denominou unha especie deste xénero como Urgorria monoplicata.[14]
  • En 2002, Cristobo denominou unha especie de esponxa como Tedania (Tedania) urgorrii.[15][16]
  • En 2003, Moreira, Gestoso & Troncoso denominaron unha especie de Malacostráceos como Sarsinebalia urgorrii.[17]
  • En 2007, Moreira & Parapar denominaron unha especie de Poliquetos como Synelmis urgorrii.[18]
  • En 2010, Peñas & Rolán denominaron unha especie de Gasterópodos como Turbonilla urgorrii.[19][20]
  • En 2015, Zamarro & García-Álvarez denominaron unha especie de Solenogastro como Kruppomenia vitucoi.[21]
  • En 2016, Señarís & García-Álvarez denominaron unha especie de Caudofoveados como Falcidens urgorrii.[22]
  • En 2017, Tato & Moreira denominaron unha especie de Crustáceos como Pareurystheus vitucoi.[23]
  • En 2018, Guerra-García, Tato & Moreira denominaron unha especie de Crustáceos como Liropus vitucoi.[24]

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: