William Henry Bragg
Sir William Henry Bragg, nado en Wigton o 2 de xullo de 1862 e finado en Londres o 10 de marzo de 1942, foi un físico e profesor universitario inglés galardoado en 1915 co Premio Nobel de Física xunto co seu fillo William Lawrence Bragg.
William Henry Bragg | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) William Henry Bragg 12 de xullo de 1862 Wigton, Reino Unido (pt) |
Morte | 12 de marzo de 1942 (79 anos) Londres, Reino Unido |
46º Presidente da Royal Society | |
1935 – 1940 ← Frederick Gowland Hopkins – Henry Hallett Dale → | |
Datos persoais | |
Residencia | Australia |
País de nacionalidade | británica |
Educación | Universidade de Cambridge Trinity College |
Director de tese | Edward Routh (pt) |
Actividade | |
Campo de traballo | Físico, químico, xugador de lacrosse, profesor universitario e matemático |
Lugar de traballo | Adelaida |
Ocupación | físico , profesor universitario , matemático , Jogador de lacrosse (pt) , químico , cristalógrafo |
Empregador | Universidade de Leeds (1909–1915) University College de Londres Universidade de Adelaide (pt) |
Membro de | |
Profesores | Joseph John Thomson |
Alumnos | John Raymond Wilton (en) |
Lingua | Lingua inglesa |
Deporte | Lacrosse |
Obra | |
Obras destacables | |
Doutorando | Kathleen Lonsdale, John Desmond Bernal (pt) , William Lawrence Bragg, Gordon Cox (en) e Willy Burgers |
Familia | |
Cónxuxe | Gwendoline Todd |
Fillos | William Lawrence Bragg |
Premios | |
Membro da Royal Society Cabaleiro comendador da Orde do Imperio británicoPremio Nobel de Física (1915)Medalla Faraday (1936) Medalla Copley (1930) | |
Lista
|
Traxectoria
Estudou no King William's College (na Illa de Man), e no Trinity College de Cambridge. Foi profesor de física e matemáticas na Universidade de Adelaida (Australia, 1886-1908), na Universidade de Leeds (1909-1915), na de Universidade de Londres (1915-1923). Desde 1923 foi profesor de química no Real Instituto de Gran Bretaña (1923-1942) e director do laboratorio de investigación Davy-Faraday.
En 1906 foi elixido membro da Royal Society. En 1920 foi honrado cabaleiro (sir). En 1928, elixido presidente da Asociación Británica para o Progreso das Ciencias e en 1935 da Royal Society, cargo que ocupou ata 1940.
Investigacións científicas
Xunto co seu fillo William Lawrence Bragg, formulou a lei de reflexión dos raios X dunha lonxitude de onda determinada cando inciden nunha superficie cristalina. Idearon o espectrógrafo de raios X, que lles permitiu determinar a posición dos átomos en varias clases de cristais.
En 1915 ambos recibiron o premio Nobel de Física, sendo a primeira vez que sucedía o feito de que un pai e o seu fillo recibisen o premio Nobel.
Entre as súas obras merecen ser apuntadas The World of Sound (1920), Concerning the Nature of Things (1925) e The Universe of Light (1933).