Xesús Calviño de Castro

escritor galego


Xesús Calviño de Castro, nado en Abegondo o 29 de xaneiro de 1893 e finado en Buenos Aires o 3 de xuño de 1972, foi un escritor e xornalista galego.

Infotaula de personaXesús Calviño de Castro

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento29 de xaneiro de 1893 Editar o valor em Wikidata
Abegondo, España Editar o valor em Wikidata
Morte3 de xuño de 1972 Editar o valor em Wikidata (79 anos)
Buenos Aires, Arxentina Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , escritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Fillo dunha familia acomodada, os seus pais Pedro Calviño e María de Castro eran mestres. De neno viviu uns anos nas Torres de San Tirso (Pazo de Quiroga), pois o seu pai era o apoderado da familia. Emigrado á Arxentina en 1911 para evitar o servizo militar, integrouse na comunidade da diáspora galega, colaborou en El Despertar Gallego, Galicia, Lugo, Acción Gallega, Ecos de Galicia, Crítica, Nova Galicia, Correo de Galicia, Alborada e A Nosa Terra e dirixiu xornais dirixidos aos galegos e galegas da emigración. Tamén traballou como xornalista de radio na Federación de Sociedades Gallegas Agrarias y Culturales.[1] Está soterrado no cemiterio Flores do Gran Buenos Aires.[2]

Obra

En castelán

  • Hojas dispersas, 1943.
  • Bordón Peregrino, ilustrado polo pintor arxentino Pablo Fabisch, 1947.

En galego

Editáronse en 1999, de forma póstuma, as obras en galego de Calviño de Castro:[3]

  • Forza segreda (teatro).
  • Poemas inéditos e dispersos.

Vida persoal

Casou con Ercilia Quiroga Salinas na Arxentina o 14 de xullo de 1953, e quedou viúvo en 1960.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: