Á deriva

filme de 2018 dirixido por Baltasar Kormákur

Á deriva (en inglés: Adrift) é un filme de 2018 dirixido por Baltasar Kormákur e escrito por David Branson Smith, Aaron Kandell e Jordan Kandell. O filme baséase no libro de 2002 Red Sky in Mourning de Tami Oldham Ashcraft, unha historia real ambientada durante o Furacán Raymond en 1983. Está protagonizado por Shailene Woodley e Sam Claflin como unha parella que está á deriva no medio do océano Pacífico despois dun furacán, e debe atopar o camiño cara a Hawai cun barco danado e sen radio. Á deriva estreouse nos Estados Unidos o 1 de xuño de 2018 a través de STXfilms e recibiu valoracións dispares por parte da crítica, que eloxiou as interpretacións e a fotografía mais criticou a narrativa familiar.[3][4]

Á deriva
Ficha técnica
Título orixinalAdrift
DirectorBaltasar Kormákur
ProdutorBaltasar Kormákur
Aaron Kandell
Jordan Kandell
Shailene Woodley
GuiónAaron Kandell
Jordan Kandell
David Branson Smith
Baseado enRed Sky in Mourning: A True Story of Love, Loss, and Survival at Sea de Tami Oldham Ashcraft e Susea McGearhart
IntérpretesShailene Woodley
Sam Claflin
MúsicaVolker Bertelmann
FotografíaRobert Richardson
MontaxeJohn Gilbert
Estudio
DistribuidoraSTX Entertainment
Estrea 1 de xuño de 2018
26 de xullo de 2023 (TVG)
Duración96 minutos[1]
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroDrama
Orzamento35 millóns de dólares[2]
Recadación59,9 millóns de dólares[2]
Na rede
https://www.adrift.movie/
IMDB: tt6306064 Filmaffinity: 749306 Allocine: 252313 Rottentomatoes: m/adrift_2018 Mojo: adrift Allmovie: vm5764913840 TCM: 2160226 Metacritic: movie/adrift-2018
Facebook: AdriftMovie Twitter: AdriftMovie Instagram: adriftmovie Netlix: 80240550Editar o valor em Wikidata

Estreouse en galego o 26 de xullo de 2023 a través da TVG.[5][6]

Personaxes

  • Shailene Woodley como Tami Oldham
  • Sam Claflin como Richard Sharp
  • Jeffrey Thomas como Peter Crompton
  • Elizabeth Hawthorne como Christine Crompton
  • Grace Palmer como Deb

Notas