1961

ano do calendario

1961 (MCMLXI) foi un ano común comezado en domingo segundo o calendario gregoriano.

1961
Calendario gregoriano1961
MCMLXI
Ab urbe condita2714
Calendario armenio1410
Calendario chinés4657 – 4658
Calendario hebreo5721 – 5722
Calendario hindú
 ·  Vikram Samvat2016 – 2017
 ·  Shaka Samvat1883 – 1884
 ·  Kali Yuga5062 – 5063
Calendario persa1339 – 1340
Calendario musulmán1381 – 1382
Calendario rúnico2211
Década de 1960
195719581959196019611962196319641965

Este ano foi declarado o Ano Mundial da Semente pola ONU.

Acontecementos

Xaneiro

Febreiro

  • 1 de febreiro - Os EUA lanzan o Minuteman, primeiro mísil intercontinental con carburante sólido.
  • 3 de febreiro - A República Popular da China realiza compras de cebada e trigo ao Canadá por valor de 60 millóns de dólares, co fin de paliar a escaseza de gran no país.
  • 4 de febreiro - Asalto ao cárcere de Luanda e a un escuadrón de polícia por parte de militantes do MPLA, causando algúns mortos, e que marcou o inicio da loita armada pola independencia daquela antiga colonia portuguesa, e o inicio da Guerra Colonial Portuguesa, xa que pouco tempo despois o conflito arrastrouse as restantes colonias africanas. O actual Aeroporto Internacional de Luanda ten o nome de "4 de Fevereiro" para sinalar esa data histórica.
  • 11 de febreiro - Patrice Lumumba, Primeiro Ministro da República do Congo, é asasinado. Máis tarde o goberno belga admitiu ter tido “unha irrefutable porción de responsabilidade nos acontecementos que conduciran á morte de Lumumba”; en xullo de 2002, documentos publicados polo goberno americano revelaron que a CIA xogou un papel no asasinato de Lumumba, axudando os seus adversarios con diñeiro e apoio político e, no caso de Mobutu, con armas e apoio militar.
  • 12 de febreiro - Lánzase a primeira sonda a Venus, a soviética Venus I.
  • 15 de febreiro - Morre a totalidade do equipo estadounidense de patinaxe sobre xeo ao estrelarse o avión no que viaxaban.
  • 18 de febreiro - Estréase en Barcelona O sétimo selo (rodada en 1956), o primeiro filme do director sueco Ingmar Bergman autorizado en España pola censura.
  • 19 de febreiro - A embaixada de Bélxica no Cairo é saqueada por estudantes en protesta polo anuncio do asasinato de Lumumba.
  • 22 de febreiro - Prodúcese un incendio nunha fábrica na madrileña Ponte de Vallecas no que morren 23 persoas.
  • 23 de febreiro - O Consello de Seguridade da ONU emite a primeira resolución condenatoria da política colonialista de António de Oliveira Salazar.
  • 25 de febreiro - Asínase o contrato para a construción da Ponte sobre o Río Texo, en Lisboa, coa United States Steel Export Company.

Marzo

Abril

Maio

Xuño

Xullo

Agosto

Setembro

  • 7 de setembro - Réxime parlamentario no Brasil. Toma de posesión de João Goulart. Tancredo Neves preside o primeiro Consello de Ministros.

Outubro

Novembro

Decembro

Ciencia e tecnoloxía

  • A compañía estadounidense Procter & Gamble crea os primeiros cueiros de celulosa, que denomina Dodotis.

Nacementos

Mortes

Premios Nobel

Outros

Historia ano a ano

🔥 Top keywords: