Marilyn Monroe

actriz, cantante e modelo estadounidense

Marilyn Monroe[1][2], de nome real Norma Jeane Mortensen, nada nos Ánxeles o 1 de xuño de 1926 e finada na mesma cidade o 5 de agosto de 1962,[3] foi unha actriz, modelo e cantante estadounidense. Converteuse nun importante sex symbol, protagonizando un bo número de exitosos filmes durante a década de 1950 e principios da de 1960,[4] chegando a ser unha das actrices de Hollywood máis famosas de todos os tempos.[5]

Infotaula de personaMarilyn Monroe

(1953) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Norma Jeane Mortenson Editar o valor em Wikidata
1 de xuño de 1926 Editar o valor em Wikidata
Os Ánxeles (Estados Unidos de América) Editar o valor em Wikidata
Morte4 de agosto de 1962 Editar o valor em Wikidata (36 anos)
Brentwood, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Causa da morteSuicidio Editar o valor em Wikidata (Sobredose de barbitúricos Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaWestwood Village Memorial Park Cemetery (pt) Traducir, Corridor of Memories, Crypt 24 34°03′30″N 118°26′23″O / 34.05847, -118.43979 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesMarilyn Monroe Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
RelixiónJudaísmo ateístico (pt) Traducir e cristianismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de California, Os Ánxeles - ciencia da literatura, arte (1951–1962)
Escola Secundaria de Van Nuys
University High School (en) Traducir
Actors Studio (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altura165 cm Editar o valor em Wikidata
Cor dos ollosAzul Editar o valor em Wikidata
Cor do peloLouro e light brown hair (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz de cinema , autobiógrafa , Playmate , modelo , cantante , modelo , produtora , actriz Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1945 Editar o valor em Wikidata - 1962 Editar o valor em Wikidata
ProfesoresLee Strasberg (pt) Traducir e Constance Collier (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
InstrumentoVoz e ukelele Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoRCA Records Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeArthur Miller (1956–1961), divorcio
Joe DiMaggio (1954–1955), divorcio
James Dougherty (1942–1946), divorcio
ParellaJohn F. Kennedy Editar o valor em Wikidata
PaisCharles Stanley Gifford Editar o valor em Wikidata  e Gladys Pearl Baker (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsBerniece Baker Miracle (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Cronoloxía
5 de agosto de 1962Morte de Marilyn Monroe (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Páxina webmarilynmonroe.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0000054 Allocine: 1201 Rottentomatoes: celebrity/marilyn_monroe Allmovie: vn6781020 106569 Metacritic: person/marilyn-monroe TV.com: people/marilyn-monroe-1
Souncloud: marilyn-monroe-official Spotify: 5sEocv1pFst7o3pam69obY iTunes: 70631305 Last fm: Marilyn+Monroe Musicbrainz: 6e60deeb-a666-42c5-95cb-a5eada6bbbe5 Discogs: 135189 Allmusic: mn0000266916 WikiTree: Mortensen-1099 Find a Grave: 725 Deezer: 613 Genius: Marilyn-monroe Editar o valor em Wikidata

Iniciou a súa carreira como modelo fotográfica e a partir de 1946 comezou a interpretar pequenos papeis en películas de baixo custo. Os primeiros papeis destacados interpretounos nas películas A xungla do asfalto (1950) e Todo sobre Eva (1950). Empezou a ser coñecida mundialmente despois de protagonizar o musical Os cabaleiros prefírenas loiras (1953) e aparecer no número inaugural da revista Playboy.[6]

Interpretou o papel principal nas comedias How to Marry a Millionaire (Como casar cun millonario, 1953), The Seven Year Itch (1955) e Bus Stop (1956), e grazas ao éxito de público destas películas, comezou a ser considerada como unha das actrices máis rendibles da industria cinematográfica. O seu maior éxito comercial foi Some Like it Hot (1959), filme polo que gañou o Globo de Ouro á mellor actriz de comedia.[7]

Foi considerada unha das mulleres máis atractivas da historia da sétima arte, pero a súa explosiva beleza condicionouna artística e emocionalmente, obrigándoa a proxectar unha imaxe sedutora e superficial que encubría a súa personalidade real, sensible e inestable desde a infancia. Estivo casada co escritor James E. Dougherty de 1942 a 1946, co xogador de béisbol Joe DiMaggio, en 1954, e logo co dramaturgo Arthur Miller, entre 1956 e 1962.

Monroe faleceu o 5 de agosto de 1962 por mor dunha sobredose de barbitúricos, en circunstancias nunca esclarecidas. A primeira hipótese que manexou a xustiza estadounidense foi a do suicidio, pero nunca puido ser corroborada.[7]

O American Film Institute considéraa a sexta mellor estrela de cine feminina de todos os tempos.

Traxectoria

Primeiros anos

Certificado de nacemento de Marilyn Monroe, nacida como Norma Jeane Mortenson en 1926.

A súa nai foi Gladys Pearl Baker (de apelido de nacemento Monroe, nada o 27 de maio de 1902 e finada o 11 de marzo de 1984)[8], quen casou co noruegués Edward Mortenson e, pouco despois de separarse, descubriu que estaba embarazada.[9] O 1 de xuño de 1926 naceu nos Ánxeles a súa filla Norma Jeane Mortenson, segundo consta no rexistro civil para que non fose ilexítima, e chamada Norma Jean Baker na práctica.[10][11] Gladys, que traballou como cortadora de negativos na produtora de cine RKO Pictures,[9][11] non podía manter a súa filla por problemas económicos e emocionais e deixouna ao coidado dun matrimonio adoptivo: Albert e Ida Bolender, residentes en Hawthorne (California).[12] Cando Gladys puido conseguir unha casa propia levou consigo a Norma Jeane, pero isto só durou uns meses, debido aos devanditos problemas emocionais e deixou a súa filla a cargo da súa mellor amiga, Grace McKee.

Carreira

Ingreso no medio artístico e estrea no cine (1944-1947)

Marilyn Monroe traballaba como técnica na fábrica de municións Radioplane cando foi fotografada no seu traballo para a revista Yank, the Army Weekly, en 1944.

Mentres traballa na fábrica, un fotógrafo retratouna no seu posto de traballo. Sen sabelo, descubrira á que despois sería Marilyn Monroe. Ela, pola súa parte, logrou traballar como modelo e foi portada de ducias de revistas.[9] Mais o seu traballo como modelo era algo que non gustaba ó seu marido e este obrigouna a elixir entre o seu matrimonio ou a súa carreira. En 1946, Norma divórciase e preséntase a varios castings. Foi contratada por un dos executivos da 20th Century Fox para traballar como extra de cine durante seis meses.[13] Foi el quen lle propuxo o nome artístico de Marilyn Monroe: Marilyn pola actriz Marilyn Miller e Monroe por ser o apelido de solteira da súa nai. Nos seus primeiros papeis interpretou a unha telefonista no musical The Shocking Miss Pilgrim e a unha camareira en Dangerous Years. A escasa aceptación que estes filmes recibiron da crítica e do público fixeron que o seu contrato non fose renovado en 1947.[14]

Contrato con Fox e revelación como actriz (1949-1952)

En 1948, Monroe asinou un contrato semestral con Columbia Pictures para interpretar a bailarina Peggy no musical Ladies of the Chorus.[15] O filme non tivo moito éxito, polo que o seu contrato foi rescindido. Porén, a partir de entón só apareceu en filmes producidos pola 20th Century Fox, despois de asinar un novo contrato a seis anos en 1949.[16][17] Participou cun breve papel na comedia Love Happy dos Irmáns Marx, e en 1950 interpretou a Angela, a amante dun avogado, no filme policíaco A xungla do asfalto.[18] Nese mesmo ano, tamén participou en Todo sobre Eva, protagonizada por Bette Davis, onde interpretou a Claudia Caswell, unha actriz de teatro. Por ámbalas dúas interpretacións recibiu críticas positivas.[19]

En febreiro de 1951, inscribiuse nas clases nocturnas de arte e literatura da Universidade de California. Nese ano interpretou papeis secundarios en varios filmes de baixo orzamento como Home Town Story, As Young as You Feel e Love Nest.[20] As perspectivas da súa carreira comezaron a mellorar cando actuou ás ordes de Fritz Lang en Clash by Night (1952), cun elenco que incluía a Barbara Stanwyck, Paul Douglas e Robert Ryan. Novamente recibiu boas críticas, e pouco despois actuou en We're Not Married, comedia onde traballou xunto a Ginger Rogers e Zsa Zsa Gabor, e en Don't Bother to Knock, un filme de suspense onde interpretaba a unha neneira perturbada á que vixía Richard Widmark. Foi o seu primeiro papel protagonista, pero non obtivo o éxito agardado. En Monkey Business, dirixida por Howard Hawks, actuou con Cary Grant e Ginger Rogers,[21][22] amosando, por primeira vez, a que sería a súa imaxe definitiva: melena curta ondulada nun loiro platino. Poucos anos antes, sometérase a unha rinoplastia.

Consagración (1953-1954)

Marilyn Monroe interpretando a canción Diamonds are a girl's best friends no filme Os cabaleiros prefírenas loiras (1953).

En 1953, despois de participar en filmes de baixo orzamento, a actriz tivo un papel protagonista: Rose en Niagara. E foi porque o daquela presidente da 20th Century Fox, Darryl F. Zanuck, llo pediu.[23] Así foi como Marilyn Monroe substituíu a Anne Bancroft e conseguiu críticas dispares: uns dixeron que non estaba á altura do papel e outros quedaron eclipsados pola súa beleza.[24][25] Os famosos cadros de Andy Warhol sobre Marilyn teñen como modelo unha imaxe promocional deste filme.

Ese mesmo ano, a actriz protagonizou xunto a Jane Russell o filme Os cabaleiros prefírenas loiras (1953).[26] Alí interpretou a Lorelei Lee, unha cantante e bailarina. O seu traballo neste filme recibiu boas críticas e a súa interpretación do número musical "Diamonds Are a Girl's Best Friends" converteuse nun clásico dos musicais.,[27] sendo recreada décadas despois por Madonna. Nese mesmo ano, Marilyn traballou con Lauren Bacall e Betty Grable en How to Marry a Millionaire. Nesta comedia interpretou a Pola, unha modelo que aluga xunto ás súas amigas un luxoso departamento co obxectivo de atraer adiñeirados desprevidos para poder casar con eles. O filme obtivo críticas positivas e boa recadación, e novamente, a actuación de Monroe foi aclamada.[28]

En 1954, a actriz apareceu no filme de Otto Preminger, River of No Return, xunto cos actores Robert Mitchum, Rory Calhoun, Tommy Rettig e Murvyn Vye. Era un western no que ela interpretaba o papel dunha cantante de saloon que coñece a un afouto vaqueiro, co que vive distintas aventuras. O filme obtivo críticas negativas e non foi ben na recadación.[29] Nese mesmo ano actuou en There's No Business Like Show Business, unha comedia musical onde compartiu escena con Ethel Merman, Donald O´Connor e Mitzy Gaynor.[30] O filme recibiu críticas negativas e non tivo moi boa recadación. Posteriormente, rexeitou traballar con Frank Sinatra por non estar de acordo co argumento da mesma e co salario que recibiría. Isto fixo que o estudio para o que traballaba a suspendese durante un breve lapso temporal no que permaneceu afastada da actuación, aínda que realizou presentacións como cantante no Xapón para entreter as tropas estadounidenses.[31]

Vida persoal

Monroe e Joe DiMaggio cando casaron en xaneiro de 1954.

Monroe casou tres veces, rematando tódolos matrimonios en divorcio. O primeiro marido foi James Dougherty, o segundo Joe DiMaggio e o terceiro Arthur Miller. Tamén se di que estivo brevemente casada co escritor Robert "Bob" Slatzer, así como que tivo romances con John e Robert Kennedy. Marlon Brando, na súa autobiografía Songs My Mother Taught Me, dixo que tivo unha relación con ela, e que quedaron como amigos ata a súa morte. Durante os seus matrimonios sufriu dous abortos prematuros e un embarazo ectópico.[32][33] Rumoreábase que Monroe e DiMaggio estaban a reconciliarse cando Monroe morreu.

As relacións de Monroe acapararon moita atención por parte da prensa. O grao de relación entre o presidente Kennedy e Monroe non se fixo nunca público, malia que Casa Branca lle fixo chamadas a ela durante 1962.[34][35] O autor Anthony Summers, na biografía de J. Edgar Hoover, concluíu que Monroe estaba namorada do presidente Kennedy e quería casar con el. Cando o romance rematou, Monroe volveuse depresiva. Entón centrouse en Robert Kennedy, quen visitara a Monroe nos Ánxeles o día da súa morte.[36]

Monroe tivo unha longa experiencia coa psicanálise. Estaba en análise con Margaret Herz Hohenberg, Anna Freud, Marianne Rie Kris, Ralph Greenson (quen a atopou morta) e Milton Wexler.[37]

Caracterizacións

Cinema

Monroe foi caracterizada por:

  • Misty Rowe en Goodbye Norma Jeane (1976)
  • Catherine Hicks en Marilyn: The Untold Story (1980)
  • Theresa Russell en Insignificance (1985)
  • Susan Griffiths en Marilyn & Me (1991), Pulp Fiction
  • Melody Anderson en Marilyn & Bobby: Her Final Affair (1993)
  • Ashley Judd como Marilyn de nova, e por Mira Sorvino como adulta en Norma Jean & Marilyn (1996)
  • Barbara Niven en The Rat Pack (1998)
  • Kerri Randles en Introducing Dorothy Dandridge (1999)
  • Poppy Montgomery en Blonde (2001)
  • Holly Beavon en James Dean (2001)
  • Sophie Monk en The Mystery of Natalie Wood (2004)
  • Michelle Williams in My Week with Marilyn (2011)

Televisión

Monroe foi caracterizada por:

  • Constance Forslund en This Year's Blonde (1980)
  • Suzie Kennedy no episodio Who Killed Marilyn Monroe? (2003) da serie de televisión Revealed e no telefilme italiano Io & Marilyn (2009)
  • Charlotte Sullivan en The Kennedys (2011)
  • Megan Hilty, Uma Thurman e Katharine McPhee na serie de televisión Smash (2012–13).

Teatro

Monroe foi caracterizada por:

  • Lorenzo Ferrero na ópera Marilyn (1980)
  • Laura Aikin na ópera de Robin de Raaff Waiting for Miss Monroe (2012)[38]
  • Sunny Thompson na produción Marilyn: Forever Blonde[39]
  • Eivør Pálsdóttir na ópera de Gavin Bryars Marilyn Forever[40]

Música

Monroe foi caracterizada por:

  • Madonna no vídeo musical de Material Girl (1985)
  • Mariah Carey no vídeo musical de "I Still Believe" (1998)
  • Lana del Rey en "National Anthem" (2012)

Tributos

Troy Talton e Donald Kinder escribiron unha canción, titulada "Marilyn", despois da súa morte en 1962. Foi gravada por Talton e foi lanzada como un sinxelo por Crest Records.[41][42]

Elton John e Bernie Taupin escribiron outra canción adicada a ela, "Candle in the Wind".[43]

Glenn Danzig, da banda de rock Misfits (que deben o seu nome ó derradeiro filme de Monroe)[44] lanzaron unha canción chamada "Who Killed Marilyn?" en 1981.

Filmografía

O príncipe e a corista, 1957.
Estrela no Paseo da Fama de Hollywood.
The Seven Year Itch, 1954.
TítuloAnoPersonaxeActoresDirectorProdutorNotas
Scudda Hoo! Scudda Hay!1948BettyJune Haver e Natalie WoodHugh Herbert20th Century FoxSen creditar
Ladies of the ChorusPeggy MartinAdele Jergens e Rand BrooksPhil KarlsonColumbia PicturesPrimeira aparición protagonista
Love Happy1949Cliente de GrunionHarpo Marx, Chico Marx e Groucho MarxDavid MillerUnited Artists
A Ticket to Tomahawk1950ClaraDan Dailey, Anne Baxter e Rory CalhounRichard Sale20th Century FoxSen creditar
Right CrossDusky LedouxJune Allyson e Dick PowellJohn SturgesMetro-Goldwyn-MayerSen creditar
Bóla de lumePollyMickey Rooney e Pat O'BrienTay Garnett20th Century FoxTamén coñecido como The Challenge
A xungla do asfaltoAngela PhinlaySterling Hayden, Louis Calhern e Jean HagenJohn HustonMetro-Goldwyn-Mayer
Todo sobre EvaMiss Claudia CaswellBette Davis, Anne Baxter e George SandersJoseph L. Mankiewicz20th Century Fox
Home Town Story1951Iris MartinJeffrey Lynn, Alan Hale, Jr. e Donald CrispArthur PiersonMetro-Goldwyn-Mayer
As Young as You FeelHariettMonty Woolley, Thelma Ritter e Jean PetersHarmen Jones20th Century Fox
Love NestRoberta "Bobbie" StevensJune Haver, William Lundigan e Frank FayJoseph M. Newman20th Century Fox
Let's Make It LegalJoyce ManneringClaudette Colbert, Macdonald Carey e Barbara BatesRichard Sale20th Century Fox
O. Henry's Full House1952StreetwalkerFred Allen, Anne Baxter e Richard WidmarkHenry Koster20th Century FoxCameo
Síntome rexuvenecerLois LaurelCary Grant, Ginger Rogers e Charles CoburnHoward Hawks20th Century Fox
Clash by NightPeggyBarbara Stanwyck, Keith Andes e Paul DouglasFritz LangRKO Radio Pictures
We're Not Married!Anabel NorrisGinger Rogers, Fred Allen, Victor Moore, David Wayne e Zsa Zsa GaborEdmund Goulding20th Century Fox
Don't Bother to KnockNell ForbesRichard Widmark e Anne BancroftRoy Ward Baker20th Century Fox
Niagara1953Rose LoomisJoseph Cotten e Jean PetersHenry Hathaway20th Century Fox
Os cabaleiros prefírenas loirasLorelei LeeJane Russell, Charles Coburn e Elliot ReidHoward Hawks20th Century Fox
How to Marry a MillionairePola DebevoiseBetty Grable, Lauren Bacall e William PowellJean Negulesco20th Century Fox
River of No Return1954Kay WestonRobert Mitchum, Tommy Rettig e Rory CalhounOtto Preminger20th Century Fox
There's No Business Like Show BusinessVictoria "Vicky" HoffmanEthel Merman, Dan Dailey, Donald O'Connor e Mitzi GaynorWalter Lang20th Century Fox
The Seven Year Itch1955A mozaTom Ewell e Evelyn KeyesBilly Wilder20th Century Fox
Bus Stop1956ChérieDon Murray e Arthur O'ConnellJoshua Logan20th Century FoxTamén coñecido como The Wrong Kind of Girl
O príncipe e a corista1957Elsie MarinaLaurence OlivierLaurence OlivierWarner Brothers
Con saias e a rachar1959Sugar Kane KowalczykTony Curtis e Jack LemmonBilly WilderMetro-Goldwyn-Mayer
Let's Make Love1960Amanda DellYves Montand, Frankie Vaughan e Tony RandallGeorge Cukor20th Century Fox
The Misfits1961Roslyn TaberClark Gable, Eli Wallach e Montgomery CliftJohn HustonUnited ArtistsÚltima aparición cinematográfica
Marilyn1963Ela mesma20th Century FoxFilme documental

Filmes sen rematar

TítuloAnoPersonaxeActoresDirectorProdutor
Something's Got to Give1962Ellen Wagstaff ArdenDean Martin e Cyd CharisseGeorge Cukor20th Century Fox

Aparicións televisivas

Como convidada

Programa de televisiónAnoNotas
The Jack Benny Program19531º episodio
Person to Person1955Documental de televisión
Premier Khrushchev in the USA1959Documental de televisión
President Kennedy's Birthday Salute1962Telefilme
Lykke og krone1962Documental de televisión

Cancións

AnoTítulo do filmeTítulo da canciónNotas
1948Ladies of the Chorus"Every Baby Needs a Da-Da-Daddy"
"Anyone Can See I Love You"
"Ladies of the Chorus"
1950A Ticket to Tomahawk"Oh, What a Forward Young Man You Are"
1953Niagara"Kiss"
1953Os cabaleiros prefírenas loiras"Two Little Girls from Little Rock"
"When Love Goes Wrong"
"Bye Bye Baby"
"Diamonds Are a Girl's Best Friend"
"Four French Dances—Sur le balcon, La Tentateur, Sol taire, Parle d'affair"
"Down Boy"'
"When The Wild Wild Women Go Swimmin' Down in the Bimini Bay"
1953"She Acts Like A Woman Should"
"You'd Be Surprised"
"A Fine Romance"
"Do It Again"
1954River of No Return"I'm Gonna File My Claim"
"One Silver Dollar"
"Down in the Meadow"
"River of No Return"
1954There's No Business Like Show Business"Heat Wave"
"Lazy"
"After You Get What You Want"
"A Man Chases a Girl"
1956Bus Stop"That Old Black Magic"
1957O príncipe e a corista"I Found a Dream"
1959Con saias e a rachar"Runnin' Wild"
"I Wanna Be Loved By You"
"I'm Through With Love"
"Some Like It Hot"
1960Let's Make Love"My Heart Belongs to Daddy"
"Specialization"
"Let's Make Love"
"Incurably Romantic"
1962"Happy Birthday, Mr. President"

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: