Matemático, matemática

persoa dedicada ás matemáticas
(Redirección desde «Matemático»)

Un matemático é unha persoa cuxa área primaria de estudo e investigación é a matemática. Deste xeito, os que unicamente aplican teorías matemáticas non son considerados matemáticos, por exemplo, enxeñeiros, economistas etc.

Leonhard Euler é considerado un dos máis grandes matemáticos de todos os tempos.

Os matemáticos son empregados en compañías privadas ou como profesores en universidades, institutos, organizacións de investigación ou axencias do goberno. Para pór un exemplo, nos Estados Unidos o principal empregador de matemáticos é a Axencia de Seguridade Nacional[1].

Debido a que a matemática é útil en varias áreas, moitos matemáticos están involucrados coa física e a informática.

Personalidades das matemáticas

Grecia

Edición inglesa de 1570 dos Elementos de Euclides.
  • Tales de Mileto (625 a.C.-547 a.C.): considerado un dos Sete sabios de Grecia, estableceu o seu famoso teorema.
  • Pitágoras (582 a.C.-496 a.C.): aínda que non hai certeza, atribúeselle o que é o máis universal dos resultados matemáticos, o teorema que leva o seu nome.
  • Euclides (360 a.C.-295 a.C.): o seu libro Os Elementos, en trece volumes, é un compendio de todo o saber matemático da antigüidade. Dá nome a unha rama da xeometría: a xeometría euclidiana.
  • Arquímedes (287 a.C.-212 a.C.): a pesar de ser máis coñecido polos seus traballos no campo da física e o seu famoso principio, foi tamén un gran matemático, chegando a ser considerado como o máis grande da Antigüidade. Ideou un método para obter unha aproximación do número π cun número tan grande de cifras como se queira. Está considerado como un precursor do cálculo moderno por usar o método exhaustivo para achar áreas e volumes.
  • Hipatia (c. 370-415): a primeira muller matemática coñecida. Viviu en Alexandría, onde seu pai era director da biblioteca e foi quen a indroduciu nas matemáticas. As súas obras perdéronse, mais coñécense grazas a algúns dos seus discípulos que as divulgaron. Destacan os seus comentarios aos libros da Aritmética de Diofanto, ás Seccións cónicas de Apolonio e aos Elementos de Euclides. Elaborou tamén unhas táboas astronómicas, revisión das de Tolomeo.

Oriente

  • Li Hui (século III): matemático chinés, conseguiu unha boa aproximación de π (3,14159) cun algoritmo semellante ao usado por Arquimedes. O seu libro Os nove capítulos da arte matemática é un clásico da matemática chinesa.
  • Brahmagupta (589–668): matemático e astrónomo indio, está considerado como o pai da aritmética, da álxebra e da análise numérica. Popularizou o uso do número cero e descubriu unha fórmula para resolver unha ecuación de segundo grao. Un teorema de xeometría leva o seu nome.

Mundo islámico

Selo postal soviético conmemorativo de Al-Khwarizmi.
  • Al-Khwarizmi (c. 780-850): introduciu o número cero, invención da matemática india, no mundo islámico. Recolleu o seu traballo na resolución de ecuacións no libro Al-jabr wa 'l-muqābala, isto é, Compendio do cálculo mediante restitución e redución, que traducido ao latín por Xerardo de Cremona, foi usado como libro de texto nas universidades europeas ata o século XVI. Da súa importancia dá fe o feito de que a palabra álxebra deriva da árabe al-jabr (restitución) que aparece no título do libro. Outro termo matemático, algoritmo, deriva do seu propio nome, Al-Khwarizmi.
  • Omar Khayyam (1048-1131): é máis coñecido por atribuírselle o poemario Rubaiyat, obra sobranceira da literatura islámica. Porén o seu labor como matemático nas ecuacións tamén deixou pegada como o testemuña o feito de debérselle a el o uso da letra para nomear a incógnita das ecuacións.

Idade Media

Renacemento

Nicolo Fontana, máis coñecido por Tartaglia, retratado na portada do seu libro Quesiti et inventioni diverse.
  • Tartaglia (c. 1500-1557): achou unha fórmula para a resolución de ecuacións cúbicas: fórmula de Cardano-Tartaglia, e outra para o volume dun tetraedro: fórmula de Tartaglia. A disposición dos números combinatorios en forma de triángulo leva o seu nome, se ben tamén é coñecido como triángulo de Pascal.
  • Gerolamo Cardano (1501-1576): médico e matemático italiano. Como médico foi o primeiro en describir a febre tifoide. Sen desmerecer o seu traballo na resolución de ecuacións, no campo das matemáticas destaca por ser un dos precursores do cálculo de probabilidades co seu Liber de ludo aleae sobre os xogos de azar.
  • Galileo Galilei (1564-1642): como matemático adiantouse 250 anos aos traballos co infinito de Georg Cantor co establecemento do paradoxo de Galileo o cal afirma que existen tantos números impares (e pares) como números naturais. Tamén contribuíu a crear un nexo de unión entre as matemáticas e a mecánica clásica da que foi precursor. Destacou tamén en astronomía e na construción de aparatos científicos.

Idade moderna

Retrato de Leibniz, pai do cálculo infinitesimal.

Idade contemporánea

Carl Friedrich Gauss, Príncipe das Matemáticas.
A matemática rusa Sofia Kovalewska, terceira muller europea en chegar a ser profesora universitaria.

Actividades

Outras ocupacións dos matemáticos son os analistas de investigación operativa, os estatísticos e os estatísticos aplicados, os técnicos matemáticos e os actuarios.[3]

Autobiografías de matemáticos

Algúns matemáticos célebres escribiron autobiografías que en parte explican ao público xeral que fai que lles fixo dedicar as súas vidas ao estudo. Dan lugar a algnhas miradas sobre que significa ser matemático. A seguinte listaxe contén algúns traballos que non son estritamente autobiografías senón ensaios sobre as matemáticas e os matemáticos con fortes elementos autobiográficos.

  • De vita propria - Girolamo Cardano[4]
  • A Mathematician's Apology - G.H. Hardy[5]
  • A Mathematician's Miscellany (editado tamén como Littlewood's miscellany) - J. E. Littlewood[6]
  • I Am a Mathematician - Norbert Wiener[7]
  • I want to be a Mathematician - Paul R. Halmos
  • Adventures of a Mathematician - Stanislaw Ulam[8]
  • Enigmas of Chance - Mark Kac[9]
  • Random Curves - Neal Koblitz
  • Love & Math - Edward Frenkel
  • Mathematics without apologies - Michael Harris[10]

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Krantz, Steven G. (2012). A Mathematician comes of age. The Mathematical Association of America. ISBN 978-0-88385-578-2. 

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: