Activismo

O activismo é a actividade a favor dunha doutrina ou organización que implique un cambio social ou político.[1][2]O termo apareceu por primeira vez na prensa belga en 1916 para facer referencia ó movemento nacionalista flamengo.[3]

Mulleres nunha folga feminista no ano 1970 en Washington D.C.

O activismo pode consistir en realizar múltiples tarefas como escribir cartas aos xornais, poñer mensaxes en foros de Internet, participar en campañas políticas, boicots, manifestacións ou folgas e mesmo nalgúns casos tode asumir tácticas de guerrilla, o que pode levar a que sexa considerado terrorista por uns e liberador por outros.[4]

En especial, o activismo de carácter relixioso, feminista ou ecoloxista pode tratar de convencer á xente para cambiar os seus hábitos no canto de dirixirse ós gobernos.[4][5]

Notas


 Este artigo sobre política é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

🔥 Top keywords: