Adolf Hohenstein
Adolf ou Adolfo Hohenstein, nado o 18 de marzo de 1854 en San Petersburgo e finado o 12 de abril de 1928 en Bonn, foi un pintor, ilustrador, escenógrafo e deseñador de vestiario alemán. Hohenstein foi un dos cartelistas máis coñecidos do seu tempo e está considerado un pioneiro do Modernismo en Italia.Canda Leonetto Cappiello, Giovanni Mario Mataloni, Leopoldo Metlicovitz e Marcello Dudovich, está considerado un dos cartelistas máis importantes de Italia, onde pasou un tempo.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de marzo de 1854 ![]() San Petersburgo, Rusia ![]() |
Morte | 12 de abril de 1928 ![]() Bonn ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Alemaña ![]() |
Relixión | Igreja evangélica (pt) ![]() ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Pintura, escenografía, litografía e break-away (en) ![]() ![]() |
Lugar de traballo | Milán Altenessen (en) ![]() Viena Bonn Düsseldorf Tailandia ![]() |
Ocupación | cartelista , litógrafo , pintor , deseñador gráfico , ilustrador , escenógrafo , diseñador de vestuario , deseñador ![]() |
Empregador | Giulio Ricordi (pt) ![]() ![]() |
Movemento | Art Nouveau ![]() |
Influencias | |
Lingua | Lingua alemá e lingua italiana ![]() |
Obra | |
Obras destacables
| |
![]() |
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/31/Adolf_Hohenstein_-_IV_Esposizione_triennale_di_belle_arti_Milano_-_1900.jpg/220px-Adolf_Hohenstein_-_IV_Esposizione_triennale_di_belle_arti_Milano_-_1900.jpg)
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/8/88/Adolf_Hohenstein_-_Fiammiferi_senza_fosforo_-_1905.jpg/250px-Adolf_Hohenstein_-_Fiammiferi_senza_fosforo_-_1905.jpg)
Biografía
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/8/8c/Boheme-poster1.jpg/250px-Boheme-poster1.jpg)
Hohenstein foi fillo de pais alemáns, Julius e Laura IRack, e naceu en San Petersburgo, daquelas, Imperio Ruso. Seu pai era un enxeñeiro de montes cuxo traballo lle obrigaba a viaxar intensamente. Máis tarde, a familia trasladouse a Viena, onde Adolf se criaría e completaría a súa educación. As súas viaxes levárono logo a India, onde traballaría decorando casas da clase alta local. En 1879 trasladouse a Milán, onde empezou o seu período máis creativo.
Foi nomeado deseñador de vestiario no Teatro alla Scala, así como tamén noutros teatros e óperas. Contratado como director de arte e deseños, realizando os carteis para as óperas La Bohème, Tosca e Madama Butterfly de Giacomo Puccini,[1] con quen traballou moi de cerca en varias ocasións. Tamén traballou na publicidade, facendo gráficos para a compañía de bebidas Campari e cousas para o xornal Corriere della Sera, así como postais e portadas de libros.
Nos primeiros anos dos 1900, tras casar con Katharina Plaskuda, unha viúva, viaxou máis frecuentemente entre Italia e Alemaña até 1906, ano no que deixou Milán definitivamente. Trasladouse a Alemaña, onde principalmente realizou a súa actividade como pintor. Entre 1909 e 1923, Hohenstein foi membro dunha asociación de artistas de Düsseldorf, estando asociado á Escola de pintura de Düsseldorf.