Agrupación de electores
A agrupación de electores, segundo a lexislación electoral española, é un conxunto de cidadáns que se asocia temporalmente co único fin de presentar unha candidatura a unhas determinadas eleccións. Para presentar candidaturas as agrupacións de electores necesitan presentar un número mínimo de firmas:
- Para as eleccións ao Congreso dos Deputados e ao Senado o 1% dos rexistrados no censo electoral da respectiva circunscrición electoral (a provincia e as cidades de Ceuta e Melilla no caso do Congreso; a provincia, salvo no caso nas insulares, nas que a illa é a circunscrición electoral), tal como regula o artigo 169 da Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral.
- Para as eleccións municipais (artigo 187 da Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral):
- En municipios de menos de 5.000 habitantes, o 1% dos rexistrados sempre que o número de asinantes sexa máis do dobre que o de concelleiros a elixir.
- Nos comprendidos entre 5.001 e 10.000 habitantes polo menos 100 firmas.
- Nos comprendidos entre 10.001 e 50.000 habitantes polo menos 500 firmas.
- Nos comprendidos entre 50.001 e 150.000 habitantes polo menos 1.500 firmas.
- Nos comprendidos entre 150.001 e 300.000 habitantes polo menos 3.000 firmas.
- Nos comprendidos entre 300.001 e 1.000.000 de habitantes a menos 5.000 firmas.
- Nos demais casos polo menos 8.000 firmas.
- Para o Parlamento Europeo, 15.000 electores (artigo 220 da Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral).
- Para as eleccións autonómicas depende da lexislación de cada comunidade autónoma, pero adoita ser o 1% dos electores da correspondente circunscrición electoral.
Véxase tamén
Ligazóns externas
🔥 Top keywords: PortadaEspecial:ProcurarEspecial:Cambios recentesCarles PuigdemontGerardo Lorenzo GonzálezMaría JamardoXelucho Abella ChouciñoWikipedia:Entradas de Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXISurFátima IglesiasSegunda guerra mundialHeroínas de SálvoraAWStatsAxuda:IntroduciónA illa das mentirasProne Lugo ADListenbourgRaquel AtanesWikipedia:Artigos de calidadeSecuenciación de proteínasEva Iglesias MiguénsJavier CasqueiroAxuda:Cambios relacionadosPosicións sexuaisProxyPasaporte iroquésEslovaquiaGaliciaColocación do pronome átono en galegoHerbas de san XoánWikipedia:Wikiproxecto fotos de parroquiasLista de xentilicios de concellos galegosUxía Oviedop06skA CoruñaWikipedia:Advertencia xeralShinovaLista de castelos de Portugalfjra5