Andes

cordilleira montañosa de América do Sur

Os Andes (quechua: Antis, "rexión dos antis") é unha cordilleira montañosa de América do Sur. O seu percorrido é de norte a sur pola costa occidental do continente, dende Venezuela ata a Patagonia, pasando por Colombia, Ecuador, o Perú, Bolivia, Chile e a Arxentina. Ten unha lonxitude de máis de 7500 km, unha anchura que oscila entre uns 180 km ata 700 km e a súa altitude media sitúase ao redor dos 4000 metros. O seu punto máis elevado é o pico Aconcagua con 6.959 metros.

Andes
Antis (quechua)
Monte Aconcagua
Localización
Continente/sAmérica do Sur
País/es Chile
Arxentina
Bolivia
Perú
Ecuador
Colombia
Venezuela
Datos
CordilleiraCordilleira Americana
SubsistemaAndes Setentrionais, Centrais e Meridionais
Principais cumesAconcagua, nevado Ojos del Salado, monte Pissis, cerro Mercedario, nevado Huascarán, cerro Bonete, nevado Tres Cruces, volcán Llullaillaco, volcán Walther Penck, volcán Incahuasi, volcán Chimborazo, volcán Galeras, volcán Tungurahua, volcán Cotopaxi, El Plomo, Bolívar, Humboldt etc.
Cota6960 msnm
Superficie3 370 794 km²
Lonxitude7240 km[1]
Ancho500 km
OrientaciónNorte/Sur
Imaxe de satélite dos Andes. Fonte: NASA.
Cono de Arita, Provincia de Salta (Arxentina).

Na súa parte meridional únese e é fronteira natural entre Chile e a Arxentina. Na parte central divídese en dous cordóns, Cordilleira Occidental e Cordilleira Oriental, formando entre os dous cordóns unha meseta de grande altitude, chamada Altiplano. Esta separación continua ata Colombia onde antes de chegar ó mar Caribe divídese en tres cordóns.

Descrición física

Alpamayo no Perú.

A formación dos Andes data do período Terciario. A acción continua das forzas tectónicas o largo de zona de subducción entre as placas de Nazca e a Suramericana son as causantes da formación desta cordilleira, este fenómeno ocorre a través dos bordos converxentes. Esta actividade modificou a súa morfoloxía e composición, por efecto dos afundimentos e levantamentos da codia. Esta acción da como resultado que a zona sexa de grande actividade sísmica e volcánica. Así podemos destacar volcáns da zona como o Cotopaxi e Chimborazo en Ecuador, e Ojos del Salado en Chile. Os Andes poden ser divididos en tres seccións: Andes Setentrionais, Andes Centrais e Andes Meridionais.

Andes Setentrionais

Os Andes Setentrionais comezan en Venezuela, na cordilleira de Meriada, que chega a alcanzar os 5000 metros nalgúns puntos. Esta únese a cordilleira Oriental de Colombia constituíndo unha cadea montañosa paralela coa cordilleira Central e esta coa cordilleira Occidental. Entre elas constitúense o Valle del Cauca entre as cordilleiras Occidental e Central, e o Val do Magdalena entre a Central e o Oriental.

A cordilleira Occidental é polo xeral dunha altura menor. A Central é moito máis elevada con cumios de máis de 5000 metros. Pola su parte a Oriental e máis fragmentaria e contén numerosas cristas e mesetas altas, onde nunha delas está situada Bogotá. A cordilleira Central e a Oriental o chegar o Ecuador únense formando unha soa cordilleira. A partir de aquí só hai que distinguir a cordilleira Occidental e a cordilleira Oriental

Andes Centrais

Na altura do Perú as dúas cordilleiras que en Ecuador non tiñan máis que unha separación de 60 km chegan a alcanzar unha distancia entre si de ata 700 km, formando altas mesetas moldeadas pola erosión, nas que poden haber lagos, como é o caso do lago Titicaca. Neste sector dos Andes a cordilleira Oriental é aínda a máis alta de media. Pola contra a cordilleira occidental é unha das cadeas montañosas máis volcánicas do mundo.

A medida que os Andes vanse aproximando a Chile e a Arxentina a separación entre as dúas cordilleiras vaise diminuíndo ata chegar a desaparecer e formar un só bloque.

Andes Meridionais

Caracterízase pola progresiva desaparición ao sur, chegando a diminuír a súa altitude ata os 3000 metros. Hai que destacar a zona norte de Chile e a Arxentina onde se sitúan picos dunha grande altitude como é o caso do Aconcagua. Segundo se vai cara ao sur é característico o labor de erosión levado a cabo polos glaciares, moldeando a montaña.

Cumios máis altos

O maior cume da cordilleira dos Andes é o Aconcagua que, con 6960,8 msnm,[2] é o punto máis alto do mundo fora do asiático sistema dos Himalaias, ademais de ser o cume de maior altitude dos hemisferios sur e occidental. Sitúase en Mendoza, Arxentina.

Arxentina e Chile comparten os picos máis altos dos Andes; entre eles, o Nevado Ojos del Salado, o volcán máis alto do mundo[3][4] e o segundo cume máis alto do continente. Estes cumes son seguidos pola cordilleira Branca situada no Perú, a cordilleira Real de Bolivia e Andes ecuatorianos.

No sur do Perú, cerca do Cuzco, atópase a cordilleira de Vilcanota, onde está situado o glaciar Quelccaya, o glaciar máis extenso de toda a zona intertropical do mundo.[5][6] Esta singularidade permitiu estudar nos seus xeos os cambios climáticos ocorridos no trópico desde a última era glacial.

Os 10 cumes máis altos da cordilleira dos Andes
AltitudeNomeCordilleiraSituaciónPaís
6960,8[2]AconcaguaCordilleira FrontalProvincia de Mendoza Arxentina
6891,3[3]Nevado Ojos del SaladoPuna de AtacamaProvincia de Catamarca
Rexión de Atacama
Arxentina
Chile
6795Monte PissisPuna de AtacamaProvincia de La Rioja
Provincia de Catamarca
Arxentina
6770Cerro MercedarioCordilleira de la RamadaProvincia de San Juan Arxentina
6768Nevado HuascaránCordilleira BrancaDepartamento de Ancash Perú
6759Cerro BonetePuna de AtacamaProvincia de La Rioja Arxentina
6758Nevado Tres CrucesPuna de AtacamaProvincia de Catamarca
Rexión de Atacama
Arxentina
Chile
6739Volcán LlullaillacoPuna de AtacamaProvincia de Salta
Rexión de Antofagasta
Arxentina
Chile
6658Volcán Walther PenckPuna de AtacamaProvincia de Catamarca Arxentina
6638Volcán IncahuasiPuna de AtacamaProvincia de Catamarca
Rexión de Atacama
Arxentina
Chile
Os cumes máis altos da cordilleira dos Andes por país
AltitudeNomeCordilleiraSituaciónPaís
6960,8[2]Cerro AconcaguaCordilleira FrontalProvincia de Mendoza Arxentina
6891,3[3]Nevado Ojos del Salado[7]Puna de AtacamaProvincia de Catamarca
Rexión de Atacama
Arxentina
Chile
6768Nevado HuascaránCordilleira BrancaDepartamento de Ancash Perú
6542Nevado SajamaCordilleira OccidentalDepartamento de Oruro Bolivia
6310Volcán ChimborazoCordilleira OccidentalProvincia de Chimborazo Ecuador
5750Nevado del Huila[8]Cordilleira CentralHuila
Tolima
Cauca
Colombia
4978Pico BolívarCordilleira de MéridaEstado Mérida Venezuela
O Aconcagua, na Arxentina, é con 6960,8 msnm o punto máis alto do mundo fóra do sistema dos Himalaias en Asia, ademais de ser o cume de maior altitude dos hemisferios meridional e occidental
O Nevado Ojos del Salado, entre a Arxentina e Chile, é o volcán máis alto do mundo e o segundo cume máis alto do continente con 6891,3 msnm.
O Nevado Huascarán, no Perú, é o cume máis alto da zona intertropical con 6768 msnm.
O Nevado Sajama, en Bolivia, con 6542 msnm.
O Volcán Chimborazo de 6310 msnm en Ecuador, é o punto terrestre máis próximo o Sol.
O Nevado del Huila, en Colombia, con 5750 msnm.
O Pico Bolívar, en Venezuela, con 4978 msnm.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

🔥 Top keywords: