Arapáimidos

Os arapáimidos (Arapaimidae) son unha familia de peixes de auga doce osteoglosiformes coñecidos por ter linguas óseas. Esta familia inclúe os xéneros Arapaima do Amazonas e o Heterotis de África.[1] As especies desta familia considérase ás veces que forman parte da familia Osteoglossidae.

Un estudo xenético mostrou que os Arapaimidae (Arapaima e Heterotis) diverxiron dos Osteoglossidae hai uns 220 millóns de anos, durante o Triásico tardío. Dentro dos osteoglósidos, a liñaxe que deu lugar ao Osteoglossum suramericano diverxiu hai uns 170 millóns de anos, durante o Xurásico medio. O xénero asiático e australiano Scleropages separouse hai uns 140 millóns de anos, durante o Cretáceo inicial.[2]

Notas