Arco de triunfo

Un arco de triunfo é un monumento construído para conmemorar unha vitoria militar, aínda que, en realidade, se usou para festexar e aumentar o prestixio dun gobernante. Os primeiros arcos de triunfo foron levantados polos romanos na Antigüidade e cada un estaba dedicado a un xeneral vitorioso. O arco de triunfo clásico é unha estrutura autónoma, bastante separada das portas ou murallas da cidade.

O Arco de Constantino, construído en Roma no ano 315.

Na súa forma máis simple, un arco de triunfo consiste en dúas pilastras macizas unidas por un arco, rematadas por unha superestrutura plana ou ático na que pode estar unha estatua ou pode presentar inscricións conmemorativas. A estrutura debía estar decorada con tallas, destacadamente con figuras aladas femininas da vitoria (moi parecidas a anxos), un par das cales tipicamente ocupan os triángulos curvados á beira da parte superior da curva do arco. Arcos de triunfo máis elaborados teñen outros arcos secundarios flanqueándoo, tipicamente un par.

O motivo rítmico ABA, dun van central en forma de arco flanqueado por outros máis pequenos, foi adaptado na arquitectura clásica, particularmente a partir do Renacemento, para articular os muros das estruturas. Os vans poden tomar a forma dunha fornela ou estar «cegos», cunha cachotaría continua detrás deles.

Véxase tamén


 Este artigo sobre arquitectura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

🔥 Top keywords: