Articulación temporomandibular
A articulación temporomandibular humana é unha articulación entre o maxilar inferior e o temporal, na que se artellan:
- Cóndilo da mandíbula.
- Cavidade articular do temporal.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/c/c1/Gray309-en.svg/350px-Gray309-en.svg.png)
Esta articulación é fundamental para a mastigación, xa que permite mover a mandíbula.
Movementos da articulación
- Elevación e descenso.
- Proxección cara a adiante e cara a atrás.
- Lateralización.
Ligamentos articulares
- Cápsula articular: contornea as superficies óseas.
- Ligamento temporomandibular: é o ligamento de maior entidade.
- Ligamento estilomaxilar: forma parte do Ramallete de Riolano. Provén da apófise estiloide e chega ó maxilar inferior.
- Ligamento esfenomaxilar: provén da espiña do esfenoide.
Músculos da articulación
- Depresores: ventre anterior do digástrico, milohioide. Accesoriamente tamén o xenihioide.
- Elevadores: temporal, maseter, pterigoide interno.
- Proxectores cara a adiante: os dous pterigoides externos contraéndose simultaneamente.
- Proxectores cara a atrás: digástrico, fibras horizontais do temporal.
- Lateralizadores: os pterigoides internos e, sobre todo, os externos, contraéndose alternativamente dun só lado.
🔥 Top keywords: PortadaEspecial:ProcurarEspecial:Cambios recentesCarles PuigdemontGerardo Lorenzo GonzálezMaría JamardoXelucho Abella ChouciñoWikipedia:Entradas de Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXISurFátima IglesiasSegunda guerra mundialHeroínas de SálvoraAWStatsAxuda:IntroduciónA illa das mentirasProne Lugo ADListenbourgRaquel AtanesWikipedia:Artigos de calidadeSecuenciación de proteínasEva Iglesias MiguénsJavier CasqueiroAxuda:Cambios relacionadosPosicións sexuaisProxyPasaporte iroquésEslovaquiaGaliciaColocación do pronome átono en galegoHerbas de san XoánWikipedia:Wikiproxecto fotos de parroquiasLista de xentilicios de concellos galegosUxía Oviedop06skA CoruñaWikipedia:Advertencia xeralShinovaLista de castelos de Portugalfjra5