Avenida de Enrique Salgado Torres

avenida na Coruña

8°24′33″O / 43.351005555556, -8.4091083333333

A avenida de Enrique Salgado Torres é un dos principais accesos viarios á Coruña. Dende 1971 leva o nome de Enrique Salgado Torres, antigo director xeral de Vivenda do Ministerio de Vivenda de España nos anos 60, principal impulsor desta vía e dos barrios que a arrodean[1].

Av. Enrique Salgado Torres
Tipoloxíaavenida
Dimensións
Lonxitude2 km
Formatodobre calzada
Localización
InicioRúa Ramón y Cajal
FinAv. Severo Ochoa

Orixinariamente púxose en servizo como vía de alta capacidade para conectar o porto da Coruña e a N-VI co florecente polígono industrial A Grela - Bens e a AC-552. O seu firme caracterízase por ser de placas de formigón, habitual nese tipo de vías construídas por esa época.[2]

Coa posta en servizo da AC-10, a avenida de Salgado Torres foi perdendo tráfico, especialmente pesado[3], até que en 2015 abriu o enlace da avenida coa AC-14 que a converteu nunha vía de entrada á cidade.[4][5]

O 15 de xuño de 2016 púxose en funcionamento unha rotonda entre o túnel e a conexión coa AC-14 que permite liberdade de xiros para os vehículos con orixe ou destino na 2ª fase do polígono de Elviña e a estación de tren de San Cristovo.[6]

Notas

Véxase tamén



 Este artigo sobre estradas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.