Aviñón

cidade do sueste de Francia

Aviñón[1][2][3] (en francés: Avignon, en occitano: Avinhon ou Avignoun) é unha cidade do sueste de Francia, situada no departamento de Vaucluse, na rexión de Provenza-Alpes-Costa Azul. En 2006 tiña unha poboación de 94.787 habitantes.

Modelo:Xeografía políticaAviñón
Avignon (fr)
Avinhon (oc) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 43°56′55″N 4°48′30″L / 43.9486, 4.80834°48′30″L / 43.9486, 4.8083
EstadoFrancia
Divisións administrativasFrancia Metropolitana
RexiónsProvenza-Alpes-Costa Azul
DepartamentoVaucluse
Distritosarrondissement d'Avignon (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación90.330 (2021) Editar o valor em Wikidata (1.391,62 hab./km²)
Lingua oficiallingua francesa Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Situado na entidade territorial estatísticaQ108921179 Traducir
Q3550926 Traducir Editar o valor em Wikidata
Superficie64,91 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porRío Ródano e Rio Durance (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altitude10 m-122 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Evento clave
12 de setembro de 1226Siege of Avignon (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Alcaldesa Editar o valor em WikidataCécile Helle (pt) Traducir (2014–) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal84000 e 84140 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico49 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con
Orvieto (pt) Traducir
Ceccano (pt) Traducir
Alcañiz
Rexión de Diourbel
Wetzlar (1960–)
Siena (1961–)
Diourbel (en) Traducir (1961–)
Tortosa (1967–)
Tarragona (1968–)
Colchester (pt) Traducir (1972–)
New Haven (1978–)
Ioannina (1984–)
Guanajuato (1990–) Editar o valor em Wikidata

Páxina webavignon.fr Editar o valor em Wikidata
Facebook: avignon.ville Twitter: VilleAvignon Instagram: villedavignon Editar o valor em Wikidata
Centro Histórico de Aviñón: Palacio Papal, Conxunto Episcopal e Ponte de Aviñón
Vista aérea de Aviñon
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
PaísFRA
TipoCultural
CriteriosI, II, IV
Inscrición1995 (19º sesión)
Rexión da UNESCOEuropa e América do Norte
Identificador228

Historia

Aviñón foi residencia dos papas entre 1309 e 1377, cando a cidade atopábase baixo o goberno dos reis de Sicilia pertencentes á Casa de Anjou. En 1348, o papa Clemente VI comprou unha residencia á raíña Xoana I de Sicilia. Ese período, no que residiron na cidade os papas Clemente V, Xoán XXII, Bieito XII, Clemente VI, Inocencio VI, Urbano V e Gregorio XI, é coñecido como Papado de Aviñón. Despois dese período, en 1378, produciuse o Gran Cisma de Occidente que non se resolveu ata 1417.

Os antipapas Clemente VII e Bieito XIII continuaron residindo na cidade aínda despois de que os papas regresasen a Roma en 1377. Clemente VII permaneceu en Aviñón durante todo o seu pontificado (1378-1394) mentres que Bieito XIII viviu en Aviñón ata que fuxiu cara a Aragón, fixando a súa residencia finalmente en Peníscola, onde morreu aos 96 anos en 1423.

Aviñón fora sede episcopal desde o ano 70 dC, e foi convertida en Arcebispado en 1476. Nel celebráronse varios sínodos de menor importancia. A súa universidade foi fundada polo papa Bonifacio VIII en 1303 e, debido á súa reputación polos seus estudos en leis, tivo grande importancia ata a Revolución francesa.

Xeografía

Está situada na marxe esquerda do río Ródano, no sueste do país. Está preto da costa, a 80 km ao noroeste de Marsella e a 650 km de París. O seu clima é mediterráneo, con invernos frescos e veráns cálidos.

Lugares de interese

Aviñón é unha vila de rico patrimonio protexido e o seu centro histórico foi declarado Patrimonio da Humanidade pola Unesco en 1995. Entre os seus lugares de interese destacan:

  • Pazo dos Papas
  • Conxunto episcopal
  • Ponte de Aviñón
  • Murallas
  • Basílica de San Pedro
  • Hôtel de Ville, casa do concello.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Predecesor:
Weimar

Capital Europea da cultura
xunto con Praga
Bergen
Boloña
Bruxelas
Cracovia
Helsinqui
Reiquiavik
Santiago de Compostela

2000
Sucesor:
Rotterdam
Porto
🔥 Top keywords: