Comarca do Baixo Miño

comarca na provincia de Pontevedra
(Redirección desde «Baixo Miño»)

A comarca do Baixo Miño é unha comarca galega situada no suroeste da provincia de Pontevedra e a súa capital é Tui. Pertencen a ela os concellos de A Guarda, Oia, O Rosal, Tomiño e Tui.

Comarca do Baixo Miño
ProvinciaProvincia de Pontevedra
Área322,85 km²
Poboación50.252 hab. (2020)
Densidade155,65 hab./km²
Concellos A Guarda
Oia
O Rosal
Tomiño
Tui

Xeografía

Situación

A comarca do Baixo Miño localízase co océano Atlántico ao oeste e o río Miño ao sueste que lle serve de fronteira natural con Portugal, até a súa desembocadura na Guarda, onde forma un amplo esteiro de importancia ornitolóxica.

Demografía

Padrón municipal 202050.252 habitantes[1]
Menores de 15 anos6.848 (13,63 %)
Entre 16 e 64 anos32.103 (63,88 %)
Maiores de 65 anos11.301 (22,49 %)
Evolución da poboación de Comarca do Baixo Miño   Fontes: INE e IGE.
1900193019501981200420092011201220132014201520162017201820192020202120222023
35.10137.98740.57444.11047.14550.79951.11651.09650.63050.40250.28249.99849.82849.64649.46450.252
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Fonte: IGE[2] e INE[3].

ConcelloExtensión[4]
(km²)
Poboación[2] (2020)
(hab.)
Densidade
(hab./km²)
A Guarda20,5010.025489,02
Oia83,303.04936,60
O Rosal44,136.289142,51
Tomiño106,6113.566127,25
Tui68,3217.323253,55
TOTAL322,8550.252155,65

Igrexa

Está dentro da diocese de Tui-Vigo, abarcando parroquias dos arciprestados de A Guarda-Tebra e Tui-Entenza.

Economía

Sobresae a produción pesqueira (A Guarda), coa frota palangreira adicada á captura do peixe espada máis importante do mundo; os vales do Rosal e outros levan as viñas da comarca, cos seus viños incluídos na denominación de Orixe Rías Baixas.

Política e goberno

Partidos na alcaldía de cada concello tras as eleccións municipais do ano 2019.     PSdeG      PPdeG      BNG

Tras as eleccións municipais do ano 2019, o PSdeG-PSOE gobernou os concellos de Tui[5] e A Guarda[6], o BNG os de Tomiño[7] e O Rosal[8], mentres que o PP o de Oia[9].


Galería de imaxes

Vexa o artigo principal en Galería de imaxes da comarca do Baixo Miño

Notas

Véxase tamén


 Este artigo sobre comarcas de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

🔥 Top keywords: