Provincia de Pontevedra

provincia galega

Pontevedra é unha das catro provincias de Galicia creadas por Javier de Burgos en 1833. Limita ao norte coa provincia da Coruña, ao leste coa provincia de Ourense e a provincia de Lugo, ao sur con Portugal e ao oeste co océano Atlántico. A súa capital é a cidade de Pontevedra, con 82.828habitantes en 2022, sendo Vigo a súa maior cidade cunha poboación de 292.374 habitantes (2022). É a provincia máis pequena e a segunda máis poboada de Galicia trala da Coruña.

Modelo:Xeografía políticaProvincia de Pontevedra
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 42°26′N 8°38′O / 42.43, -8.638°38′O / 42.43, -8.63
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia Editar o valor em Wikidata
CapitalPontevedra Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación944.275 (2021) Editar o valor em Wikidata (210,07 hab./km²)
Xeografía
Superficie4.495 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porOcéano Atlántico Editar o valor em Wikidata
Punto máis altoSerra do Faro (1.187 m) Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Organización política
Órgano executivoDeputación de Pontevedra Editar o valor em Wikidata
• Presidente da Deputación Editar o valor em WikidataCarmela Silva (2015–) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal36 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
ISO 3166-2ES-PO Editar o valor em Wikidata
Código NUTSES114 Editar o valor em Wikidata
Código INE36 Editar o valor em Wikidata

Páxina webdepo.gal… Editar o valor em Wikidata
Pontevedra, por Francisco Coello, 1856.

Historia

Demografía

A súa poboación é de 945.408 habitantes en 2020 (456.452 homes e 488.956 mulleres). Representa o 34,99 % da poboación galega aínda que, en superficie, Pontevedra só supón o 15,2 %. A cidade máis grande e poboada da provincia é Vigo.

Evolución da poboación de Provincia de Pontevedra   Fontes: INE e IGE.
1900193019501981200420092011201220132014201520162017201820192020202120222023
457.262568.011671.609859.897930.931959.764963.511958.428955.050950.919947.374944.346942.731941.772942.665945.408
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Obsérvase un crecemento demográfico constante desde os censos que tiña xa no XIX (457.262 habitantes en 1900, 641.763 en 1940), atenuándose o incremento notablemente entre os anos 1940 e 1960 a consecuencia da emigración a Europa e a outras zonas de España. Esta tendencia estabilizadora rómpese co desenvolvemento industrial de Vigo que, nos últimos decenios do século XX, permite incrementos no censo de ata o 13 % entre os anos 70 e 80. A partir deste momento prodúcese unha nova desaceleración (a poboación crece só un 2 % entre os anos 1990 e 2000) mantendo unha liña ascendente até o ano 2011.

Pontevedra é a segunda provincia máis poboada da Comunidade e tamén a máis pequena, cunha densidade de poboación en 2020 de 210,34 habitantes por km², fronte á media de 91,36 no conxunto de Galicia. A poboación distribúese de forma moi irregular e aparece concentrada nos municipios costeiros: só Pontevedra e Vigo concentran o 40,19 % dos habitantes da provincia.

Evolución demográfica de Vigo desde 1900.

A concentración de habitantes en Vigo [1] trouxo consigo a demanda desta cidade de situar alí certos servizos administrativos. Tanto a Administración autonómica como a periférica estatal localizaron en Vigo diversas unidades administrativas, como a Delegación Provincial de Pesca. Este fenómeno tamén deu pé a movementos sociais que reivindican a capitalidade ou a creación dunha quinta provincia galega que acolla a Vigo e a súa área de influencia. Coa reforma da estrutura orgánica periférica da Xunta aprobada polo goberno de Feijóo a principios de 2009, Vigo equipárase ás catro capitais de provincia coa creación de cinco Delegados do Goberno.

Xeografía

A extensión xeográfica da provincia é de 4.494,64 km², o que a converte nunha das provincias menos extensas de España, só por riba das provincias vascas e canarias.

Xeoloxicamente, considérase dividida en tres seccións verticais: unha zona costeira cara a occidente, unha zona de montaña cara a oriente e unha depresión central.

Rías baixas galegas, con indicación dos ríos e illas.

A fachada marítima está formada por 398 km de costas peninsulares e 109 km de costas insulares, entre a ría de Arousa (que separa Pontevedra da Coruña) e a desembocadura do Miño (que a separa de Portugal). Outras rías definitorias da costa pontevedresa son a de Pontevedra e a de Vigo. Constitúen o conxunto denominado Rías Baixas e son as rías galegas máis grandes: de entre 20 e 30 km de lonxitude e de profundidades que chegan a supera-los 50 metros. Fronte a estas rías distribúese un importante número de illas e illotes, entre as que cómpre destaca-los arquipélagos de Ons e as Cíes, así como as illas de Cortegada, Malveiras, Arousa, A Toxa, Tambo, San Simón e Toralla.

A partir deste bordo costeiro ábrese unha chaira cunha altitude media que varía entre os 100 metros na foxa de Caldas ós 500-800 metros no centro e sur. Nesta chaira elévanse alturas residuais como os montes Xiabre, Castrove, o Galiñeiro ou A Groba.

Cara ó leste érguese unha zona montañosa conformada polas cadeas de Farelo, Faro, Candán ou do Suído, entre outras.

Hidrografía

A provincia está percorrida por diversos ríos, todos eles de dirección leste-oeste, de caudal abundante e regular. Son o Ulla (que marca o límite coa provincia da Coruña), o Umia, o Lérez, o Verdugo, o Oitavén e o Miño (que marca o límite con Portugal). A esta rede fluvial hai que sumar numerosos cursos menores que van desemboscar na costa atlántica.

Cómpre destaca-los encoros de Portodemouros (no río Ulla), Eiras (no río Oitavén), Pontillón, Caldas e Zamáns.

Climatoloxía

O clima dominante é o atlántico temperado húmido, normalmente benigno polo efecto moderador oceánico. Tendo en conta os datos procedentes da estación de Lourizán (representativos das Rías Baixas) e de Mouriscade (Lalín) (representativos da zona alta do interior), a temperatura media oscila en torno ós 15 °C. As máximas superan os 30 °C en xullo e agosto e as mínimas chegan ós 0 °C en xaneiro, aínda que no interior poden chegar a -14 °C.

As choivas son abondosas, polas de masas de aire húmidas introducidas polas correntes de suroeste que penetran facilmente ó longo das rías. As cifras medias oscilan entre os 1.500 e os 2.000 milímetros de auga anuais na costa e superan os 2.000 mm no interior montañoso, onde non son raras as precipitacións en forma de neve. As néboas son un fenómeno habitual, sobre todo ó longo dos ríos.

Espazos naturais

Illas Cíes.

As condicións orográficas e climatolóxicas permitiron un alto nivel de biodiversidade en distintas zonas da provincia, algunhas delas recoñecidas como espazos naturais con diferente grao de protección:

Economía

Divisións administrativa e relixiosa

Mapa dos concellos de Pontevedra distribuídos por comarcas.

Pontevedra divídese en 61 concellos (véxase a lista de concellos de Pontevedra), distribuídos en 10 comarcas [3]:

Así mesmo, a provincia está dividida en 7 partidos xudiciais (Cambados, A Estrada, Lalín, Ponteareas, Pontevedra, Tui e Vigo).

Os concellos pontevedreses distribúense en tres dioceses: de Tui-Vigo: ao sur da ría de Vigo e o río Verdugo, de Lugo: a comarca do Deza, e de Santiago de Compostela: resto da provincia.

  • Lista dos concellos da provincia con máis de 10 000 habitantes en 2022:
     PSdeG      PPdeG      BNG      En Marea      CxG      Converxencia 21      Sanxenxo Agrupación Liberal      Independientes Ribadumia      Alternativa Canguesa de Esquerdas      Movemento Salceda
PosiciónConcello2022
Vigo292 374
Pontevedra82 828
Vilagarcía de Arousa37 677
Redondela29 055
Cangas26 832
Marín24 034
Ponteareas23 049
O Porriño20 408
Lalín20 201
10ºA Estrada20 106
11ºMoaña19 474
12ºNigrán18 054
13ºSanxenxo17 760
14ºTui17 375
15ºPoio17 276
16ºMos15 199
17ºGondomar14 970
18ºTomiño13 779
19ºCambados13 671
20ºBaiona12 349
21ºBueu11 978
22ºO Grove10 809
23ºVilanova de Arousa10 240
24ºSalvaterra de Miño10 079
25ºA Guarda10 013

Símbolos de Pontevedra

Escudo da cidade de Pontevedra.

No escudo de Pontevedra represéntase, sobre fondo azul, unha ponte de tres ollos, con elementos da muralla nos extremos da ponte e un cruceiro no centro. Estes mesmos elementos forman o escudo da capital.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Gran Enciclopedia Galega, s. v. Pontevedra
  • LEIRO, Adela; DAPORTA, Mon e CAAMAÑO RIVAS, Víctor: Espazos naturais. Provincia de Pontevedra. A Nosa Terra, Vigo, 2003.

Outros artigos

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: