Bandeira de Irlanda
A bandeira de Irlanda (en irlandés: An Bhratach Náisiúnta) é a bandeira nacional da República de Irlanda. É unha bandeira tricolor composta por tres franxas verticais de iguais dimensións: verde (lado do mastro), branca e laranxa. A franxa alaranxada simboliza aos protestantes de Irlanda e a verde representa aos católicos do país. A franxa branca representa a paz que eventualmente chegará entre eles.
Bandeira de Irlanda | |
---|---|
Características | |
Uso | |
Proporción | 1:2 |
Adopción | 1919 |
Cores | Verde Branco Laranxa |
É moi semellante á bandeira de Costa do Marfil, da que difire soamente pola disposición invertida das cores e polas proporcións.
Deseño
Esquema | Verde | Branco | Laranxa |
---|---|---|---|
Pantone | 347 | Branco | 151 |
Hex triplet | #009A49 | #FFFFFF | #FF7900 |
Historia
Foi usada por primeira vez polos nacionalistas irlandeses en 1848 durante a revolta da "Xove Irlanda". Foi deseñada para representar a poboación católica romana (verde) e a protestante (laranxa) da illa de Irlanda, que viven xuntas en paz, paz que se representa pola cor branca. Contrariamente ao que se pensa, esta non foi a bandeira do Alzamento de Pascua, que foi en realidade unha bandeira verde cunha arpa e as palabras "Irish Republic" (República Irlandesa), escritas en laranxa. Esta bandeira está exposta na sección de Kildare Street do Museo Nacional de Dublín. A tricolor foi utilizada na revolta, como bandeira da Compañía E, e foi colocada na Oficina de Correos Xeral (GPO, General Post Office) de Dublín, que foi o cuartel xeral dos xefes da revolta. Ao contrario da bandeira oficial, a tricolor da Compañía E foi adoptada pola poboación converténdose de facto na bandeira da República Irlandesa (1919-22).
A bandeira foi adoptada como bandeira nacional do Estado Libre irlandés en 1922. Cando o Estado Libre cambiou o nome a Éire, en 1937, a constitución (Bunreacht na hÉireann) deulle valor constitucional. Dende entón foi a bandeira de Irlanda.
A bandeira nacional aparece en:
- Áras an Uachtaráin (a residencia do Presidente de Irlanda);
- Leinster House (a sede do parlamento irlandés) cando o parlamento está en sesión;
- As cortes irlandesas e os edificios estatais.
Ademais aparece envolvendo os cadaleitos de:
- presidentes e expresidentes irlandeses
- soldados e policías falecidos en acto de servizo
- outras personalidades.
Nos funerais de estado de patriotas irlandeses por exemplo Sir Roger Casement (1965) ou Kevin Barry (2000), a bandeira nacional foi envolvida ao redor dos seus cadaleitos en sinal de respecto e honra.
A tricolor en Irlanda do Norte
Ironicamente, o simbolismo principal da bandeira, unidade e respecto entre católicos (verde) e protestantes (laranxa), non se converteu en realidade.No Acta do Goberno de Irlanda de 1920, Irlanda quedou dividida, co Nordeste con maioría unionista convertido en Irlanda do Norte. Irlanda do Norte, a través dun mecanismo orixinado nas seccións 11 e 15 do tratado Anglo-Irlandés elixiu non unirse ao Estado Libre Irlandés, senón seguir formando parte do Reino Unido. O estado norteirlandés emprega a bandeira da Unión Británica e a bandeira chamada "Man vermella do Ulster" (cunha coroa superposta a unha estrela de seis puntas) como símbolo do estado.
Outras bandeiras irlandesas
Bandeira presidencial
Bandeira | Período | Uso | Descrición |
---|---|---|---|
1945 - | Estandarte do Presidente da República | Arpa dourada sobre fondo azul |
Bandeiras rexionais
Bandeira | Período | Uso | Descrición |
---|---|---|---|
Bandeira das catro provincias | Os catro cuadrantes representan as provincias, cos escudos do Ulster (superior esquerdo, Munster (superior dereito), Connacht (inferior esquerdo) e Leinster (inferior dereito). | ||
Bandeira do Ulster | Cruz vermella sobre fondo amarelo, escudo do colonizador normando (John de Courcy), no centro un escudo branco que no seu interior ten unha man vermella | ||
Bandeira do Leinster | Arpa de ouro sobre fondo verde (empregada tamén como bandeira nacional naval) | ||
Bandeira do Connacht | Bandeira branquiazul coa metade dunha aguia á esquerda e un brazo erguendo unha espada á dereita | ||
Bandeira do Munster | Fondo azul con tres coroas douradas |
Bandeiras militares
Bandeira | Período | Uso | Descrición |
---|---|---|---|
Bandeira de bauprés | Arpa de ouro sobre fondo verde (tamén empregouse para representar laa Irlanda unida baixo o dominio británico) |
Bandeiras históricas
Bandeira | Período | Uso | Descrición |
---|---|---|---|
1783 - 1922 | Bandeira de San Patricio | Cruz vermella de Santo André sobre fondo branco | |
1801 - 1922 | Union Jack, bandeira do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda | Unha superposición da bandeira inglesa, da escocesa, e da de San Patricio | |
Bandeira do Señor Tenente de Irlanda | Unha Union Flag que no centro ten unha arpa de ouro sobre un escudo azul |
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Irlanda en Flags of the World (en inglés)