Batalla de Posada
A Batalla de Posada librouse entre o 9 e o 12 de novembro de 1330[3] loitando Basarab I de Valaquia contra Carlos I Roberto de Hungría.
Batalla de Posada | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Parte de Guerras valaco-húngaras | |||||||
![]() O sacrificio de Dezső protexendo a Carlos Roberto de József Molnár (1855) | |||||||
| |||||||
Belixerantes | |||||||
![]() | ![]() | ||||||
Líderes | |||||||
Carlos I Roberto | Basarab I | ||||||
Forzas en combate | |||||||
30.000[2] | Posiblemente 10.000[2] | ||||||
Baixas | |||||||
Moitas[2] | Poucas[2] |
O pequeno exército valaco liderado por Basarab, formado por cabalería, arqueiros, como tamén por campesiños locais, derrotou nunha emboscada a un forte exército húngaro de trinta mil homes na rexión montañosa supostamente próxima ao límite entre Oltenia e Severin.
A batalla resultou nunha grande vitoria para os valacos e nun desastre para Carlos Roberto, sendo un punto de inflexión na política do reino de Hungría, abandonando as súas pretensións de estenderse até o Mar Negro. Pola contra, para Valaquia, a vitoria significou un aumento de moral así como a evolución do estado independente.
Antecedentes
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/4/4b/Viennese_Illuminated_Chronicle_Posada.jpg/220px-Viennese_Illuminated_Chronicle_Posada.jpg)
En 1324, Valaquia estaba baixo dominio húngaro, e Roberto chámalle a Basarab "o noso voivoda transalpino".[4]
A guerra comeza coa incitación da Voivoda de Transilvania[5] e un tal Dionisio, que máis tarde levou o título de Ban de Severin.[4] En 1330, Roberto capturou a longamente disputada cidadela valaca de Severin e adheriuna á voivoda transilvana.[5]
Basarab mandou enviados para pedir o cesamento das hostilidades, e a cambio ofreceu pagar 7000 marcos en prata, entregar a fortaleza de Severin a Robert, e mandar ao seu propio fillo como refén.[5] Segundo a Crónica Iluminada Vienesa, Roberto diría sobre Basarab: "É o pastor do meu rabaño, e botareino das miñas montañas, agarrándoo polas barbas. Outra versión escrita di que Roberto dixo que o sacaría da súa casopa, talmente como calquera afala un boi ou saca as súas ovellas."[5]
Os conselleiros do rei pedíanlle que aceptara a oferta ou dera unha resposta afable, mais rexeitouna de plano e mandou o seu exército de trinta mil homes á Valaquia sen abastecementos nin un axeitado recoñecemento do lugar.[5] Basarab non podía manter unha batalla a campo aberto contra o grande exército, debido ao pobre estado das súas tropas, polo que decidiu repregarse polas montañas dos Alpes Transilvanos.
Roberto penetrou Curtea de Argeş, a cidade principal do estado valaco. Decatouse de que Basarab fuxira cara ás montañas e decidiu perseguilo. Tras moitos días de dura marcha polos Montes Cárpatos, no que as tropas empezaron a pasar fame, o rei e Basarab acordaron un armisticio, coa condición de que este último o provería de guías que coñecesen o camiño para saír das montañas e que levarían o exército de volta á chaira húngara pola ruta máis curta.[5]
Mais os guías levaron aos húngaros a unha emboscada. Cando o exército entrou nun barranco, os valacos empezaron a atacalos por todos os lados, disparándolle frechas, así como árbores e pedras.[5][6]
Batalla
A localización da batalla está aínda en debate entre os historiadores. Unha teoría localiza a batalla en Loviştea, por algún barranco do val do Olt, Transilvania.[4] Non obstante, o historiador romanés Neagu Djuvara nega isto e di que a batalla se tivo que dar nalgún lugar entre os límites das rexións de Oltenia e Severin.[7]
O exército valaco, liderado polo propio Basarab, probablemente contaba con menos de dez homes que consistía en cabalería, arqueiros a pé e algúns recrutas de campesiños locais.[6] Cando Robert viu que os seus mellores cabaleiros foran matados, incapaz de volver a atacar, mentres as rutas de fuxida estaban bloqueadas pola cabalería valaca, fuxiu canda uns poucos fieis cara a Visegrád "vestido con sucias roupas civís."[5]
Robert narrou despois, como un "Nicholas", fillo dun "Radoslav", salvou a súa vida defendéndoo de cinco guerreiros valacos, dándolle así tempo a escapar.[4] A maioría do exército húngaro, que incluía moitos nobres, foi destruído; entre as baixas atopábanse a Voivoda de Transilvania e o cura que acompañaba o rei.[5]
Consecuencias
A vitoria representou a supervivencia do estado valaco, como tamén o inicio dunha tensa relación entre Basarab e o Reino de Hungría, que rematou en 1344 cando Basarab mandou ao seu fillo Alexandru co fin de restablecer a relación entre os dous estados.
A causa do seu grande poder, o Reino de Hungría pronto recuperaría o seu exército e entraría en batalla co Sacro Imperio Romano Xermánico en 1337. Aínda así, o rei húngaro mantería de iure avasalados aos valacos.[8]
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- Długosz, Jan & Michael, Maurice. The Annals of Jan Długosz. (Abridged edition). IM Publications, 1997. ISBN 1-901019-00-4
- Ghyka, Matila. A Documented Chronology of Roumanian History - from prehistoric times to the present day. Oxford 1941.
- Djuvara, Neagu. Thocomerius - Negru Voda. Un voivod de origine cumana la inceputurile Tarii Romanesti. Bucharest: Humanitas, 2007. ISBN 978-973-50-1731-6.